1 / 16

Letras Galegas, 2010

Letras Galegas, 2010. UXÍO NOVONEYRA. Naceu no lugar de Parada, nas montañas do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, no seo dunha familia de labregos Na imaxe, Uxío na casa familiar do Courel. Con seus pais: José e Manuela.

varuna
Download Presentation

Letras Galegas, 2010

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Letras Galegas, 2010 UXÍO NOVONEYRA

  2. Naceu no lugar de Parada, nas montañas do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, no seo dunha familia de labregosNa imaxe, Uxío na casa familiar do Courel

  3. Con seus pais: José e Manuela

  4. A paisaxe agreste do Courel, onde pasou a súa infancia e outras etapas da súa vida, marcou a súa obra poética

  5. Augas Brancas da Rogueira! Bouzas pechas d’uces e xestas!! Abrairas teixos faias xardois e reboleiras! Outobosco calado! Fontiñas do corzo! Carrozospicafondo! Non hai outro templo máis vasto nin outro credo que este silencio Bouza: terreo a monte, cheo de matos, especialmente toxos, xestas… Abrairas: abeleiras Xardón: acivro Reboleira: sitio poboado de rebolos (carballo novo) Carrozo picafondo: regueiro que baixa irado do bico ó fondo dun monte ou fraga

  6. Con 15 anos marcha a estudar bacharelato a Lugo. Alí entra en contacto con Pimentel, Fole, Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro. Ao rematar os estudos volve para O Courel.

  7. Aos 19 anos marcha a estudar a Madrid. Comeza a escribir poemas en castelán. Pero enferma, con 21 anos, e volve ao Courel.

  8. Volverá a Madrid para traballar na radio e na televisión e alí colabora co grupo Brais Pinto e publica o seu primeiro libro, Os eidos (1955), no que aparecerían os temas que marcarían toda a súa obra.

  9. …pero logo seus pais enfermaron e Novoneyra volveu a Galicia para coidalos. Aquí coñeceu a outros escritores, pintores, poetas, xornalistas...

  10. …e a Elba Rey, da que se namorou, e coa que casou.

  11. Marcharon a vivir a Santiago. Tiveron tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo

  12. ANDA o vento ceibe polos eidos con tódalas áas soltas brúa nos castiñeiros ripa as lousas dos teitos i escachafoula nas portas. ESCACHAFOULA: fai un gran ruído.

  13. En 1966 volve ó Courel, onde viviu ata 1983, ano en que traslada a residencia a Santiago.

  14. Foi un poeta moi querido e recoñecido polos seus libros e por defender Galicia, o galego e as inxustizas. Por iso nomeárono presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega

  15. Novoneyra morreu en Santiago en outubro do 1999 e soterrárono no cemiterio de san Froilán en Lugo. Homenaxe, en Parada, da asociación galega de escritores.

  16. MAÑÁNS de xeada! Espertar co día á ventan encollerse na cama achegar a roupa á cara i ouvir andar tropeando pola casa. Canta a vaca casastas na escada. Canta o galo pandeando o corpo i o canto.

More Related