1 / 20

II Revolución Industrial Imperialismo España (1868-1931

II Revolución Industrial Imperialismo España (1868-1931. II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. Esténdese a América e Xapón. Primacia de Inglaterra, en forte competencia con Alemaña e EEUU. Características básicas. Novas fontes de enerxía: p etróleo e electricidade Novos sectores industriais:

wattan
Download Presentation

II Revolución Industrial Imperialismo España (1868-1931

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. II Revolución Industrial ImperialismoEspaña (1868-1931

  2. II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL • Esténdese a América e Xapón.Primacia de Inglaterra, en forte competencia con Alemaña e EEUU. • Características básicas. • Novas fontes de enerxía: petróleo e electricidade • Novos sectores industriais: • siderometalurxia (aceiro,aluminio, cobre, níquel) forno Bessemer(produce aceiro a baixo prezo) • Química: colorantes, explosivos, tintes, fibras sintéticas, plásticos, pinturas produtos farmacéuticos,... • Eléctrica: motores, turbinas, electrodomésticos,.. • Transportes: automóbil, avión, tranvía, metro,... • Nova organización do traballo: • Taylorismo (división do traballo para obter o máximo rendemento). Traballo eficaz, pero mecánico e monótono • Fordismo(fabricación en serie en cadeas de montaxe que evita os tempos mortos entre unhas tarefas e outras • Cambios:aumento do número de produtos que fabrica cada operario polo que os prezos se reduciron e se elevou o consumo.

  3. Novas telecomunicacións: telégrafo, teléfono, radio • Novas formas de organización empresarial: • Sociedades anónimas por accións • Cartel (acordo entre empresas dun mesmo sector que se reparten o mercado) • Trust ( (fusión de varias empresas que dan lugar a unha nova empresa para controlar un sector da produción) • Holding(grupo de empresas controladas por unha sociedade que posúe a marioría das súas accións) • Formación de grandes imperios económicos dirixidos por magnates : Rockefeller (petróleo), Ritz (hostelería), Morgan (banca), Heartst(prensa), Carnegie (aceiro), Thyssen (siderometalurxia)

  4. A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA • CAMBIO DE RÉXIME DEMOGRÁFICO • Aumento da produción de alimentos e desaparición das fames cíclicas • Progreso na medicina: descubrimento das vacinas, mellora das anestesias e da hixiene, … • Alta natalidade e descenso da mortalidade: forte crecemento da poboación • ÉXODO RURAL E CRECEMENTO DAS CIDADES • Trasvase masivo do campo á cidade • Transformación no urbanismo das cidades: derribo das murallas, creación de barrios obreiros, aparición dos primeiros rañaceos.

  5. EMIGRACIÓN TRANSOCEÁNICA • Produciuse masivamente a América (nun século aprox. 55 millóns de persoas) • Desequilibrio entre poboación e recursos de traballo • Inflúe a posibilidade de mellorar o nivel de vida

  6. mellorou o empeorou o nivel de vida coa revolución industrial? • relacións patrons-obreiros • cando maior é o número de traballadores as relacións son menores • traballo precario • 12 a 16 h. de día e noite.Períodos de contracción e expansión. Soldos miserables.Resultados negativos • a saúde dos obreiros • nenos enfermizos, homes xoves pálidos e delgados, estirpe dexenerada • a dureza do traballo • longas xornadas de traballo, alimentación deficiente, descanso dunha hora

  7. O nivel de vida mellorou • aumento dos salarios reais entre 1800-1850. • baixada de prezos, aumento do consumo per cápita de alimentos e outros bens de consumo • o nivel de vida descendeu • o nivel de vida próximo o nivel de subsistencia. Beneficios: comer máis patacas, poder adquirir téxtil de algodón, xabón, candeas, té e azucre • unha avaliación intermedia • non hai probas concluíntes dun aumento do nivel de vida entre 1780-1840 aprox. • a partir de 1840 hai indicios de mellora do nivel de vida

  8. A chamada de África • Dominio europeo entre 1880 e 1912 • Dende o século XVI só se coñece o norte musulmán.As súas costas perigosas e o clima e a vexetación que impiden a dominación • Exploración con motivos humanitarios: suprimir a escravitude e estender a relixión cristiá • Destacan Livingstone e Stanley • Dominio político a partir de 1880

  9. Expansión colonial e imperialismo • Cara a 1870 aparece unha nova política de expansión política, económica e militar (imperialismo) conquistando numerosos territorios en África, Asia e Pacífico • O reparto do mundo • Iniciada por Gran Bretaña e Francia • Especial interese en África, con zonas de fricción, especialmente a do Congo. Conferencia de Berlín auspiciada por Bismarck • A posesión da costa da dereito a colonizar ó interior • Navegación libre do Nixer e Congo • Congo como territorio persoal de Leopoldo II • Carreira desenfreada por ocupar territorios • Causas da expansión colonial • Económicas- consecuencia da industrialización. Colonias como lugares seguros para investir capitais, fonte barata de materias primas, mercado para as súas producións, lugar para asentar emigrantes • Políticas – relacionadas co prestixio da nación- As colonias como forma de engrandecer ós Estados. A expansión colonial conta co apoio da opinión pública . Tamén se buscan territorios estratéxicos

  10. Demográficas e sociais – debido á explosión demográfica facilitou o asentamento • Ideolóxicas – inquedanza científica, sentimento da superioridade da raza branca, ideal de levar a civilización ó resto dos pobos • CONSECUENCIAS DA COLONIZACIÓN • Positivas para os pobos colonizadores: continúa o seu crecemento, aprovisiónanse de materias primas, enormes beneficios na construción do ferrocarrís, estradas, portos en Asia e África e explotación de plantacións.Estenden a civilización occidental por tódolos continentes. • Negativas para os colonizados: • Ruptura da orde social coa instalación da burguesía europea que considera ós indíxenas seres inferiores • Imposición dunha economía baseada na agricultura de plantación e explotación das minas. Os indíxenas son desposuídos das súas terras. • Profunda crise das culturas autóctonas. As elites indíxenas estudan nas universidades europeas (Gandhi)

  11. Restauración (1875-1923) REINADO DE AFONSO XII (1875-1885) • Pacificación do reino (carlistas e rebeldes cubanos) • Abolición dos foros vascos • Novas bases políticas baseadas na política de Cánovas ou sistema canovista: Constitución de 1876, que establecía unha monarquía constitucional conservadora, cunha soberanía compartida entre o monarca e as Cortes (confesionalidade do Estado, sufraxio censatario, ampliación do poder do rei (veto, disolver Cortes e elixir senadores e ministros) • Caciquismo e fraude electoral. Designación dos alcaldes polo goberno. Obxectivo: impedir que republicanos, socialistas e nacionalistas obteñan representación parlamentaria.

  12. Rexencia de María Cristina de Habsburgo(1885-1902)

  13. REINADO DE AFONSO XIII(1902-1931) Crise do sistema do Restauración • A. Constantes intervencións do monarca e exército na vida pública • B.Substitución dos líderes tradicionais (Cánovas/Maura- Sagasta /Canalejas) que non son capaces de aglutinar a unha maioría amplia. (Crise de 1917) • Maura: intento de eliminar o caciquismo que fracasa. Dimite pola Semana Tráxica • Canalejas: lei do candado(impide novas ordes relixiosas en España), suprime o sistema de quintas (servizo militar obrigatorio, abolición dos consumos (impostos que gravaban os produtos de primeira necesidade). • C.Incremento das forzas opositoras

  14. En 1910 a conxunción republicano-socialista obtén o seu primeiro deputado (PabloIglesias, fundador do PSOE) • Nacemento en 1921 do Partido Comunista • Crecemento da LligaCatalana e o Partido Nacionalista Vasco, apoiados pola burguesía de ambas comunidades • Graves atentados anarquistas: Canalejas(1912) e Dato (1921) • 1914- Estoupido da 1º Guerra Mundial. Eduardo Dato declara a neutralidade na guerra.Política de non intervención. • España exporta gran cantidade de produtos ós países en guerra. A burguesía española móstrase eufórica porque é a gran favorecida. • Clase obreira prexudicada a longo prazo: a exportación de produtos de primeira necesidade, encarece o prezo dos produtos. Soben os prezos un 40% e os salarios permanecen igual. • Crise do sistema : SEMANA TRÁXICA E CRISE XERAL DE 1917

  15. SEMANA TRÁXICA(1909) • Motivada polo envío de tropas a Marrocos e o sistema de recrutamento (20.0000 pais de familia que novamente son mobilizados e as súas mulleres logran deter o embarque ) • Convocatoria de folga xeral polas organizacións obreiras, • Saqueos e incendios de igrexas en Barcelona, declarándose o estado de guerra e sufocando o exército , cun resultado de 113 mortos. Dimisión de Maura. • CRISE DE 1917, centrada en tres sectores: • Protesta de militares profesionais polo sistema discriminatorio dos ascensos, que favorecen ós africanistas fronte os peninsulares. A isto engádenselle un exceso de oficiais e uns baixos salarios. • Protesta dos parlamentarios rexionalistas que piden a reforma da Constitución e autonomía para Cataluña • Socialistas, republicanos e anarquistas convocan unha folga xeral que fracasa, pero mostra o malestar existente en parte da poboación. Forte represión levada a cabo pola Garda Civil e o exército, cun número aproximado de 80 mortos

  16. A PARTIR DE 1917 • Sucesivos gobernos de concentración, que estaban integrados polos políticos das distintas tendencias, incluídos nacionalistas cataláns. • Entre 1917 e 1923 houbo 13 cambios de goberno e 30 crises parciais. • Persistencia dos conflitos sociais causados pola subida dos prezos (consecuencia da 1º Guerra Mundial) e o incremento do desemprego, que determina numerosas folgas e atentados, especialmente en Cataluña co fenómeno do pistolerismo, entre patronos e sindicalistas obreiros, especialmente anarquistas. • Asasinato do xefe do goberno Eduardo Dato • Derrotas militares en Marrocos, especialmente a derrota do Annual. (Sospeitas da ineptitude dos mandos militares e a mala actuación do xeneral Silvestre)

  17. Ditadura de Primo de Rivera (1923-1929) • Golpe de estado de Primo de Rivera o 23 de setembro de 1923 • Obxectivo: Crear un goberno forte que reformase España desde arriba • Suspende a Constitución de 1876 e disolve as Cortes • Factores que explican o golpe de Estado: • O desastre do Annual xera malestar entre os militares • Auxe dos nacionalismos vasco e catalán visto con temor polos sectores máis conservadores • Incremento da conflitividade social (folgas, atentados anarquistas) • Ataques ó Rei, considerado responsable do desastre do Annual

  18. O golpe conta co consentimento do Rei, que ante as continuas crises políticas cede • Base ideolóxica católica e conservadora, mesturada coa mentalidade militar do mantemento da orde e a influencia de Mussolini. • DIRECTORIO MILITAR (1923-1925) • Goberno só de militares • Impón a orde pública, erradica o terrorismo e reprime o movemento anarquista • Suprímense os partidos políticos e a liberdade de prensa • O conflito marroquí remata co desembarco de Alhucemas • Forte oposición de intelectuais, republicanos, anarquistas e comunistas

  19. Fin da ditadura e da monarquía(1930-1931) • Forte oposición á ditadura en 1929. • O rei decide retirar ó apoio a Primo de Rivera , que dimite a p. de 1930 • Formación dun novo goberno presidido por Dámaso Berenguer, que restablece a Constitución de 1876 • Formación do Pacto de San Sebastián (republicanos, socialistas,nacionalistas cataláns)en 1930 para acabar coa monarquía. • En decembro prodúcese un golpe militar en Madrid e Xaca que fracasa • Ante a incapacidade de Berenguer para reconducir a situación,novo goberno presidido polo almirante Aznar (con representación política de tódolos partidos que apoian á monarquía).Convocatoria de eleccións municipais para o 12 de abril, cun triunfo maioritario dos partidos republicanos • Afonso XIII abandona España e o 14 de abril proclámase a República.

More Related