340 likes | 595 Views
Darwin feliz aniversario. Elba Fernández Lage e Tamara Fernández Fernández Ciencias para o mundo contemporáneo 1ºBacharelato IES Otero Pedrayo. Curso 2008-2009. Profesora: Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense.
E N D
Darwin feliz aniversario Elba Fernández Lage e Tamara Fernández Fernández Ciencias para o mundo contemporáneo 1ºBacharelato IES Otero Pedrayo. Curso 2008-2009 Profesora: Carmen Cid Manzano
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense No ano 2009 cúmprense 150 anos da publicación “A orixe das especies” e 200 do nacemento de Darwin.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Charles Darwin naceu en 1809 en Shrewsbury (Inglaterra) e morreu en 1882, en Kent, aos 73 anos.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense A súa casa en Down, Kent (Inglaterra) Darwin disfrutou de todas as vantaxes da educación, pero sempre culpou ao seu pai viúvo do seu rendemento académico pouco brillante. ”Do único que te preocupas é de andar berrando, dos cans e de cazar ratas e serás unha desgracia para ti e para toda a túa familia” escribía o vello Darwin.
Darwin era un home alto, corpulento (sen ser gordo) e de ollos grises. Vestía de forma conservadora, como correspondía á súa época, con traxes de frac… Era un home seguro das súas convicións pero ao que lle desagradaba o seu nariz. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
Estivo influenciado polo xeólogo Adam Sedgwick e o naturalista John Henslow. Despois de graduarse en Cambridge, foi este último quen lle brindou a oportunidade de embarcarse como naturalista co capitán Robert Fitzroy e acompañalo na viaxe ao redor do mundo a bordo do Beagle. John Stevens Henslow Adam Sedgwick I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
No ano 1832 o Beagle saiu ao mar. A viaxe, de case cinco anos de duración, levou a Darwin ó lango das costas de América do Sur. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense O traballo de Darwin, que culminaría coa publicación da súa teoría da evolución no seu libro "Origin of species“, arrinca das observacións e das coleccións de especímenes que recollera entre 1832 e 1836 durante a súa viaxe no "Beagle".
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Na súa viaxe no Beagle, as observacións de máis sona fíxoas nas illas Galápagos.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Darwin estudou as augas costeiras, mediu profundidades e indicou as grandes correntes oceánicas. Realizou longas expedicións por terra, contemplou a diversidade de fauna e flora de distintos lugares e comprendeu que eran a separación xeográfica e as distintas condicións de vida as causantes de que as poboacións variaran independentemente unhas doutras.
Advertiu que nesas illas había unha serie de aves, os pinzóns, que a pesar de ter diferenzas tamén tiñan cousas en común. Chegou á conclusión de que proviñan dunha mesma especie chamada pinzón carnívoro ancestral e que, ó separarse as illas desde Sudamérica, estas aves se adaptaron a distintos medios dando lugar a sete novas especies.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Darwin non inventou a idea da evolución, como tampouco Abraham Lincoln, que cumpría anos o mesmo día,o 12 de Febreiro, inventou a idea de liberdade.
En 1836, o 2 de outubro, regresou a Inglaterra e instalouse en Londres. Nun caderno de 1837 Darwin bosquexou a súa idea favorita: a árbore da vida, cuxas polas representan as especies. Despois, convencido de que ninguén debía especular sobre as especies “sen describir moitas minuciosamente”, pasou oito anos clasificando percebes. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Darwin tiña medo a casar, pola dor que lle produciría a morte dun fillo, algo que ocorría, dependendo da clase social, nun de cada catro fillos nados na Inglaterra victoriana.
Os Finalmente, en 1838, Darwin casou coa sua curmá Emma Wedgwood. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En 1838 Darwin leu o ensaio de Malthus sobre a poboación. […Considerando aceptados os meus postulados, afirmo que a capacidade de crecemento da poboación é infinitamente maior que a capacidade da terra para producir alimentos para o home…]
Charles Darwin (1809–1882) Alfred Russel Wallace (1823-1913)
Aínda que a lenda di que a carta de Wallace empuxaría a Darwin a publicar o seu libro, o certo é que en 1858 ambos asinaron dous traballos que foron presentados á vez na Sociedade Linneana de Londres cunha introdución de Charles Lyel na que afirmaba que estes dous cabaleiros chegaran á mesma e enxeñosa teoría de forma independente. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense “A ORIXE DAS ESPECIES” foi o primeiro traballo claro acerca da Teoría da Evolución e a Selección Natural. Está narrado nunha linguaxe accesible a calquera lector.
Neste cuarto traballou Darwin durante décadas. (Downe, sur de Londres) No libro “A orixe das especies” Darwin explicou de forma simple que as especies cambiaban como resultado dunha nova necesidade; que a loita pola supervivencia elimina as variacións desfavorables e permite a supervivencia das máis aptas. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
Tartaruga das illas Galápagos Darwin trouxo unha que morreu con algo mais de 100 anos I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense O que aportou Darwin no seu libro “Origin of species¨foi unha poderosa teoría sobre como podía producirse a evolución por mecanismos naturais, o que deu aos científicos liberdade para explorar a gloriosa complexidade da vida, no lugar de aceptala como un misterio impenetrable.
Darwin dicía: “entre os individuos de calquera especie existen variacións ou diferenzas herdables” Pero, como se transmiten estes caracteres hereditarios de xeración en xeración? Darwin descoñecíao. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
Gregor Mendel (1822-1884) Charles Darwin (1809–1882) Coñeceu realmente Darwin os estudos de Mendel? I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Darwin tratou a evolución humana e a Selección Natural na súa obra “A orixe do home e da selección en relación ao sexo” e posteriormente “Na expresión das emocións nos animais e no home”.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Nos anos inmediatamente posteriores á publicación da Orixe do Home, tanto a Evolución como a Selección Natural foron amplamente discutidas polas comunidades científicas e relixiosas.
A súa muller criticoulle que polas súas ideas non puideran compartir a eternidade. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Gran parte da comunidade relixiosa reaccionou con virulencia ante a defensa da evolución, considerándoa incompatible co relato da Creación das Escrituras e coa posición central que o home ocupaba nela. Así, en 1875 o teólogo Charles Hodge acusou a Darwin de negar a existencia de Deus.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Caricatura de Darwin como un simio na revista Hornet (1871). Os humanos non descenden dos monos e Charles Darwin nunca afirmou tal cousa. Pero as súas ideas foron mal interpretadas e ridiculizadas desde o principio, como se aprecia na caricatura de 1871.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense A finais de 1881 comezou a padecer graves problemas cardíacos e faleceu por un ataque ó corazón no ano 1882.
Puido un militar español inspirar a Darwin? Félix de Azara (1742-1821) foi un militar español destinado en Paraguai para demarcar as fronteiras dos territorios colonizados por España. Atafegado pola exuberante fauna de Suramérica, comezou a apuntar nun caderno as súas observacións, que culminaronn en numerosos libros de Historia Natural. Azara pensaba o mesmo que Darwin pero varios decenios antes. Darwin no seu “Diario da viaxe dun naturalista ao redor do mundo” cita a Félix de Azara unha quincena de veces. “Na orixe das especies”, dúas. E “Na orixe do home”, unha. Félix de Azara, pintado por Francisco de Goya. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Moito tempo ten transcorrido dende a viaxe do Beagle polos océanos do mundo pero as ideas de Darwin, despois da súa revisión e dos avances na comprensión da natureza, mantéñense en esencia na corrente científica que veu a denominarse Neodarwinismo.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Este ano, no Museo de Historia Natural de Londres, realízase unha gran exposición sobre Darwin. Entre outros recordos da súa vida pódese ver a reconstrución do “Beagle", no que Darwin viaxou a Sudamérica, e os cadernos coas súas notas manuscritas.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Tamén é exhibida a primeira edición da súa obra revolucionaria "On The Origin of Species"
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Fontes de Información • Quammen.D (2009) National Geographic Vol.24.NUM.2 • Luís Miguel Ariza (2008) EL PAÍS SEMANAL Nª.681 • Bill Bryson Una breve historia de casi todo • Harry Thompson Hacia los confines del mundo • Quammen.D (2004) National Geographic Vol.15.NUM.5 • Sanchez Ron.J (2009) EL PAÍS 01/02/09 • http://www.biografiasyvidas.com/monografia/darwin/ • http://www.arrakis.es/~alcrique/darwin.htm • http://es.wikipedia.org/wiki/Charles_Darwin • http://www.scribd.com/doc/265373/DarwinEl-origen-de-las-Especies • http://www.triplov.com/hist_fil_ciencia/galera/darwin_mendel • / • http://darwin-online.org.uk/ • http://images.google.com/imgres?imgurl= • http://www.publico.es/ciencias/198658/militar/espanol/inspiro/darwin