330 likes | 941 Views
O efecto invernadoiro en Galiza. Daniel Carvajal Alonso Ciencias para o mundo contemporáneo 1º Bacharelato IES Otero Pedrayo. Curso 2008-2009. Profesora: Carmen Cid Manzano.
E N D
O efecto invernadoiro en Galiza Daniel Carvajal Alonso Ciencias para o mundo contemporáneo 1º Bacharelato IES Otero Pedrayo. Curso 2008-2009 Profesora: Carmen Cid Manzano
Cada Comunidade Autónoma é responsable dunha certa porcentaxe de emisións gases de efecto invernadoiro (GEI) respecto a España (que representa o 100%). Algunhas CCAA, contaminan moito en valores absolutos, pero iso non terá moita importancia se as porcentaxes de emisións son inferiores á porcentaxe de poboación. Polo tanto, o que realmente conta é a relación entre as porcentaxes de emisións e a porcentaxe de poboación.
Como se pode ver na táboa, a porcentaxe de emisións de Galicia é superior á porcentaxe da súa poboación. Non obstante, isto non é debido a que cada persoa consuma moito máis que a media española, senón ás altas emisións dalgunhas instalacións galegas.
Emisións difusas As emisións difusas son aquelas que resultan de restarlle á porcentaxe total aquelas emisións que son debidas a industrias ou centrais moi contaminantes. Polo tanto, o pobo galego foi o responsable do 7,14% das emisións de GEI de España no ano 2007.
Nas táboas e gráficas anteriores pódese ver a relación entre as emisións de Galicia e as de España e as súas porcentaxes de incremento. Nos últimos anos, Galicia está por debaixo da media de aumento española pero, como mostra a seguinte gráfica, non cumpre o protocolo de Kioto.
A franxa azul mostra as emisións do ano base (1990). A vermella é a marxe de aumento que o Protocolo de Kioto permite. No 2007 esta marxe foi sobrepasada nun 10%.
Instalacións máis contaminantes Central térrmica das Pontes Central térrmica de Meirama Refinería de A Coruña) Cementos Cosmos Lugo
Emisións das maiores instalacións galegas *Hai que ter en conta que a central das Pontes (a que máis CO2 bota á atmosfera) produce o 6% da electricidade en España.
As centrais de carbón A evolución das emisións de GEI de Galicia ven determinada polas emisións das centrais das Pontes e de Meirama. Non obstante, os datos anteriores son do ano 2007. Polo tanto, cal é a situación actual?
Agora as centrais térmicas de Pontes e Meirama transformáronse en centrais de ciclo combinado, é dicir, que consome gas natural e carbón, polo que a súa eficiencia aumenta. Ademais, tanto a central das Pontes como a de Meirama deixaron de utilizar lignito pardo e importan carbón menos contaminante de países asiáticos. As minas das que extraían carbón vanse converter en lagos.
Situación actual das minas O lago énchese cos excedentes do Eume. Para que cumprira as esixencias da Xunta foron precisas 5.000 toneladas de cal. Aínda está ao 20% da súa capacidade.
O futuro lago terá dous kilómetros de longo e unha capacidade de 150 millóns de metros cúbicos
Este embalse, alimentado na maior parte polo regato Pereiro, atópase ao 15% da súa capacidade. Fixeron falta 25 toneladas semanais de cal para contrarrestar a acidez da auga.
Por outra banda, as centrais de Fenosa en Sabón (ciclo combinado e fuel) liberaron no seu primeiro ano de actividade case 100.000 toneladas de CO2 máis das permitidas.
Os incendios A asociación ecoloxista Verdegaia denunciou no 2007 a emisión de máis dun millón de toneladas de CO2 por incendios forestais entre 1981 e 2002, polo que os incendios son outra causa máis das emisións de GEI á atmosfera en Galicia.
Que pasa agora? As emisións de GEI das principais empresas contaminantes caeron no 2008 un 40%, polo que Galicia cumpre por primeira vez o protocolo de Kioto dende que España o asinou.
Causas da reducción • Os cambios nas centrais das Pontes e Meirama. • Moitas das industrias reduciron a súa produción por mor da crise económica. • Condicións climatolóxicas propicias para a xeración de enerxías limpas. • As industrias pagan agora o exceso de CO2emitido, cuxo prezo o ano pasado foi de 22 millóns por tonelada, o que supuxo 42 millóns de euros a pagar.
Está claro que o que máis contamina en Galicia son as centrais térmicas (só a das Pontes emitiu no 2008 o 43% dos GEI producidos en Galicia). A necesidade de fontes de enerxías renovables é incuestionable. A hidráulica tocou teito. Cal poden ser as fontes de enerxía do futuro? O futuro
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/T-Solar/emplea/190/personas/nueva/planta/paneles/Ourense/elpepiautgal/20081026elpgal_4/Teshttp://www.elpais.com/articulo/Galicia/T-Solar/emplea/190/personas/nueva/planta/paneles/Ourense/elpepiautgal/20081026elpgal_4/Tes
http://www.elpais.com/articulo/andalucia/Andalucia/ocupa/cuarto/puesto/instalacion/energia/eolica/elpepiespand/20090502elpand_6/Teshttp://www.elpais.com/articulo/andalucia/Andalucia/ocupa/cuarto/puesto/instalacion/energia/eolica/elpepiespand/20090502elpand_6/Tes http://www.elpais.com/articulo/Galicia/eolicas/necesitan/3436/millones/poner/marcha/parques/elpepiautgal/20090121elpgal_3/Tes
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/energia/eolica/marina/levanta/vendaval/protestas/elpepusoc/20080812elpepisoc_3/Teshttp://www.elpais.com/articulo/sociedad/energia/eolica/marina/levanta/vendaval/protestas/elpepusoc/20080812elpepisoc_3/Tes
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rechazo/unanime/parques/eolicos/marinos/elpepiautgal/20090513elpgal_7/Teshttp://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rechazo/unanime/parques/eolicos/marinos/elpepiautgal/20090513elpgal_7/Tes Actualmente barállase a posibilidade da instalación de parques eólicos mariños, unha solución coa que non todos están de acordo.
Fontes de información • www.idae.es • www.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/137177.pdf • Revista Muy Interesante nº 337 • La voz de Galicia • El País