650 likes | 817 Views
BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN www.educacion.udc.es BIBLIOTECA UNIVERSITARIA www.udc.es/biblioteca HORARIO 8.30 a 21.30 luns a venres. Introducción:
E N D
BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN www.educacion.udc.es BIBLIOTECA UNIVERSITARIA www.udc.es/biblioteca HORARIO 8.30 a 21.30 luns a venres
Introducción: Globalización económica e cultural, rápidos cambios tecnolóxicos e impacto das tecnoloxías da información e comunicación “Sociedade do coñecemento”: • Obsolescencia dos coñecementos é cada vez máis rápida. • Manterse ao día sobre unha disciplina implica dedicar moito tempo á formación e información. • Necesidade dunha serie de estratexias para poder buscar e seleccionar a información máis relevante e útil. • Aprendizaxe ao longo da vida e a adquisición de habilidades para xestionar a información.
SÓ SE PODEN CONSULTAR NA BIBLIOTECA PRÉSTAMO • Nova normativa de préstamo • Documentos que se poden levar en préstamo. • Documentos con características especiais: • Teses • Test • Depósito • Referencia • Revistas
CATÁLOGO DA UDC No catálogo da UDC podes consultar: • Todos os documentos catalogados na UDC (libros, revistas, cd-roms, dvd, teses....) de calquera biblioteca • Se o documento está ou non dispoñible • Ubicación á que pertence • Consultar o meu rexistro de usuario/a • Consultar a bibliografía recomendada para cada materia: facendo a busca por profesor ou por materia
OUTROS CATÁLOGOS DE BIBLIOTECAS Ademais do catálogo da Biblioteca da UDC podedes consultar outros coma por exemplo: Catálogos colectivos • REBIUN: É o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Universitarias Españolas. Pola amplitude dos seus fondos (máis de 70 bibliotecas) é unha fonte de información moi interesante. • Catálogo CBUC: é o catálogo colectivo do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Catalunya. Directorios de catálogos de bibliotecas universitarias • Bibliotecas universitarias y de investigación españolas (CSIC) • Libweb: directorio internacional
LIBROS ELECTRÓNICOS A Biblioteca está subscrita entre outros aos seguintes libros electrónicos: • ACM Digital Library : Informática • Espasa Universal • LION (Literature Online): máis de 350.000 obras a texto completo de literatura en lingua inglesa desde o século XVIII ata os nosos días. • NetLibraryNetLibrary é unha plataforma de OCLC que ofrece ás bibliotecas académicas acceso a contidos electrónicos como apoio á investigación, referencia e aprendizaxe na Web. A colección accesible está formada por 979 libros electrónicos adquiridos e 3400 máis de libre acceso de distintas materias. • Oxford English Dictionary
REVISTAS COMO LOCALIZAR E/OU ACCEDER ÁS REVISTAS DA BUDC Hai varias vías para localizar/acceder ás revistas da colección da Biblioteca: • Catálogo da Biblioteca: para localizar as revistas en formato papel e papel/electrónico • SFX: para acceder as revistas en formato electrónico • Listaxe A/Z da Biblioteca Universitaria: para localizar revistas electrónicas por título de calquera materia. • Listaxe A/Z da Biblioteca da Facultade de CC da Educación: para saber qué revistas temos na biblioteca en papel (abertas ou pechadas) e cales en versión electrónica. • Acceso por provedores: dende os portais dos distintos proveedores (Web da Hemeroteca)
ACCESODENDE OS PROVEDORES • Son portais onde se reúne unha colección de revistas-e (xeralmente dunha editorial)Son mulitidisciplinares (a maioría) ou especializados nunha área determinada. • Funcionalidades: Persoalización, busca no contido das revistas, creación de alertas, etc... • Acceso: • Dende a Web da Biblioteca > Biblioteca > Colección > Revistas • Algúns portais con cobertura ampla en Ciencias Sociais: • Taylor and Francis • Cambridge Journals Online • JSTOR • Oxford • Project Muse
SFX • É un buscador e enlazador de recursos electrónicos que permite localizar os documentos a texto completo subscritos pola biblioteca universitaria ou a través do consorcio Bugalicia. Permite enlazar co texto completo de artigos, libros, actas de congresos, estándares, títulos gratuítos e tamén con outros recursos da biblioteca como o catálogo en liña, o xestor de referencias Refworks, Google Scholar, etc. • Esta ferramenta proporciona enlaces entre diferentes recursos de información posibilitando, cun só clic, ver todas as opcións de acceso que pode ofertar a Biblioteca para un determinado recurso. • Débese ter en conta que a busca non se fai no contido das obras, senón nos títulos das mesmas. • Agora aperece integrado no multibuscador PÓRTICO.
PÓRTICO É un multibuscador que permite o acceso a multitude de recursos-e que ten a Bibilioteca Universitaria da Coruña. Pódese acceder dende calquera ordenador da UDC ou dende fóra da universidade utilizando o proxy. Ten 3 opcións: BUSCA: permite buscar en todos os recursos. RECURSOS: permite localizar un recurso concreto e facer a busca a través de Pórtico ou acceder a información do recurso. SFX: permite localizar e enlazar cos recursos a texto completo.
SUMARIOS DE REVISTAS: DIALNET Dialnet é un portal de difusión da produción científica hispana. Tamén recolle teses de 22 universidades españolas (67 teses da UDC)
ACCESO ABERTO (OPEN ACCESS) O chamado acceso aberto ou Open Access permite o acceso libre, sen restriccións ao material educativo e académico, sobre todo a artigos de investigación científica. Dende a páxina web da Biblioteca da UDC temos acceso a un listaxe dos principais repositorios, nacionais e internacionais, que recollen información en acceso aberto: http://www.udc.es/biblioteca/galego/acceso_abierto.htm
REPOSITORIOS DE ACCESO ABERTO ACCESO ABERTO (OPEN ACCESS)
ACCESO ABERTO (OPEN ACCESS) Destaca o buscador de recursos en acceso aberto GOOGLE SCHOLAR ou Google Académico: http://scholar.google.es/
É o repositoiro dixital da Universidade que recolle a produción científica dos investigadores da UDC coa finalidade dunha maior difusión, facilitando a súa accesibilidade en Internet http://dspace.udc.es A actualización é continua, incorporándose regularmente novas referencias. UDC SPACE
ACCESO DENDE FÓRA DA UDC A consulta a través do proxy permite consultar a colección electrónica (revistas, libros, bases de datos) dende os ordenadores que non están conectados a rede da UDC. http://www.udc.es/biblioteca/galego/acceso_remoto.htm Informa sobre o procedemento a seguir para a conexión dependo do tipo de conexión que teñamos.
TESES • Base de datos TESEO: recolle información das teses doctorais das Universidades españolas dende 1976. Se non temos na Universidade algunha tese que necesites consultar podes solicitala utilizando o Servizo de Préstamo Interbibliotecario. Existen ademaiis outros repositorios de teses doutras universidades españolas, que recollen as teses en formato electrónico, entre os que destacan: • Repositorio UDC-DSpace que recolle as últimas teses da Universidade a texto completo. • TDR: Tesis Doctorales en Red: que recolle, en formato dixital, as teses lidas nas universidades de Cataluña, pero tamén recolle teses doutras universidades españolas. • E-Prints Complutense: arquivo institucional da Universidade Complutense que recolle 3600 teses a texto completo en acceso aberto. • Dialnet: Base de datos de teses doctorais de universidades españolas, na que participa a Universidade da Coruña. • ULPGC: Universidad de las Palmas de Gran Canaria. Recolle ademais de teses, proxectos fin de carreira e memorias desta universidade.
TESES Para localizar teses internacionais: PROQUEST DISSERTATIONS & THESES. Recolle teses principalmente de ámbito anglosaxón, con referencias bibliográficas e resumos. Permite a consulta das 24 primeiras páxinas de cada tese, ademais dun resumo do contido.
BASES DE DATOS Son conxuntos de información estruturada que fan referencia a outros documentos (artigos de revistas, teses, monografías, actas de congresos, documentos legais, datos estatísticos, normas…). Estes documentos poden estar simplemente referenciados na base de datos (unicamente datos identificativos, como o título, autor, data, revista no que aparece, etc. dun artigo) ou ben a texto completo. Podes consultar bases de datos gratuítas en Internet ou ben as bases de datos subscritas pola universidade (éstas últimas teñen acceso restrinxido aos nosos ordenadores). Buscaremos nelas cando se trate dunha busca específica e non sexa suficiente co que atopemos no catálogo.
BASES DE DATOS Abarcan todas as áreasdo coñecemento e permiten buscar información publicada en artigos de revistas, capítulos de libros, ponencias e congresos, teses, etc. Podemos acceder dende: • Dende a Web da Biblioteca da UDC **Unha listaxe alfabéticawww.udc.es/biblioteca/galego/Bases.htm **Unha clasificación por materiasww.udc.es/biblioteca/galego/bclasific.htm • Na web da Biblioteca do teu centrowww.educacion.udc.es no apartado de bases de datos tes unha selección coas específicas para CC da Educación.
BASES DE DATOS DENDE A WEB DO SERVIZO DE BIBLIOTECA
BASES DE DATOS DENDE A WEB DA BBLIOTECA DE EDUCACIÓN
BASES DE DATOS Bases de datos máis destacadas para Ciencias da Educación: • Bases de datos do CSIC • ERIC • PsycInfo • Scopus • Web of Knowledge • Philosopher’s Index
BASES DE DATOS DO CSIC É unha base de datos multidisciplinar. Recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas especializadas editadas en España nas seguintes áreas: - Ciencia e Tecnoloxía (ICYT) - Biomedicina (IME) - Ciencias Sociais e Humanidades (ISOC) Temos a opción de buscar de forma conxunta nunha área ou de facer a busca nunha soa base de datos, por exemplo: educación, psicoloxía, arte, filosofía, historia…
SELECCIONAR A ÁREA DE COÑECEMENTO BASES DE DATOS DO CSIC
SCOPUS Base da datos multidisciplinar que recolle literatura científica, técnica, médica e de ciencias sociais. Permite o acceso a máis de 14.000 publicacións de diferentes editores. Tamén recolle publicacións en open access.
WEB OF KNOWLEDGE É a plataforma de consulta do ISI (Institute for Scientific Information) que integra os seguintes productos: Arts & Humanities Citation Index* 1975 - Science Citation Index Expanded* 1945 - Social Sciences Citation Index* 1956 - Current Contents Connect* 1998- Derwent Innovation Index* 1980- Journal Citation Reports* 1997-2005 Proceedings* 1990-
WEB OF KNOWLEDGE Utilizarémola para: • Coñecer quen e cantas veces son citados os nosos traballos • Facer procuras nunha materia determinada • Seguir a liña de investigación dun traballo • Ver cales son as revistas máis punteiras nunha área de coñecemento Non permite exportar directamente a Refworks (competencia), debemos gardar primeiro os resultados e logo recuperalos.
ERIC Promovida polo U.S. Departament of Education, recolle as citas bibliográficas de artigos que son indizados e resumidos por Resources in Education (RIE) e Current Index to Journals in Education (CIJE). Baleira arredor de 775 revistas de pedagoxía e educación, actas de congresos, teses, bibliografías, monografías, informes técnicos e de investigación e documentación oficial non publicada. A base de datos inclúe tamén o texto completo dos rexistros ERIC Digest, parte deste texto, escrito especificamente para profesores, administradores e outros profesionais da educación, proporciona unha posta ao día da información bibliográfica sobre temas concretos.
COMO FACER UNHA BUSCA BIBLIOGRÁFICA Antes de realizar unha busca, o primeiro que debes facer é determinar a túa necesidade de información: - que queres buscar - con que finalidade (traballo, proxecto, tese de doutoramento) - que tipo de documentos che interesan (informes, teses, artigos de revistas), en que linguas, de que anos, etc. Posteriormente debes seleccionar a/as base/s de datos que mellor se axuste, segundo as necesidades definidas (cobertura temática, xeográfica, cronolóxica, etc.). A biblioteca proporciónache unha listaxe temática das bases de datos dispoñibles na UDC.
Unha vez escollida a base de datos, elabora unha estratexia de busca comezando por definir o tema nunha frase, ex.:“A integración escolar dos nenos/as de familias xitanas” • Identifica nela as palabras que representan os principais conceptos, ex.:“integración escolar” “gitanos/as” “centros escolares” • Busca sinónimos ou termos relacionados (podes empregar dicionarios, índices, tesauros, etc.), ex:“centros escolares”, “escuelas” “estudios” “enseñanza” Ten en conta que tes que traducir os termos á língua de consulta da base de datos (na maioría dos casos o inglés).
OPERADORES BOOLEANOS Podes establecer relacións lóxicas entre os termos usando operadores booleanos e de proximidade:AND busca rexistros onde aparezan as dúas palabras. integración AND gitanos OR busca rexistros onde aparezan algunha das palabras, e úsase para incluir na busca sinónimos e conceptos relacionados. integración OR gitanos NOTbusca rexistros onde apareza a primeira palabra e non a segunda. integración NOT gitanos
OPERADORES DE PROXIMIDADE E TRUNCADOS NEAR/ADJ/WITH... indica a proximidade entre os termos de busca. integración NEAR gitanos O truncado serve para buscar unha palabra e as súas variantes; polo xeral o asterisco (*) substitúe a un ou máis caracteres, e a interrogación a un único carácter (?). Educ* (recuperaría: educar, educación, educacional, educativo/a, etc.) Wom?n (recuperaría: women e woman) Tamén podes establecer límites seleccionando o campo de busca (autor, título, materia,etc.), a lingua, datas de publicación, tipo de documento, etc.