110 likes | 241 Views
Déixate sorprender…. O Portal do Emprego e a Formación de Galicia. ¿Quen somos? ¿Por qué nacemos? ¿Qué ofrecemos? ¿Qué nos diferencia?. ¿Quen somos?. Somos unha iniciativa 100% galega adicada á intermediación laboral entre demandantes de emprego e empresas.
E N D
O Portal do Emprego e a Formación de Galicia • ¿Quen somos? • ¿Por qué nacemos? • ¿Qué ofrecemos? • ¿Qué nos diferencia?
¿Quen somos? • Somos unha iniciativa 100% galega adicada á intermediación laboral entre demandantes de empregoe empresas. • Somos unha ferramenta de mellora profesional para tódalas persoas que queren atopar un traballo ou mellorar o que xa teñen. Só se precisa un ordenador con conexión a Internet: o acceso é totalmente libre e gratuito para os candidatos. • Somos un grupo de profesionais con ampla experiencia na xestión de Recursos Humáns traballando xuntos no proxecto de Red de Desarrollo del Empleo – REDE SL, empresa que xestiona os servicios de Galiciaempleo.net e cuios obxectivos son: • A implantación e desenvolvemento dun portal de emprego en Internet centrado no ámbito de Galicia. • O asesoramento e consultoría en materia de emprego a Administracions Públicas, empresas e traballadores. • A formación para o desenvolvemento do carácter emprendedor e o auto emprego. • O estudo, reflexion, análise e procura de solucións para a conservación e a mellora da empregabilidade en Galicia.
¿Por qué nacemos? • Nacemos da necesidade de crear un verdadeiro punto de encontro entre demandantes e ofertantes de emprego, que permita a súa posta en contacto dun xeito útil, rápido e eficaz. • Nacemos coa vocación de se-lo referente do sector emprego e formación en Galicia. • Queremos ser un marco integrador de toda a información xerada polo mercado laboral, e das diferentes iniciativas públicas e privadas en prol do emprego e a formación. Queremos ser unha ferramenta útil que de resposta ás necesidades do noso mercado. • ¿quen oferta traballo e onde o fai? • ¿quen busca traballo e onde o fai? • A partires de agora, en Galicia…
¿Qué ofrecemos? Os pilares nos que se basea a utilidade do noso servicio son cinco: a rapidez, a eficacia, o aforro, a difusión e a comodidade. Todos iguais de importantes para os nosos usuarios, sexan candidatos ou empresas, porque a calidade dun servicio non pode depender de a quen vai dirixido. RAPIDEZ Para os traballadores… • Porque adicando só 4 minutos a introduci-lo seu currículum poderán acceder ás ofertas de emprego das principais empresas de Galicia. • Cun só clic e sen horarios, poderán inscribirse nelas e coñecer en tempo real o estado da súa candidatura no proceso de selección. Para as empresas… • Somo-lo xeito máis rápido para atopar os candidatos que precisan nos seus procesos de reclutamento e selección. • Cun só clic e sen horarios, a empresa pode publicar ofertas e recibir solicitudes de xeito inmediato.
EFICACIA Para os traballadores… • Porque poden inscribirse directamente na oferta que máis lles interese, ou agardar a que a empresa consulte seu curriculum e se poña en contacto con eles. Para as empresas… • Porque dispoñemos dunha base de datos completa e actualizada cos currículums dos mellores profesionais do mercado galego. AFORRO Para os traballadores… • Porque é un servicio totalmente gratuito no que poderán actualizar ou modificar o seu curriculum sempre que queiran, imprimi-lo ou envia-lo directamente por email. Para as empresas… • Porque lles axudamos a simplifica-la xestión dos seus Recursos Humáns: • ¿Canto lle custaría a unha empresa manter vixente unha oferta en prensa durante 60 dias? • ¿Canto lle custa a xestión de todolos curriculums que recibe en formato papel?
DIFUSIÓN Para os traballadores… • Porque estarán no mellor escaparate posible para a búsqueda ou mellora do seu emprego. Somos unha ferramenta de reclutamento para empresas, e queremos que a procura dos seus candidatos ideais se inicie en Galiciaempleo.net Para as empresas… • Porque a nosa páxina será a web sobre emprego máis visitada de Galicia e unha das primeiras de ámbito xeral. A súa empresa será a máis vista na nosa Comunidade COMODIDADE Para os traballadores… • Porque teñen todo o que precisan nun único lugar, as 24 horas do día: ofertas de emprego, listado de cursos de formación, xestión do curriculum, consellos laborais, sección de noticias, etc. Para as empresas… • Clasificación dos seus procesos de reclutamento e selección nun unico lugar de xeito claro e rápido, as 24 horas do día.
Área de Servicios Área de Ofertas Área de Publicidade (só en páxina principal) ¿Cómo o ofrecemos? A nosa páxina web basease en dous principios: claridade e utilidade. Dun xeito sinxelo e práctico, poderás acceder dende a paxina principal ós servicios que che interesen como candidato ou como empresa.
MENÚ PRIVADO DO CANDIDATO En 4 minutos e con 4 sinxelos pasos, os candidatos poderán insertar o seu curriculum e descubri-lo universo de servicios de Galiciaempleo.net: inscribirse directamente nas ofertas das principais empresas de Galicia, consulta-lo estado das súas candidaturas en tempo real, xestiona-lo seu curriculum… MENÚ PRIVADO DA EMPRESA As empresas poden consulta-los curriculums dos candidatos inscritos nas súas ofertas, busca-los directamente na nosa base de datos, publicar cursos…
¿Qué nos diferencia? A mellora continua Somos unha empresa innovadora, producto da experiencia e constante evolución dos profesionais de Recursos Humáns que integran o proxecto de Galiciaempleo.net Crear un portal de emprego é o primeiro paso dun longo camiño de servicio ós nosos usuarios: ás persoas. A calidade Os nosos clientes son os candidatos e as empresas, os demandantes e os ofertantes de emprego a quenes queremos poñer en contacto. A implicación e o compromiso de dar a mellor resposta ás súas necesidades, é o primeiro paso para acada-la súa confianza. O coñecemento Ninguén pode coñecer mellor a realidade e as necesidades do mercado galego que unha empresa que traballa con profesionais de Galicia e para Galicia. Dende REDE queremos poñer as bases dunha sólida e constante colaboración con tódalas institucións que teñan por finalidade favorecer a inserción laboral na nosa Comunidade. Un contacto directo que favoreza o nacemento de futuras liñas conxuntas de actuación no ámbito laboral e un coñecemento máis profundo das necesidades do sector en Galicia.
Teléfono de información 902.200.500 administracion@galiciaempleo.net