190 likes | 489 Views
CIVILIZACIÓN MINOICA OU CRETENSE. 1.- Cronoloxía. Entre 2900 e 2600 pódese datar na conca do Exeo o comezo da Idade de Bronce, coñecido co nome de Heládico na Grecia continental e Minoico en Creta.
E N D
1.- Cronoloxía. Entre 2900 e 2600 pódese datar na conca do Exeo o comezo da Idade de Bronce, coñecido co nome de Heládico na Grecia continental e Minoico en Creta. Heládico (continente) Minoico (Creta) 2900/2600 Antigo I Antigo I II II prepalaciego (2600-2000 a.C) III III 2000/1900 Medio I Medio I palaciego primeiro II II ou protopalacial III III (2000-1700 a.C) 1600 Recente I Recente I palaciego segundo ou (Micénico) II II neopalacial (1700-1450) III III postpalacial (1450-1100)
2.- A illa de Creta. • Creta é unha illa situada ao sur da Grecia continental, que mide 260 km. de leste a oeste e ten unha anchura que oscila entre 10 e 56 km. • Na illa de Creta hai unhas 4.700 covas, aproveitadas, ás veces, como lugares de culto. • Segundo unha lenda, Rea deu a luz a Zeus na cova Dictea, onde foi protexido polos curetes e amamantado por unha cabra, Amaltea. • Máis tarde escondeuse na cova Idea para protexerse do seu pai Crono (Saturno), quen devoraba os seus fillos pois fóralle revelado que un deles lle arrebataría o trono.
4.- ¿Talasocracia cretense? O Minotauro O primeiro soberano de Cnosso, Minos, pediu nunha ocasión a Posidón, para demostrar ante os seus súbditos o seu poder, que fixese xurdir do mar un touro branco, prometendo que o sacrificaría no seu honor. Como Minos non cumpriu a súa promesa, Posidón vingouse inspirando en Pasífae (muller do rei) unha paixón irresistible polo touro; e así, axudada polo arquitecto Dédalo, concebiu ao Minotauro, monstro con corpo de home e cabeza de touro. Cando naceu, Minos ocultouno no labirinto, onde encerrou a Dédalo, o seu constructor, e ao seu fillo Ícaro, se ben estes fuxiron construíndo unhas ás con plumas suxeitas con cera. Cada ano entregábase ao monstro sete mozos e sete mozas que Atenas tiña que pagar como tributo; ata que o príncipe Teseo se dirixiu a Creta onde matou ao Minotauro e conseguiu saí grazas ao novelo que Ariadna, filla de Minos, lle entregara. Lembra: Minos, Pasífae+touro= Minotauro, Dédalo, Ícaro, Teseo, Ariadna.
5.- Sistemas de escritura. -escritura pictográfica: é a máis antiga escritura minoica coñecida; foi chamada por Evans escritura xeroglífica anque non hai proba algunha de que esta escritura minoica tivese nada que ver coa escritura xeroglífica exipcia. Trátase, en realidade, dunha escritura de carácter pictográfico que aínda non se dou descifrado precisamente porque a súa relación coa exipcia é puramente formal. -Lineal A: nace da simplificación des escritura pictográfica; maior cantidade de material: Haxia Triada. [non descifrada] - Lineal B: a mellor documentada [descifrado en 1953 por Michael Ventris e Jhon Chadwick]. -Disco de Festo: disco de arxila escrito polas dúas caras con selos de madeira seguindo unha línea en espiral. [Non descifrada]
9.- Economía e sociedade cretenses. • Agricultura e gandería: producción agrícolaincrementomellor utillaxe. Gandería: ovellas, cabras, bois e cabalos. • Artesanía: gran variedade artesanal (canteiros, pintores, eswcultores, vidrieiros, ferreiros, curtidores, pintores…). • Comercio: relacións coa Grecia peninsular, as illas do Exeo, costa de Asia, Exipto e Siria.