70 likes | 272 Views
A súa biografía. • Mary Anning (1799-1847) naceu en Lyme Regis, unha aldea costeira situada no sur do Reino Unido. Esta zona contén gran cantidade de fósiles do Mesozoico. • Mary Anning metíase polos recunchos das rocas cando baixaba a marea e recollía os fósiles que soltaban as rocas.
E N D
A súa biografía • Mary Anning (1799-1847) naceu en Lyme Regis, unha aldea costeira situada no sur do Reino Unido. Esta zona contén gran cantidade de fósiles do Mesozoico. • Mary Anning metíase polos recunchos das rocas cando baixaba a marea e recollía os fósiles que soltaban as rocas.
Costa de Lyme Regis, onde hai abundantes fósiles do Mesozoico. A súa biografía • Debido á súa precaria situación económica, Mary Anning vendía os fósiles que encontraba para poder sobrevivir. • En 1820, un coleccionista de fósiles organizou unha gran poxa, e a maioría dos fósiles descubertos por Mary Anning pasaron a formar parte de coleccións privadas e de museos.
Reconstrución dun plesiosauro A súa achega á ciencia • Entre os seus achados encóntranse: • O esqueleto do primeiro ictiosaurio, que, ademais, soubo identificar como unha especie nova. • O esqueleto do primeiro plesiosauro. • Algúns fósiles de peixes. • Os seus descubrimentos foron fundamentais para reconstruír o pasado da vida e a súa historia na Terra.
O seu recoñecemento social • Tras a morte de Mary Anning, os científicos e historiadores atribuíron os descubrimentos dos seus fósiles aos naturalistas que os compraran. Naqueles tempos, non era apropiado recoñecer eses achados a unha muller e moito menos de clase traballadora. • Actualmente, Mary Anning está considerada a maior buscadora e descubridora de fósiles da historia. Reconstrución da vida no Mesozoico, era da que encontrou gran cantidade de fósiles Mary Anning.
Actividades Empezar Reforza o vocabulario 1 Busca no dicionario o significado de recuncho, achado e poxa. Expresa o que sabes 2 Cales foron os principais achados de Mary Anning? Expresa opinións Por que non puido participar Mary Anning na sociedade científica da súa época? Que opinas sobre este feito? 3