500 likes | 690 Views
Canón do Sil (2). Mirador de Matacás (Castro Caldelas). Neste espazo incluímos o Canón do Sil desde o remate do LIC ata a confluencia co Lor, no Lic “Os Ancares-O Courel” e varios dos seus afluentes: o Mao, o Edo.
E N D
Canón do Sil (2) Mirador de Matacás (Castro Caldelas)
Neste espazo incluímos o Canón do Sil desde o remate do LIC ata a confluencia co Lor, no Lic “Os Ancares-O Courel” e varios dos seus afluentes: o Mao, o Edo...
O río Sil comeza o seu percorrido por terras galegas encaixándose nas calizas de Covas, logo atravesa as depresións do Barco, Vilamarín e a Rúa para encaixarse de novo ata a súa desembocadura no Miño nos Peares. Diferentes tramos do seu curso están protexidos nos espazos “Enciña da Lastra”, “Os Ancares O Courel” e “Canóns do Sil”. Pero quedan fóra outros tramos tamén moi interesantes polo seu valor xeolóxico, paisaxístico, faunístico ou botánico. Vista desde As Torgás (Parada de Sil)
Canón do Sil en Doade co embarcadoiro do catamarán turístico.
A partir de Augasmestas o Sil encáixase entre os concellos de Ribas de Sil e A Pobra do Brollón.
RÍO LOR Nace nos montes do Cebreiro e despois dun percorrido de 50 km por terreos do Courel e A probra do Bollón desemboca no Sil en Augasmestas (Quiroga). Augasmestas (Quiroga), confluencia do Lor e o Sil
O río Edo baixa da serra do Burgo e xúntase co Sil nas proximidades de Fontao. No útimo tramo forma un profundo val entre A Teixeira e Ponte Caldelas. As empinadas ladeiras conservan na cara norte bosques de cerquiños, bidueiros e acivros e na máis asollada aciñeiras e erbedos, e á beira do río amieiras, salgueiros, freixos... Canón do Edo na confluencia co Sil.
O Río Mao nace nas abas da Serra de San Mamede e desemboca no Sil preto de Cristosende. Antes de xuntarse co Sil o rio Mao excava unha abrupta gorxa entre bloques graníticos con fermosas pozas e fervenzas. No val consérvanse bosques de cerquiños, carballos, acivros e loureiros, xunto coas plantas típicas de ribeira.
A vexetación do Canón do Sil está formadas por unha mestura de especies mediterráneas (sobreiras, aciñeiras, érvedos, arzaias...) e atlánticas (carballos, bidueiros, acivros, fentos...) distribuídas en función da maior ou menor exposición das ladeiras do canón ao sol. Vexetación mediterránea na parte máis asollada orientada ao sol.
Salgueiro (Salix salvifolia). Esta especie é común á beira dos ríos da Galicia mediterránea.
Souto de Valguaire (Sober). Atópase no camiño de Doade ao mirador do Castelo. Hai numerosos castiñeiros de gran porte. Os máis vellos teñen 11, 7, 50 e 7,40 m de perímetro.
Castiñeiros na área de interpretación da Ribeira Sacra en Sober.
Castiñeiros en Lobios (Sober). Situados ao pé da estrada de Doade a Bolmente. O máis grande mide 8,90 m de perímetro no toro.
Pradairo no mosteiro de San Paio de Abeleda (Castro Caldelas). Piñeiro manso en Lumeares (A Teixeira) Mide 3,90 m de perímetro.
O máis representativo da fauna desta área son as aves que viven no río ou nas beiras e as rapinas dos cantís. Garza real (Ardea cinerea)
OS VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA Un dos recursos económicos máis importantes do Canón do Sil é o cultivo da vide para a elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta actividade ten unha longa tradición, desde o tempo dos romanos e foi desenvolvida posteriormente arredor dos abondantes mosteiros da ribeira. Despois dun anos de abandono o sector comeza a recuperarse e a maior parte das explotación están en activo.
O cultivo da vide na Ribeira Sacra é moi traballoso e en gran parte artesanal. Os grandes desniveis do terreo e a escaseza de terras ben orientadas fai que se aproveiten ao máximo as abas dos vales orientadas ao sol construíndo muras para conter a terra en socalcos.
Nos outono as follas das vides enchen a paisaxe dunha ampla gama de cores amarelas e ocres.
Ademais dos valores naturais, no Canón do Sil consérvanse importantes mostras artísticas e etnográficas. Mosteiro de San Paio de Abeleda (Castro Caldelas). Actualmente en estado ruinoso.
Olería de Gundivós En Gundivós e outros lugares de Sober mantense viva a tradición dos oleiros ou cacharreiros que elaboran pezas de barro con finaidade utilitaria entre as que chaman a atención, por ser únicas, as destinadas a conter viño, que levan un tratamento interior con resina que lle quenta ao lume e dalles unha característica cor negra. Amboa para o viño.
Augasmestas Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta