450 likes | 656 Views
A POESÍA LÍRICA: HORACIO. 1.- Definición. 2.- A poesía lírica en Grecia 3.- A poesía lírica en Roma. 3.1 Antes de Horacio 3.2 Nos tempos de Horacio 3.3 Horacio 3.3.1 Biografía 3.3.2 Obra. 4.- Influencia de Horacio na posteridade. 1.- Definición.
E N D
A POESÍA LÍRICA: HORACIO 1.- Definición. 2.- A poesía lírica en Grecia 3.- A poesía lírica en Roma. 3.1 Antes de Horacio 3.2 Nos tempos de Horacio 3.3 Horacio 3.3.1 Biografía 3.3.2 Obra. 4.- Influencia de Horacio na posteridade.
Qué es poesía? Dices mientras clavas/ en mi pupila tu pupila azul./ Qué es poesía? Y tú me lo preguntas?/ Poesía eres tú. A poesía lírica é un xénero bastante difícil de definir, xa que abarca un grupo moi heteroxéneo de pequenas obras de carácter moi diverso.
En orixe, era un tipo de poesía concebida para ser cantada. Poesía lírica Popular Culta Meu meniño ten soniño ten ganiñas de durmir ten un olliño pechado outro non o pode abrir.
Son moi dado aos encantos da vida franciscana non me importa o diñeiro nin a groria mundana. Un sillón vello nunha escondida choupana un xaruto, un amigo falar do tempo antigo e soñar... E soñar A un batido, outro batido, a unha dor, outra delor. Tras d`un olvido, outro olvido, tras d`un amor, outro amor. Y ó fin de fatiga tanta e de tan diversa sorte, a vellés que nos espanta. Ou o repousar d`a morte. O home loiro puxo o walkman e non escoitou a babyalarm. O neno choraba porque soñou cun monstro dos de toda a vida. Podemos dicir que un poema lírico é unha obra de pequena extensión, de temática e ritmo moi variados.
A poesía lírica, frente á épica, está moi relacionada coa expresión dos sentimentos persoais, coa individualidade. O poeta, que non ten inconvinte en darse a coñecer, diríxise a un interlocutor -persoa, divinidade, obxecto inanimado- no que pretende influir dalgún xeito. EXPRESIÓN POÉTICA DE EXPERIENCIAS PERSOAIS OU COLECTIVAS. O AUTOR NON SE OCULTA; DEIXA OIR A SÚA VOZ AO LONGO DA OBRA.
En Grecia, a lírica conserva o seu carácter músical; normalmente a súa interpretación era acompañada polo son da lira ou da flauta. A lírica culta aparece en Grecia en torno ao século VII a.C., época na que viven Safó, Alceo, Arquíloco, Anacreonte...
Monódica Lírica stricto sensu Coral Clasificación da poesía lírica grega Poesía iámbica Poesía elexíaca
A temática da lírica grega é moi variada Plegarias aos deuses O amor A invectiva A reflexión filosófica A reflexión política A invitación a gozar o presente O lamento pola fraxilidade do ser humano Celebración das victorias nas competicións deportivas
Como todas as comunidades, os latinos tiñan a súa propia lírica popular: cancións de cuna, de voda, de banquete, de traballo… …pero polo seu carácter oral non chegou ata nós. A lírica que a nós nos interesa é a que chegou a Roma procedente de Grecia no século II a.C. É polo tanto unha lírica para o público culto, sen elementos tradicionais. OS POETAS LATINOS IMITARON AOS GREGOS DESDE O PRIMEIRO MOMENTO.
Graecia capta cepit feros victores Poetas alexandrinos Calímaco Lutacio Cátulo Precursores Levio Primeíros líricos latinos Neotéricos Catulo Considérase que a poesía lírica culta introduciuse en Roma no século II a.C., despois da conquista de Grecia
Esixencia formal. Erudición. Composicións breves e pouco pretenciosas. Métrica e temática variadas Presenza dos temas persoais. A poesía destes autores ten unha serie de características comúns heredadas da poesía alexandrina. Entre os primeiros poetas latinos destaca con diferenza Caio Valerio Catulo.
Catulo viviu no século I a.C. e é famoso por un pequeño libriño de poemas que apareceu en Verona, a súa cidade natal, no século X d.C. A poesía de Catulo destaca non só pola perfección formal, senón tamén pola paixón que o seu autor foi quen de insuflarlle. Son sobre todo coñecidos os poemas dedicados a Lesbia, amante do poeta. Pregúntasme, Lesbia, cantos bicos teus abondarían e sobrarían. Cantos grans infinitos de area Libia hai en Cirene, rica en laserpicio, entre o templo abrasador de Xúpiter e a tumba sagrada de Baco, ou cantas estrelas na noite calada contemplan os amores furtivos dos homes, tantos bicos satisfarían a Catulo. Así os curiosos non poderian contalos nin as linguas maliciosas enfeitizalos.
Neste apartado referirémonos a tres poetas, contemporáneos de Horacio, que cultivaron un xénero moi concreto que chamamos “elexía erótica”
A estrofa empregada é o dístico elexíaco. O tema central é o amor O poeta conta experiencias en primeira persoa Características da elexía erótica latina O poeta refúxiase no seu amor; rexeita a riqueza, o poder e a gloria militar. Unha muller con nome propio é normalmente a protagonista da obra. É unha poesía apaixoada, tanto na felicidade como na desilusión. R O M A
Tibulo (55 – 19 a.C.) Cultivou unha poesía sencilla e chea de referencias á paz e á vida no campo. A muller protagonista da súa obra recibe o nome de Delia. Os tres elexíacos máis famosos foron Tibulo, Propercio e Ovidio. Todos eles eran algo máis novos que Horacio. Propercio (47 – 15 a.C) A súa poesía é máis sofisticada que a de Tibulo, con moitas máis referencias mitolóxicas e históricas. Dedicoulle os seus poemas a unha tal Cynthia. Ovidio (43 – 17 d.C.) É un dos poetas máis prolíficos e orixinais da literatura latina. Escribiu varios libros de elexías. O máis coñecido é o titulado “Arte de amar”. Ovidio foi expulsado de Roma por Augusto e morreu nunha cidade do Mar Negro.
Quam iuvat inmites ventos audire cubantem et dominam tenero continuisse sinu aut, gelidas hibernus aquas cum fuderit Auster, securum somnos igne iuvante sequi. Hoc mihi contingat. Sit dives iure, furorem qui maris et tristes ferre potest pluvias. O quantum est auri pereat potiusque smaragdi, quam fleat ob nostras ulla puella vias. Te bellare decet terra, Messalla, marique, ut domus hostiles praeferat exuvias; me retinent vinctum formosae vincla puellae, et sedeo duras ianitor ante fores. Non ego laudari curo, mea Delia; tecum dum modo sim, quaeso segnis inersque vocer. Cómo presta escoitar deitado os ventos furiosos e abrazar á amada contra o peito agarimoso, ou seguir durmindo, tranquilo, ao abrigo do lume cando o inverno derrama frías augas! Que eu chegue a iso! Sexa rico, por dereito, quen poida aturar o furor dos mares e as tristes chuvias. Todo o ouro do mundo e as esmeraldas desaparezan antes que facer chorar a unha rapaza pola miña partida. A ti, Mesala, acaeche o de pelexar por terra e por mar, para exhibir na tua mansión as trofeos dos inimigos. A min téñenme preso as cadeas dunha fermosa rapaza, e séntome como un porteiro diante do seu portal pechado. Non quero a fama, Delia miña: con tal de estar contigo admito que me chamen cobarde e preguiceiro. Tibulo
Qualis Thesea iacuit cedente carina languida desertis Cnosia litoribus; qualis et accubuit primo Cepheia somno libera iam duris cotibus Andromede; nec minus assiduis Edonis fessa choreis qualis in herboso concidit Apidano: talis visa mihi mollem spirare quietem Cynthia non certis nixa caput manibus, ebria cum multo traherem vestigia Baccho, et quaterent sera nocte facem pueri. Hanc ego, nondum etiam sensus deperditus omnis, molliter impresso conor adire toro; et quamvis duplici correptum ardore iuberent hac Amor hac Liber, durus uterque deus, subiecto leviter positam temptare lacerto osculaque admota sumere et arma manu, non tamen ausus eram dominae turbare quietem, expertae metuens iurgia saevitiae. Como lánguida quedou a de Cnossos na praia deserta, cando a nave de Teseo partiu; Como descansou a filla de Cepheo no sono primeiro despois de ser liberada das asperas rochas, Andrómeda; non menos cansada cunha bacante que se tumba no verde Apidano, fatigada polas danzas: tal me pareceu que respiraba en doce sono Cynthia, apoiando a cabeza nas mans sen forza, cando arrastraba eu os meus pés, ebrio de Baco, e os meus escravos movian os fachóns na madrugada. Como aínda non perdera de todo o sentido, intento achegarme a ela apoiado no leito; e aínda que Amor e Liber, tan forte un coma outro, me animaban, impulsado por doble ardor, a rozar o seu corpo co meu brazo por debaixo e bicala, preparado para o combate, non me atrevín a turbar o descanso da amada, temendo a forza da súa crueldade xa experimentada. Propercio
Si quis in hoc artem populo non novit amandi, hoc legat et lecto carmine doctus amet. Arte citae veloque rates remoque moventur, arte leves currus: arte regendus Amor. Curribus Automedon lentisque erat aptus habenis, Tiphys in Haemonia puppe magister erat: me Venus artificem tenero praefecit Amori; Tiphys et Automedon dicar Amoris ego. Ille quidem ferus est et qui mihi saepe repugnet: sed puer est, aetas mollis et apta regi. Se alguén neste pobo non coñece a arte de amar, que lea isto, e, lido o poema, ame como un experto. Con arte, a vela ou remo, móvense as raudas naves, con arte os lixeiros carros: con arte hai que levar o Amor. Automedon era experto en manexar os carros e as rendas, Tiphys na popa Hemonia gobernaba o timón: a min Venus fíxome experto na arte do Amor. Quero ser chamado Tiphys e Automedon do Amor. El é terrible e moitas veces quere apartarse de min, pero é un neno, unha idade maleable, fácil de manexar. Ovidio
3.3.1 A súa biografía Nace no 65 a.C. en Venusia, unha cidade do sur de Italia. Era fillo dun liberto. Trasládase de neno a Roma, onde se educa. Cando César é asasinado, no ano 44 a.C., Horacio está en Grecia. Participa na guerra civil no bando perdedor. Despois da guerra volve a Roma. Coñece a Virxilio e a través deste entra no círculo de Mecenas en torno ao ano 38 a.C. No ano 33 a.C. Mecenas regálalle unha uilla cerca de Roma. Augusto ofrécelle o posto de secretario particular, pero él rexeita a oferta. Morre no ano 8 a.C., o mesmo ano que o seu amigo Mecenas.
Caius Maecenas (64 - 8 a.C) era un rico cabaleiro de orixe etrusca que se converteu nun dos principais colaboradores de Augusto. Non desempeñou cargos públicos importantes, pero xogou un importante papel como conselleiro do príncipe e como divulgador das súas ideas. Mecenas pasou á historia como protector de artistas e poetas. Virxilio, Horacio e Propercio estiveron entre os seus preferidos. Todos eles contribuiron coa súa arte a ensalzar o réxime de Augusto e a bondade dos novos tempos.
3.3.2 A obra de Horacio Horacio é practicamente o único escritor latino do que conservamos a obra completa. Isto demostra o éxito da súa poesía ao longo do tempo. Epodos Sátiras Odas Epístolas Carmen Saeculare
Sátiras non líricas Epístolas Clasificación das obras de Horacio Epodos líricas Odas Carmen Saeculare
Horacio escribiu as Sátiras cando andaba polos trinta anos. Trátase dun conxunto de poemas redactados en hexámetros nos que o autor fai un retrato crítico da súa sociedade. As Epístolas foron escritas máis tarde, en torno ao ano 20 a.C. Forman un conxunto de mini-ensaios poéticos, tamén en hexámetros, nos que Horacio reflexiona acerca de cuestións filosóficas ou literarias. A máis coñecida é a Ars Poetica, da que proceden expresións que sobreviviron ata os nosos días, como in medias res ou aliquando bonusdormitat Homerus.
Pero o que agora nos interesa é a súa obra lírica, cumio da poesía latina e fonte de inspira- ción para autores de todos os tempos. Epodos Odas Carmen Saeculare
A obra lírica de Horacio axústase as características xerais que vimos na diapositiva 15
Epodos Escritos cando andaba polos trinta anos. 17 poemas nos que predomina o ritmo iámbico. Predomina a invectiva e o ton ácido das Sátiras. O máis coñecido é o Beatus Ille. Un usurero reflexiona sobre a placidez da vida do campo mentres busca como invertir o diñeiro obtido nos préstamos.
Odas Están divididas en catro libros. Os tres primeiros foron publicados no ano 23 a.C. O último viu a luz no ano 13 a.C., cando Horacio era xa un poeta coñecido. O talento lírico de Horacio alcanza a súa máxima expresión, tanto a nivel formal como de contido. Enorme variedade rítmica e temática. As Odas constitúen a expresión poética dos máis variados sentimentos humanos: amor, ciumes, amizade, búsqueda da felicidade, reflexións sobre a brevedade da vida...
Carmen Saeculare Foi escrito por encargo de Augusto no ano 17 a.C. Un coro de 27 rapaces e 27 rapazas cantouno nos ludi saeculares nese mesmo ano. Os ludi saeculares foron unhas festas organizadas por Augusto para celebrar o nacemento dunha nova era. Este poema fixo a Horacio famoso entre os seus contemporáneos.
Practicamente todos os poemas de Horacio foron imitados nalgún momento da historia da literatura. Na literatura española, exerceu unha enorme influencia sobre autores como Fray Luis de León -que fixo traducións de moitas das súas poesías- ou Garcilaso de la Vega. Na literatura galega debemos mencionar a Aquilino Iglesias Alvariño, gran poeta que fixo a primeira tradución ao galego das Odas.
Algúns versos de Horacio fixéronse particularmente célebres pola súa universalidade.
Nunc est bibendum, nunc pede libero pulsanda tellus, nunc Saliaribus ornare puluinar deorum tempus est dapibus, sodales. Agora toca beber, agora toca co pé golpear a terra, agora é tempo, compañeiros, de adornar a almofada dos deuses cos banquetes dos Salios. Esta Oda foi composta para celebrar a victoria de Octavio sobre Marco Antonio e Cleopatra. Pasou á posteridade como frase coa que se inician as celebracións.
Beatus ille, qui procul negotiis, ut prisca gens mortalium, paterna rura bobus exercet suis solutus omni faenore. Feliz aquel que, apartado dos negocios, como a raza dos homes antigos, traballa cos seus bois os campos paternos libre dos intereses. É un dos poemas máis coñecidos de Horacio. Emprégase a frase para referirse á presunta felicidade da vida no campo, apartada dos negocios da cidade. Foi imitado, entre outros moitos, por Fray Luis de León: ¡Qué descansada vida la del que huye del mundanal ruido y sigue la escondida senda, por donde han ido los pocos sabios que en el mundo han sido.
...dum loquimur, fugerit invida aetas: carpe diem, quam minimum credula postero. ...mentres falamos, fuxirá envidiosa a idade: aproveita o día, confía pouco no de mañá. É sen dúbida a frase máis coñecida de Horacio. Invítanos a gozar do presente sen ter demasiada confianza no que ocurrirá no futuro.
Dulce et decorum est pro patria mori: mors et fugacem persequitur uirum nec parcit inbellis iuuentae poplitibus timidoue tergo. Doce e fermoso é morrer pola patria. A morte persegue tamén ao que fuxe, e non perdoa os xeonllos ou a espalda cobarde da xuventude que non guerrea. De forma contradictoria con moitos outros dos seus poemas, nesta oda Horacio exhorta á xuventude a ser animosa na guerra.
Pallida Mors aequo pulsat pede pauperum tabernas regumque turris.... Pálida Morte golpea co mesmo pé os tugurios dos pobres e as torres dos reis
Rectius vives, Licini, neque altum semper urgendo neque, dum procellas cautus horrescis, nimium premendo litus iniquum. Auream quisquis mediocritatem diligit... Mellor vivirás, Licinio, se a alta mar Non buscas sempre, nin, das tormentas Fuxindo temeroso, te achegas de máis Á costa traidora. Calquera que a dourada medianía Escolla... Con esta frase advírtenos Horacio do perigo dos excesos para quen aspira a alcanzar a felicidade.
Exegi monumentum aere perennius... Levantei un monumento máis duradeiro có bronce... Con este verso refírese Horacio á inmortalidade que contaba alcanzar coa súa obra lírica.