410 likes | 618 Views
MEMORIA. 1ª SESIÓN Ao seren menos rapaces [uns 15 ], a sesión foi máis relaxada. Os nenos: -asistiron atentamente á presentación en PowerPoint -escoitaron os temas musicais que seleccionara para eles [en arquivo adxunto] - cantaron algunhas pezas que aprenderan durante o campamento
E N D
MEMORIA • 1ª SESIÓN • Ao seren menos rapaces [uns 15], a sesión foi máis relaxada. Os nenos: • -asistiron atentamente á presentación en PowerPoint • -escoitaron os temas musicais que seleccionara para eles [en arquivo adxunto] • -cantaron algunhas pezas que aprenderan durante o campamento • -interviron cando lles preguntaba [dando nome a animais fantásticos inventados, a híbridos, suxerindo títulos para a canción das sereas de Ulises, creando un pequeño texto poético-humorístico acerca do campamento, continuando a letra dunha canción á metade…] • -tocaron instrumentos musicais [címbalos que eu levei, pandeiretas e cunchas que alí había…] • 2ª SESIÓN • Foi algo máis complicada cá anterior pois, ao seren preto de 30 rapaces, loxicamente andaron máis rebuldeiros. • Mália todo, os pícaros tamén interviron activamente: • -atendendo á presentación en PowerPoint • -escoitando os temas musicais que seleccionara para eles • -cantando algunhas pezas que aprenderan durante o campamento • -intervindo cando lles preguntaba [dando nome a animais fantásticos inventados, suxerindo títulos para a canción das sereas de Ulises, creando un pequeño texto poético-humorístico acerca do campamento…] • -tocando instrumentos musicais [címbalos que eu levei, pandeiretas e cunchas que alí había…] • Nesta segunda sesión percibín moita máis atención e dedicación por parte das rapazas, algunhas verdadeiramente talentosas para a escrita. Os nenos, coido que por seren máis numerosos neste grupo, amosáronse máis dispersos.
Avilés de Taramancos O mar como confluencia de ritmos e culturas
Anena do facendeiro quere un piano de Viena. A nena do facendeiro Do facendeiro De Anserma ¿Quen ha de traer piano En tren, en barco de vela? ¿Quen ha de traer piano Á nena do facendeiro De Anserma? As morrocotas de ouro fan o miragre: A goleta Cruza o océano Atlántico Chega ao porto de Bruxelas, Vai buscar o piano Da nena Do facendeiro De Anserma Do Danubio ao río Nare Hai leguas de mar e terra: A meniña ama Beethoven A nena do facendeiro De Anserma. O piano en Budapeste Aprende danza secreta. En París voilá! adeprende A valsar. Chega a Bruxelas E cruza o mar; mariñeiros Adeprenden-lle habanera Ao piano da meniña Do facendeiro De Anserma Negros de Buenaventura Tocan tambor na ribeira O piano colle un tento de currulao que arrabea. O piano
Os arrieiros de Caldas Suben piano.¡Cautela! Moito monte para arriba Soben piano de Viena; Cantan guabinas, xoropos, Cantan bunde e tamborera; Ai a nena Do facendeiro De Anserma: Non toca Beethoven, non, Toca baixo das estrelas Un son quente de bambucos No seu piano de Viena A nena do facendeiro Do facendeiro De Anserma Avilés de Taramancos
Ondas do mar de Vigo Ondas do mar de Vigo Se vistes meu amigo E ai Deus se verra cedo. Ondas do mar levado Se vistes meu amado E ai Deus se verra cedo. Se vistes meu amigo O porque eu sospiro E ai Deus se verra cedo. Se vistes meu amado Porque ei gran cuidado E ai Deus se verra cedo. MARTÍN CÓDAX
Sediame eu na ermida de San Simón e cercáronmi as ondas, que grandes son eu atendendo o meu amigo eu atendendo o meu amigo! Estando na ermida ante o altar, e cercáronmi as ondas grandes do mar; eu atendendo o meu amiigo eu atendendo o meu amigo! E cercáromni as ondas, que grandes son non hei barqueiro nen remador; eu atendendo o meu amigo eu atendendo o meu amigo! E cercáronmi as ondas, do alto mar, non hei barqueiro nen sei remar, eu atendendo o meu amigo eu atendendo o meu amigo! Non hei barqueiro nen remador, morreréi fremosa no mar maior, eu atendendo o meu amigo eu atendendo o meu amigo! Non hei barqueiro nen sei remar, Morrerei fremosa no alto mar, eu atendendo o meu amigo eu atendendo o meu amigo! Mendiño Sedíame eu na ermida de San Simón
Eu chorei chorei o domingo a tardeeu chorei chorei o domingo a tardeQue veña Lourenzoque veña a Lourenzo que diga a verdadeQue diga a verdade pero con cautelaque diga a verdade pero con cautelatúa nai é meiga, túa nai é meigateño medo dela Teño medo dela pero non me cometeño medo dela pero non me cometúa nai é meiga Túa nai é meiga teu pai é un mal homeeu chorei chorei, o domingo a tarde....
Escribide agora vós: • 2 estrofas máis para Eu Chorei chorei • Un poema de 5-10 liñas dedicado a …
… unha mosca que toca a trompeta Enche os ocos desta canción galega de Castelao: Lela
Están as nubes chorandopor un amor que morreu.Están as rúas molladasde tanto como choveu. (bis) Lela, Lela,Leliña por quen eu morro,quero mirarme,nas meniñas dos teus ollos. Non me deixese ten compasión de min.…………….. ………………………. Dame alento cas túas palabras,dame celme do teu corazón,dame lume coas túas miradas Dame vida co teu doce amor(bis) Lela, Lela,Leliña por quen eu morroquero mirarmenas meniñas dos teus ollos. Non me deixese ten compasión de min.……………… …………………….. …………………….. …………………………… Lela
As sereas “Entre tanto, a ben fabricada nave chegou velozmente á illa das dúas Sereas –pois a impulsaba un vento próspero-. Pero de contado cesou este e fíxose unha bonanza apracible, pois un deus calmara a oleaxe. Entón, eu partín en anaquiños un gran pan de cera e aperteino coas miñas mans. Axiña quentou a cera e unteina nos oídos de todos os meus compañeiros. Eles atáronme de pés e mans no mastro, como eu lles indicara. Conque, cando a nave se achegou a elas, as Sereas empezaron a cantar. “Vamos, famoso Ulises, detén aquí a túa nave para que poidas escoitar a nosa voz. Que ninguén pasou de largo coa súa negra nave sen escoitar a doce voz das nosas bocas...”. E o meu corazón desexou escoitalas máis e ordenei aos meus compañeiros que me soltaran, pero eles, como non oían nada, seguían remando.” Adaptado da Odisea, Homero, século VII a. de C.
1.- Que monstros aparecen neste texto? 2.- Cómo imaxinamos hoxe en día ás sereas?Sabedes como eran na época de Ulises? 3.- A serea é un híbrido, unha mestura de dous seres. Que outros híbridos coñecedes? 4.- Como se podería titular a canción que cantan eternamente as Sereas no mar? Credes que tocarían algún intrumento?
Circe, a feiticeira A seguinte parada é unha illa salvaxe, chea de leóns e lobos, que sen embargo se mostran estrañamente dóciles. Ulises envía unha expedición para ver se encontran comida. Ningún regresa. Ulises debe ir buscalos. Durante a súa labor, chega ata el Hermes, que lle conta ónde está. Encóntrase na illa da feiticeira Circe, filla de Helio. Circe ten a manía de converter a todo o que se lle acerca en animal. A pobre síntese soa e os animaliños fanlle compaña. Converte aos compañeiros de Ulises en rosados PORCOS. Hermes ofrécelle a Ulises unha planta coa que vencer o sortilexio da maga. Ulises chega ao palacio, Circe mírao de arriba abaixo e sorrí. Ofrécelle unha copa de viño. Ulises bebe. Non pasa nada. Circe asusta. Ulises ameázaa coa súa espada e obrígaa a liberar aos seus compañeiros. Ulises permanece alí moito tempo, ata que decide que xa é hora de partir. Circe resígnase, aínda que ama ao heroi. • Adaptado de A Odisea, Homero
Que superpoderes vos gustaría ter a vós? En que animal vos convertiriades se soubeses a fórmula máxica? Coñecedes algunha canción na que apareza un porco? E outros animais? [galos, troitas]
La inmiscusión terrupta Como no le melga nada que la contradigan, la señora Fifa se acerca a la Tota y ahí nomás la flamenca de un rotundo mofo. Pero la Tota no es inane y de vuelta le arremulga tal acario en pleno tripolio que se lo ladea hasta el copo.-¡Asquerosa!- brama la señora Fifa tratando de consonarse el ayelmado tripolio que ademenos es de satén rosa. Revoleando una mazorca más bien prolapsa, contracarga a la crimea y consigue marivolarle un suño a la Tota que se desporrona en diagonía y por un momento horadra en raire con sus abroncojantes bocinomías. Por segunda vez se le arrumba un mofo sin merma a flamencarle las mecochas, pero nadie le ha desmunido el encuadre a la Tota sin tener que alanchufarse su contragofia, y así pasa que la señora Fifa contrae una plica de miercolamas a media resma y cuatro peticuras de esas que no te dan tiempo al vocifugio, y en eso están arremulgándose de ida y de vuelta cuando se ve precivenir al doctor Feta que se inmoluye inclótumo entre las gladiofantas.-¡Payahás!¡Payahás!- crona el elegantiorum, sujetirando de las desmecrenzas empebufantes. No ha terminado de halar, cuando le están manocrujiendo el fano, las colotas, el rijo enjuto y las nalcurnias, mofo que arriba y suño al medio y dos miercolanas que para qué.-¿Te das cuenta?- sinterruge la señora Fifa.-¿El muy cornaputo!- vociflama la Tota.Y ahí nomás se recompalmean y fraternulian como si no hubieran estado polichantando más de cuatro cafotos en plena tetamancia. Son así las Tofifas y las Fitotas, mejor es no terruptarlas, porque te desmuñen el persiglotio y se quedan tan plopas. Julio Cortázar
Buscade un título en glíglico, a linguaxe musical de Córtázar para as seguintes tramas para un posíbel conto: 1.- Un que vai sobre unha superheroína que sempre ten mala sorte e cae en todos os fochancos e tropeza en todas as pedras 2.- Un que vai sobre unha illa que flota no espazo 3.- Un que vai sobre dous homes moi gordos que fan Sumo ou loita libre
La sonrisa de Pekín “A confitería era famosa porque non había outra en México que fixese tan bos merengues de leite de burra como “La sonrisa de Pekín”, que así se chamaba a confitería. (...) Os merengues encortezaban moi ben, cun fino dourado, e por dedentro eran case líquido, branquísimo. Pedro Bravo andaba moi curioso da fórmula dos merengues, por si un día, cos aforros, poñía unha confitería en Pontevedra. E cando menos o pensaba descubriu o segredo. A china, que se se chamaba Li, cando ía facer a merengada, antes de bater as claras e engadir o leite de burra, traía ao máis pequeno dos nenos da familia, e sempre había algún que andaba mamando, e poñíao a mexar no leite, pouca cousa, pouco máis que un vasiño. E este era o segredo dos merengues de “La sonrisa de Pekín” Álvaro Cunqueiro
Conto máis breve do mundo Cuando espertou, o dinosaurio aínda estaba alí Augusto Monterroso
Je me souviens “Lémbrome dos plátanos cortados en 3. Nós eramos 3 “Lémbrome do señor Mouton, o oftálmologo, que tiña un bigote branco" “Lémbrome do primeiro aspirador. Que pracer a primeira vez” Lémbrome das folgas do 73 e dos meus inicios nunha causa que eu cría xusta
Escribide agora: • 1.- Tres Lémbromes cada un. • 2.- Un final para un conto que comeza: • Érase unha vez unha rapariga violinista que inventou un violín do que saían animais, plantas arrecendentes e persoas agradables cando a tocaba ben; e lixo, xente antipática e zapatillas deportivas suadas cando a tocaba mal…
Knock, knock, knockin' on heaven's door Mama, take this badge off of meI can't use it anymore.It's gettin' dark, too dark to seeI feel like I'm knockin' on heaven's door.Knock, knock, knockin' on heaven's doorKnock, knock, knockin' on heaven's doorKnock, knock, knockin' on heaven's doorKnock, knock, knockin' on heaven's doorMama, put my guns on the groundI can't shoot them anymore.That long black cloud is comin' downI feel like I'm knockin' on heaven's door.Knock, knock, knockin' on heaven's doorKnock, knock, knockin' on heaven's doorKnock, knock, knockin' on heaven's doorKnock, knock, knockin' on heaven's door
He’s a real nowhere man,Sitting in his nowhere land,Making all his nowhere plansFor nobody.Doesn’t kave a point of view,Knows not where he’s going to,Isn’t he a bit like you and me? Nowhere man, please listen,You don’t know what you’re missing,Nowhere man, the world is at your command. He’s as blind as he can be,Just sees what he wants to see,Nowhere man can you see me at all? Doesn’t kave a point of view,Knows not where he’s going to,Isn’t he a bit like you and me? Nowhere man, don’t worry,Take your time, don’t hurry,Leave it all till somebody elseLend you a hand.He’s a real nowhere man,Sitting in his nowhere land,Making all his nowhere plansFor nobody. Nowhere man