1 / 13

Exercicios: 1, 2, 3.

Exercicios: 1, 2, 3. 1. Boyle definiu elemento como a substancia que non se pode descompoñer mais. Segundo Boyle ¿a auga é un elemento ou un composto?.

Download Presentation

Exercicios: 1, 2, 3.

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Exercicios: 1, 2, 3. 1 Boyle definiu elemento como a substancia que non se pode descompoñer mais. Segundo Boyle ¿a auga é un elemento ou un composto? Nun quentador de gas, cando se produce a chispa o gas comeza a arder. Indica os procesos que ocorren desde que sae o gas ate que arde, Indica tamén que proceso é a combustión 2 Indica que cambia nunha reacción química ¿Os átomos ou as substancias puras? 3

  2. Exercicios: 4, 5. 4 O amoníaco é unha substancia pura gasosa, formado por un átomo de nitróxeno e tres de hidróxeno. ¿É un elemento ou un composto?, Represéntao cos seus símbolos 5 Representa a reacción da formación do amoníaco NH3´ao unírense os elementos hidróxeno H2 e nitróxeno N2

  3. Exercicios: 6, 7, 8 6 Debuxa o modelo dun átomo de osíxeno segundo Thomson Se nun átomo neutro de carbono hai 6 protóns, ¿Cantos electróns hai? 7 Se un átomo perde un electrón,¿Que carga adquire? 8

  4. Exercicios: 9, 10, 11 ¿Pode explicar o modelo de Rutherford os fenómenos eléctricos?. ¿Por que? 9 O átomo de Calcio ten 20 protóns.¿Cal será o seu número atómico?. ¿Cantos electróns ten? 10 Un isótopo de Calcio ten de número másico 40 e outro 41 ¿Cantos protóns neutróns e electróns ten cada un? 11

  5. Exercicios: 12, 13, 14 Calcula o número de protóns, electróns e neutróns dun isótopo de fluor de número másico 20 e número atómico 9 12 13 Escribe o símbolo do ión osíxeno cando gaña dous electróns Razoa por qué a masa dos átomos é un número enteiro e a dos elementos pode ser un número decimal 14

  6. Exercicios: 16 Ao pasa-la corrente eléctrica por bromuro de chumbo fundido, este descomponse en gas bromo e chumbo sólido. a)Indica se o bromuro de chumbo é elemento ou composto. b)Indica se o bromuro de chumbo é unha substan­cia pura ou unha mestura de chumbo e bromo. c)¿Como se denomina a descomposición do bro­muro de chumbo con electricidade? d)O proceso realizado, ¿é físico ou químico? 16 Pb Br4 (l)  Br2 (g) + Pb (s)

  7. Exercicios:17 Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes fra­ses Se son falsas, indica ónde está o erro. a)Tódolos compostos son substancias puras. b)Tódalas substancias puras son elementos. c)Tódalas substancias puras son compostos. d)Tódolos elementos son substancias puras. 17

  8. Exercicios: 18. O quenta-la auga, ferve a)A ebulición, ¿é un cambio físico ou químico? b)¿Na ebulición producíronse novas substancias? c)Debuxa un modelo conforme á teoría cinética que represente o proceso da ebulición. 18

  9. Exercicios: 19, 20, 21 Ao quenta-lo carbonato de cobre (II) (CuCO3), antes de fundirse, descomponse en óxido de cobre (II) (CuO), que e un solido, e en dióxido de carbono (CO2), gasoso. a)O proceso que tivo lugar, ¿é físico en químico? b)Indica razoadamente se as substancias que in­terveñen no proceso son compostos en elementos. c)Debuxa un modelo do proceso realizado asignan­do un símbolo distinto a cada clase de átomos. Cu CO3 (s)  CuO (s) + CO2 (g) 19

  10. Exercicios: 19, 20, 21 Ao combinarse o carbono (C) co osíxeno (O)), prodúcese o dióxido de carbono (CO2). a)Indica razoadamente cáles destas substancias puras son elementos e cáles son compostos. b)Debuxa un modelo do cambio químico. C + O2 CO2 20 No seguinte debuxo indícase o proceso de unión do xofre co osixeno (formado por partículas de dous átomos) a)Razoa se se produciu un cambio físico en quí­mico. b)Das substancias que entran nesta unións, indica cáles son elementos e cáles compostos. c)Se o xofre o representamos por un S e o osíxeno por un O, a partir da figura escribe coas súas fór­mulas as tres substancias puras que interveñen. 21

  11. Exercicios: 23, 24, 25 22 Debuxo dó átomo de Berilio, Be, que ten catro protóns, catro electróns e cinco neutróns, segundo os tres modelos, o de Dalton, o de Thomson e o de Rutherford 24 Dados os seguintes átomos: boro 115B , sodio 2211Na e boro 105B a) ¿Cales son os seus valores de Z e A b)¿Cantos electróns ten cada átomo? c)¿Cales deste átomos son isótopos e de que elemento?

  12. Exercicios: 24, 25 Indica se son verdadeiras as seguintes afirmacións, se son falsas di cál é o erro a) A masa dun átomo de cloro é 35.5 b) A masa dun átomo de fluor é 19 u. c) A masa atómica do magnesio é de 24,3 d) A masa atómica do carbono é de 12 u. 25 a) A masa de un átomo é o seu número másico, un número enteiro b) Pode ser correcta xa que algún isótopo do fluor pode ter esa masa c) Verdadeira, a masa atómica dun elemento é promedio das masa dos seus isótopos, pode ser decimal d) Pode ser correcta xa que algún isótopo do carbono pode ter esa masa

  13. Exercicios: 26 26 Os tres isótopos do hidróxeno reciben os nome s de protio deuterio e tricio. a)Indica en cada caso os valores de Z e de A b)Indica o seu número de neutróns e de electróns c)Debuxa un ión do hidróxeno en que perde un electrón

More Related