1 / 14

Google

Google. Definición. Google Inc. é a empresa propietaria da marca Google , cuxo principal produto é o motor de procurA do mesmo nome. Foi fundada o 27 de setembro de 1998 por Larry Page e Sergey Brin (dous estudantes de doutoramento en Ciencias da Computación da Universidade de Stanford). .

kathryn
Download Presentation

Google

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Google

  2. Definición • Google Inc. é a empresa propietaria da marca Google, cuxo principal produto é o motor de procurA do mesmo nome. Foi fundada o 27 de setembro de 1998 por Larry Page e Sergey Brin (dous estudantes de doutoramento en Ciencias da Computación da Universidade de Stanford).

  3. Historia • Sergei Brin e Larry Page fundaron o buscador Google en 1998. Brin e Page eran estudiantes de informática en Stanford cando se coñeceron en 1995 e decidiron escribir xuntos a súa tese doutoral. A tal tese versaba sobre os algoritmos para optimizar as buscas na, xa entón, selvática Internet. Miles de millóns de páxinas web, imaxes e arquivos alagaban os servidores de Internet. Parecía entón imposible poñer un pouco de orde en semellante barafunda. O algoritmo que propuxeron Brin e Page, coñecido como BackRub consistía basicamente en rastrexar as ligazóns das páxinas cara atrás para medir a súa importancia dentro da rede de redes. En 1998 publicaron un artigo especializado no que propugnaban o método PageRank que refinaba non só a busca senón a valoración relativa de cada páxina web en Internet.

  4. Nacemento • En 1998 Andy Bechtolscheim, cofundador de Sun Microsystems, entregoulles a Brin e Page un cheque de 100.000 dólares a nome de Google, Inc. A empresa aínda non existía, así que Brin e Page tiveron que fundala para poder cobrar o cheque. • O nome da empresa fai referencia a Googol, o nome en inglés da potencia 100 do número 10 (o Googol é un 1 seguido de 100 ceros). Evidentemente, o nome refírese á inmensidade da Internet. • O 7 de setembro de 1998 Google abriu a súa primeira oficina onde traballaban só os dous fundadores da empresa. Pero os seus servidores xa recibían unhas 10.000 demandas de información diarias.

  5. Na actualidade • Nestes momentos, Google ten almacenadas nas súas bases de datos uns 8.000 millóns de páxinas web. Uns 1.000 ordenadores forman parte dos servidores de Google e se encargan de xestionar as peticións de información. Varios miles máis de ordenadores, xeralmente de baixo custo, traballan sobre a base de datos para responder as consultas. Google conta cuns 1.000 empregados e facturou 850 millóns de euros en 2003. Diariamente recibe uns 200 millóns de preguntas por parte dos usuarios de Internet en 97 linguas (entre as cales se atopa o galego)

  6. As oficinas de Google están situadas nun complexo creado para a propia empresa: o GooglePlex. • A velocidade á que se responden as consultas é un punto crucial da política de Google. Segundo os seus creadores, seguirán no mercado mentres sexan unha milésima de segundo máis rápidos cós seus competidores. De feito, en 1999, Google tardaba 3 segundos de media por consulta. Actualmente, só tarda 0,3 segundos por consulta, a pesar do crecemento exponencial das súas bases de datos. • Ademais, a páxina principal de Google en tódolos idiomas non pesa máis de 1,25 Kb e non contén máis aló de 40 palabras o cal facilita unha carga case instantánea.

  7. Funcionamiento • As bases de datos de Google actualízanse mensualmente. Ó longo de cada mes, os Googlebots ou arañas percorren a rede en busca de novas páxinas e actualizando as páxinas almacenadas nos servidores de Google. Os Googlebots non son máis que programas que automatizan esta infinda tarefa. Seguen cada ligazón de forma que ó chegar a unha páxina descoñecida, gravan o seu contido e toman os datos pertinentes para engadila á base de datos.

  8. A clave do traballo de Google está no xeito de ordenar as páxinas á hora de mostralas ó usuario. En moitos buscadores esta ordenación depende do criterios dos administradores das bases de datos (ou, lamentablemente, de quen paga máis para estar nos primeiros lugares). A ordenación é moi importante posto que a maioría dos usuarios apenas utilizan as 10 primeiras ligazóns.

  9. En Google este complexo problema soluciónase co algoritmo PageRank deseñado por Brin e Page, os fundadores da empresa. Este algoritmo asigna a cada páxina un valor matemático en función da súa importancia na rede, a maior importancia máis preto estará este valor do 1. ¿Cómo se determina a importancia relativa de cada páxina na rede? Google asume que esta importancia a deciden os navegantes: cada ligazón cara a unha páxina é considerada un voto a prol dunha páxina, de modo que as páxinas ligadas a través de máis ligazóns terán máis importancia relativa. A complexidade radica no cálculo para determinar esta importancia e isto o que se pode aproximar mediante o PageRank de Brin e Page.

  10. Cando un usuario realiza unha consulta, esta é recibida por un dos 1.000 servidores que traballan para Google. Este servidor encarga a un dos millares de ordenadores de Google buscar nas bases de datos. Unha vez obtida a resposta destes ordenadores, o resultado remítese a unha computadora que se encarga de ordenar o resultado en función do ranking asignado a cada páxina. A través dos servidores envíase este resultado ordenado ó usuario que fixo a consulta.

  11. Como se financia? • Google é actualmente un buscador gratuíto. Os seus fundadores pretenden que siga séndoo no futuro. Non obstante, Google demostrou que é posible manter un servizo gratuíto para os internautas e facer negocio. • A publicidade é o principal ingreso da empresa. A clave da eficacia de Google como ferramenta publicitaria radica na súa concepción. Xeralmente, a publicidade non é ben recibida polo usuario pois non garda relación cos seus intereses. En Google a publicidade depende da consulta que está a facer o usuario de modo que, segundo algúns estudios, un 15% dos anuncios en Google son "pinchados" polos internautas (fronte ó 1,5% de media en Internet)

  12. Google ofrece a posibilidade de ligar un anuncio cunha palabra buscada. Isto coñécese como AdWords. Os anunciantes poxan por cada palabra e aquel que sube máis consegue vencellar a súa publicidade coas buscas. Así asegúrase que cada vez que alguén busque unha determinada palabra apareza o seu anuncio.

  13. Outros sitios web • Google Imaxes • Google Grupos • Google Directorio • Google Noticias

  14. Servizos • Gmail • Google Video • Google Maps • Adwords • AdSense • Google Calendar

More Related