E N D
INTRODUCCIÓN Durante o século XVII e comezos do XVIII a cidade de Santiago de Compostela coñeceuunha época de grande esplendor artístico. A catedral románica foiembelecidacunha especie de “forro” no novo estilo barroco, o estilo que hoxe é apreciable en case todo o seu exterior. A impresionante fachada do Obradoiro figura entre as mellores obras barrocas do mundo. E as obras da catedral foron estímulo para a realización doutros importantes edificios e que nacidadetraballasen os máis destacados arquitectos galegos do momento. Querescoñecermellor os tesouros arquitectónicos barrocos da cidade de Santiago de Compostela?
TAREFAS Trátase de realizar un traballoindividual con dúas opcións: A. Redactar un comentario sobre os elementos arquitectónicos dos principais edificios barrocos santiagueses –catedral, casa do Deán, igrexas de Santa Clara, de San Domingos…- acompañado de imaxes ilustrativas. B.Imaxinarque es un/unha guía de turismo que acompaña a un grupo de turistas polacidade. Neste caso, sobre un plano de Santiago, marcar o itinerario a seguir e os edificios a visitar, xuntando o texto do que sería a túa explicación sobre o que se está a visitar.
PROCESO Calquera que fose a opción elixida, o traballo debe dar resposta a cuestións como: -Que elementos caracterizan e singularizan ao estilo barroco compostelán? -Con que materiais están construídos os edificios? Facilitan ou dificultan a decoración? -Cales son os edificios máis significativos? -Que arquitectos destacaron? -Como son os retablos das igrexas? Con que materiais están realizados?
RECURSOS Actualmente, en Internet escasea a información sobre temas relacionados con Galicia, pero para este traballo tes unha boa fonte de información en papel na Gran Enciclopedia Galega . Ademais, podes consultar páxinas web como: http://www.empresas.mundo-r.com/historiadelartepazromero/web/Historia%20del%20arte.htm/11.artebarroco/11.2.arquitecturabarrocaenespanasegundaetapa.htm#compostelano http://www.slideshare.net/arelar/barroco-compostelano http://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/system/files/TEMAXVIBARROCOARQUITECTURA.pdf http://piazzarotonda.blogspot.com.es/2010/03/barroco-gallego.html
CONCLUSIÓNS • Ademais, perfeccionastes o emprego da internet como ferramenta útil para obter información e mellorastes a vosacapacidade de síntese, de expresión escrita e de iniciativa e autonomía persoal. Se o traballo o merece, poderá colgarse no blog para compartilocosvososcompañeiros. Cando teñades rematado o traballocoñeceredesmellor un dos estilos máis representativos de Galicia, ademais de valorar o patrimonio artístico dunhacidade que mereceu a distinción de ser Patrimonio da Humanidade.
AVALIACIÓN Naavaliaciónterase en conta: -O contido do traballo (de 0 a 4 puntos) -A redacción e a expresión escrita (de 0 a 4 puntos) -A presentación e os aspectos formais (de 0 a 1 punto) -A busca e as referencias da información (de 0 a 1 punto) Este traballo, como é voluntario, permitirá mellorar a nota do tema 7 e debe ser entregado, como prazo máximo, o día anterior á data do exame.