1 / 41

Ribadeo 2010-2011

Ribadeo 2010-2011. PROXECTO PEDAGÓXICO - DIDÁCTICO. IMPLANTACIÓN DA XORNADA LECTIVA EN SESIÓN UNICA DE MAÑÁ PARA O CURSO 2010-2011. C.E.I.P GREGORIO SANZ. Avenida de Luarca s/n 27700 Ribadeo. Tel/FAX:982 12 84 48 Correo: ceip.gregorio.sanz@edu.xunta.es

laddie
Download Presentation

Ribadeo 2010-2011

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Ribadeo 2010-2011

  2. PROXECTO PEDAGÓXICO - DIDÁCTICO IMPLANTACIÓN DA XORNADA LECTIVA EN SESIÓN UNICA DE MAÑÁ PARA O CURSO 2010-2011 C.E.I.P GREGORIO SANZ Avenida de Luarca s/n 27700 Ribadeo Tel/FAX:982 12 84 48 Correo: ceip.gregorio.sanz@edu.xunta.es Web: centros.edu.xunta.es/ceipgregoriosanz

  3. Numero de alumnos escolarizados: 398 Número de alumnos transportados: 249 Número de alumnos comensais…… 377 Censo de Familias:..………………... 319 Horario que se propón: 9:35 a 14:35 horas

  4. I OBXECTIVOS DO CENTRO A Comunidade Educativa do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo (Lugo), coa xornada única de sesión de mañá, pretende acada-los seguintes obxectivos:   1) Mellorar o rendemento académico do alumnado,xa que consideramos que a mañá é a etapa do día na que os alumnos/as se atopan máis receptivos, máis despexados e animados para o traballo escolar.

  5. 2) Permitir así no seu propio centro ao alumnado, coñecer e despertar o interés por certas actividades que non se contemplan no programa escolar, que doutro xeito ás veces non teñen oportunidade de coñecer e que pode ser moi importante e productivo no futuro dos nosos alumnos. 3) Aproveitar mellor tódolos recursos e infraestructuras das que dispón o centro.

  6. 3) Mellora-la formación integral do noso alumnadoa través dunha mellor distribución do tempo libre, con actividades culturais e deportivas que estimulan o espírito de equipo e solidariedade por medio desas prácticas. Desta maneira os alumnos poden dispoñer de tempo libre ou de ocio para realizar outras actividades extraescolares que son moi necesarias e satisfactorias para eles, de maneira que el sexa o que elixa aquelas que máis lle conveñan e poida asistir a elas no seu propio centro de ensino, controlado por profesorado do centro.

  7. 4) Facer un mellor aproveitamento edinamización da Biblioteca Escolar, potenciando a animación á lectura, consulta de enciclopedias, etc…  5) Redistribuír o tempo libre, dándolle ó alumnado máis tempo para estudar, xogar e estar cos pais/nais.

  8. 6) Facilitar ao profesorado unha mellor distribución do tempopara a súa formación e reciclaxe. 7) Realizar actividades subvencionadas ou ofertadas polo Concello, polo propio centro e polas ANPAS,en horario de tarde para aproveitar mellor o horario lectivo das mañás para a actividade escolar.

  9. A distribución horaria OBRIGATORIA-LECTIVA na sesión única será a seguinte:

  10. Con este horario de clases está garantizado o cumprimento estricto da lexislación, en Educación Infantil e Primaria, cinco sesións diarias incluíndo os tempos de recreo. Na medida do posible tratarase de que as áreascon maior dificultade sexan nas primeiras horas da mañá, deixando para as últimas horas as que necesiten un menor esforzo intelectual.

  11. 2)COMEDOR ESCOLAR O comedorescolar seguirá funcionando nas mesmas condicións que o ven facendo actualmente según o PLAN DE COMEDOR aprobado polo Claustro, Consello escolar e autorizado pola Delegación de Educación e O.U de Lugo.

  12. Este Servicio Complementario de comedor, funcionará de 14:35 a 15:35 horas e estará atendido polo persoal necesario (actualmente con 10 monitoras - coidadoras) para satisfacer as necesidades do alumnado que fagan uso del. É un servicio xestionado polo centro coa supervisión do Consello Escolar.

  13. 3) TRANSPORTE ESCOLAR O transporte escolar funcionará nas mesmas condicións que o fai actualmente, coas variacións horarias derivadas do cambio da xornada escolar.

  14. · 4) HORARIO DO PROFESORADO • HORARIO LECTIVO: De 9:35 a 14:35 horas • HORARIO NON LECTIVO: O profesorado completará o seu horario de adicación ó centro en sesións de tarde.

  15. Tódolos MARTES, de 16:00 a 18:00 horas é o día elixido para tempo de permanencia de todo o profesorado no centro: 16:00 a 17:00 h: Reunións dos Equipos de Ciclo, Departamento de Orientación, Comisión Coordinación Pedagóxica, Equipo de Normalización Lingüística, Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. 17:00 a 18:00 h: Horario semanal de Titoría para atención a consultas individuais por parte dos pais e nais sobre temas educativos relacionados cos seus fillos/as.

  16. Facilitaráse a relación do profesorado coas familias por medio de reunións globais por titoríasou ciclos, encamiñadas a expoñe-las liñas xerais do plan de traballo (Sempre se convoca a primeira xuntanza a principios de outubro e ó longo do curso as que se consideren necesarias). Irán incluídas na Programación Xeral Anual para o vindeiro curso tal e como se viña facendo.

  17. Tódolos días e mentres se celebren as actividades extraescolares, permanecerán no colexio de16:00 a 17:00 horas, dous profesoresque ostentarán a representación oficial do Centro e manterán en funcionamento a Biblioteca – Videoteca escolar que estará á disposición do alumnado.

  18. 5) ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Realizaránse as actividades complementarias: Magosto, Festival do Nadal, Entroido,…..Saídas escolares e excursións que xa veñen sendo tradicionaisneste centro e aquelas novas que polo seu interese merezan ser incluídas e que se concretarán na Programación Xeral Anual 2010-2011

  19. 6.PLAN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES . As Actividades que se propoñen pretenden un mellor aproveitamento do tempo libre para mellorar a formación integral do noso alumnado, recollendo aqueles aspectos que os programas escolares non contemplan suficientemente. Respectaránse as necesidades de xogo, descanso e convivencia familiar, e na súa programación teránse en conta as características particulares dos alumnos a quen van dirixidas

  20. Terán ademáis as características seguintes: • a)Serán de carácter voluntario. • b)Serán actividades abertas e de interese para todo o alumnado deste Centro. • c)Non terán carácter discriminatorio. • d)Non deberán supoñer unha continuación das actividades escolares. Deberán ser en todo caso lúdico-deportivas. • e) O/a profesor/a destinado na Biblioteca Escolar estará tamén para asesorar, axudar ó alumnado na consulta de datos, traballos en equipo ou para a lectura de libros axeitados a súa idade, e procurando fomentarlle o gusto pola lectura.

  21. LÚNS MÉRCORES XOVES VENRES De 16:00 a 17:00 1.- BIBLIOTECA ESCOLAR: Controlada por un profesor e aberta 1 hora cada día (agás os martes) para a realización de actividades do día seguinte: estudio, traballo, lecturas….  2.- VÍDEO EDUCATIVO: Proxección de documentais que teñan un valor educativo e axeitado a idade dos alumnos. (Controlado por un profesor) ACTIVIDADES GRATUITAS: Propostas polo centro

  22. ACTIVIDADES DA ANPA INFORMÁTICA E MECANOGRAFÍA. MANUALIDADES. TEATRO. MOVEMENTO E HARMONÍA.

  23. ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO ACTIVIDADES DEPORTIVAS. PATINAXE.

  24. No caso de levarse a cabo o Proxecto grazas ó acordo favorable do 58 % do total do censo das familias, sería de aplicación no vindeiro curso escolar 2010-2011.

  25. Maís de 800 centros de EDUCACIÓN INFANTIL E C.E.I.P en Galicia teñen este tipo de xornada que satisface á maioría da Comunidade Educativa.

  26. O C.E.I.P GREGORIO SANZ PASARÍA A SER UN NOVO CENTRO DA ZONA DA MARIÑA NO QUE SE IMPLANTA ESTE TIPO DE XORNADA Á QUE CADA VEZ SE VAN INCORPORANDO MÁIS CENTROS.

  27. Os Servizos Complementarios seguirán sendo os mesmos, ofrecendo ademais actividades atractivas e educativas polas tardes. Todo a alumnado poderá participar nelas voluntariamente sen ningún tipo de discriminación tanto para os que decidan quedarse no comedor escolar como os que volvan despois de comer na casa.

  28. Contamos coa participación nesta votación das familias de 6º CURSO xa que pertencen á nosa Comunidade Educativa e están incluídas no CENSO. Polo tanto teñen que entender que o seu voto é imprescindible para darlle validez a esta votación.

  29. A participación de tódalas familias nesta votación permitirá coñecer mellor o que pensan sobre este tema.

  30. Unha ampla maioría dos membros do CONSELLO ESCOLAR deste centro (con representantes dos pais, profesorado, ANPA, Concello..) votaron maioritariamente SI ó Proxecto.

  31. 2 días antes da votación enviarase dende a Dirección do Centro unha carta a cada familia acompañada da papeleta para votar.

  32. O Censo Electoral estará exposto no taboleiro de anuncios dende o día 1 de febreiro.

  33. O voto será directo, secreto e non delegable, podendo emitir un voto cada familia (pai, nai ou titor legal)

  34. A votación farase diante dunha mesa constituida pola Directora e 4 pais/nais designados por sorteo público.

  35. A VOTACIÓN SERÁ: • VENRES, 12 DE FEBREIRO NA ENTRADA DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO, DENDE AS 10 DA MAÑÁ ATA AS 8DA TARDE.

  36. üNAS VOSAS MÁNS ESTÁ O PODER CAMBIAR ALGO NA ENSINANZA QUE PENSAMOS QUE PODERÍA SER BOA PARA ESTE CENTRO.

  37. PARA CONSEGUILO: • É NECESARIO O VOTO A FAVOR DE 185 FAMILIAS para que este PROXECTO SAIA ADIANTE. • POLO TANTO NON FALTEDES A VOTAR . • ¡É MOI IMPORTANTE!

  38. üESPERÁMOSVOS A TODOS/AS O DÍA 12 DE FEBREIRO. Grazas pola vosa participación neste acto de presentación dun novo proxecto para o curso 2010-2011

  39. CEIP GREGORIO SANZ

More Related