190 likes | 295 Views
1º BACHARELATO. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. PROMOCIÓN A 2º BAC. Promocionarán ao 2º curso os alumnos/as que foron avaliados positivamente en todas as disciplinas e aqueloutros que foran avaliados negativamente nunha ou en dúas materias.
E N D
1º BACHARELATO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
PROMOCIÓN A 2º BAC Promocionarán ao 2º curso os alumnos/as que foron avaliados positivamente en todas as disciplinas e aqueloutros que foran avaliados negativamente nunha ou en dúas materias. Os alumnos/as que non superen todas as materias na avaliación final ordinaria, realizarán as probas extraordinarias (setembro).
MATERIAS COMÚNS EN 2º DE BAC • Historia • Lingua castelá e literatura II • Lingua galega e literatura II • Lingua estranxeira II • Filosofía II
Matemáticas II Física Química / Debuxo técnico II Química Bioloxía Ciencias da Terra e Medioambientais MATERIAS PROPIAS DA MODALIDADE DE CIENCIAS DA NATUREZA E DA SAÚDE
Latín II Historia da arte Grego II / Hª Música Matemáticas aplicadas ás Ciencias sociais II Xeografía Economía e organización de empresas MATERIAS PROPIAS DA MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
MATERIAS OPTATIVAS (a elixir 1) • Segunda lingua estranxeira • Música II • Filosofía da Ciencia • Lit. Galega do Século XX • Hª e Xeografía de Galicia • Literaturas Hispánicas • Xeoloxía • Mét. Estatísticos e num. • Fundamentos de deseño
Título de Bacharelato • Expídese con avaliación positiva en todas as materias. • Ao rematar 2º, os alumnos/as que foran avaliados negativamente en máis de 3 disciplinas do devandito curso ou de ámbolos dous cursos de BAC, deberán repetir curso e serán avaliados naquelas materias de 1º, se é o caso. • Os alumnos/as con 3 ou menos materias pendentes de 2º ou de ámbolos dous cursos deberán de cursar únicamente estas disciplinas. • Considérase unha soa materia aquela que se curse con idéntica denominación nos dous cursos de BAC. • A nota media de BAC será a media aritmética das cualificacións de todas as disciplinas que compoñen os dous cursos. Relixión non computa a efectos de acceso á universidade nin para a obtención de bolsas.
Qué facer ao finalizar o BACHARELATO 1.- Estudos UNIVERSITARIOS: • Accédese mediante PROBA (PAU) • Duración de 3 a 6 cursos • Titulacións: diplomaturas, enx. Técnicas, licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas... 2.- Ciclos formativos de GRAO SUPERIOR 3.- Ensinanzas ARTÍSTICAS • Artes PLÁSTICAS E DESEÑO • MÚSICA (4 ou 5 cursos) E DANZA (4 cursos, non se imparte en Galicia) • Arte DRAMÁTICA (4 cursos) • Conservación e RESTAURACIÓN de bens culturais 4.- Outras ensinanzas: idiomas, Forzas Armadas, piloto, azafata... 5.- Ensinanzas deportivas
ESTUDOS UNIVERSITARIOS • ESTRUTURA DAS ENSINANZAS: • Ensinanzas de 1º CICLO (estudos básicos, sen título terminal) • Ensinanzas SÓ de 1º CICLO(diplomaturas, Arquitectura Técnica, Enxeñerías Técnicas, mestre) • Ensinanzas de 1º e 2º CICLO: Licenciaturas, Arquitectura, Enxeñerías • Ensinanzas SÓ de 2º CICLO (especializadas, a partir do 1º ciclo) • Ensinanzas de 3º CICLO: conducentes ao título de DOUTOR • TITULACIÓNS: • OFICIAIS: válidas para todo o territorio nacional • PROPIAS de cada universidade. Non sempre teñen validez plena. Os títulos propios aos que conducen non teñen os efectos académicos nin comportan a habilitación para o exercicio profesional que as disposición legais recoñecen aos títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
ESTRUTURA BASEADA NA INTEGRACIÓN DO S.U. ESPAÑOL NO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR • 1º Ciclo: Título de Grao correspondente Capacitación para o exercicio da actividade profesional • 2º Ciclo: Título de Máster Especialización académica ou profesional ou inicio en tarefas investigadoras • 3º Ciclo: Título de Doutor Cursos, seminarios ou outras actividades dirixidas á formación investigadora + Tese de doutoramento 5 plans de estudo conducentes á obtención dos novos títulos oficiais de Grao adaptados ao Espazo Europeo de E. Superior: • UDC: Terapia Ocupacional e Socioloxía • USC: Ciencias Políticas e da Administración e Matemáticas • UVIGO: Belas Artes IMPLANTACIÓN DO EEES EN ESPAÑA: CURSO 2010-2011
PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU) • Versará sobre os contidos das materias de 2º de BAC. Poderá participar alumnado en posesión do título de BAC. • 1ª parte da proba: Materias comúns de 2º BAC. 4 exercicios • Composición dun texto de carácter histórico ou filosófico. • Análise dun texto en idioma estranxeiro, da linguaxe común, non especializada. • Análise e comprensión dun texto de lingua castelá e literatura. • Análise e comprensión dun texto de lingua galega e literatura.
2ª parte da proba: Materias propias da modalidade. De carácter específico. Versa sobre tres materias propias de modalidade. Entre elas incluiranse necesariamente as dúas materias vinculada a cada vía de acceso, e a terceira elixiraa libremente o estudante entre as propias de modalidade cursadas. Deberá examinarse das seguintes disciplinas, vinculadas ás vías de acceso que se sinalan: • Vía científico-tecnolóxica: Matemáticas e Física • Vía ciencias da saúde: Bioloxía e Química • Vía humanidades: Latín e Historia da arte • Vía ciencias sociais: Matemáticas aplicadas ás CC. Sociais e xeografía • Vía artes: Debuxo artístico e Historia da arte
CUALIFICACIÓN GLOBAL DA PROBA: Será a media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas partes. CUALIFICACIÓN DEFINITIVA: A cualificación definitiva para o acceso á universidade calculase ponderando un 40% a cualificación da proba e un 60% a nota media do expediente académico do/a alumno/a no bacharelato.
Número de convocatorias: 4, como máximo Repetición das PAU para mellorar a cualificación: O/a alumno/a que teña superada a proba de acceso á universidade poderá presentarse de novo en sucesivas convocatorias, ordinarias e extraordinarias, coa finalidade de mellorar a súa cualificación. A cualificación global obtida nas convocatorias para mellora de nota será tida en conta únicamente se é superior á outorgada anteriormente.
AS MATERIAS NA UNIVERSIDADE Os plans de estudos están compostos por materias. Cada materia consta dun número mínimo de créditos (1 crédito equivale a 10 hrs. de clase). 4 tipos de materias: • Troncais: Son obrigatorias nos plans de estudo dunha mesma titulación en todas as universidades do Estado español. • Obrigatorias: Son establecidas por cada universidade. • Optativas: Son as que elixe o alumno, de acordo coas súas preferencias e intereses, entre aquelas que se ofertan nos plans de estudo da titulación. • De libre configuración: Son materias que o estudante elixe libremente para a configuración do seu currículo; pódense elixir materias doutras titulacións.
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR Son ensinanzas que teñen por finalidade a preparación e capacitación para o exercicio profesional. • ACCESO: • Título de Bacharelato ou equivalente • Mediante proba (19 anos ou 18 superado CFGM) • Organízanse en MÓDULOS de contido profesionalizador • FASES: • Formación teórico-práctica no centro educativo • Formación práctica no centro de traballo • DURACIÓN: de 1300 a 2000horas, 2 cursos académicos en xeral • TITULACIÓN: TÉCNICO SUPERIOR
Prazo de presentación de solicitudes de admisión a C.F. • O prazo ordinario será do 17 de xuño ao 2 de xullo, ambos incluídos. • O prazo extraordinario abranguerá dende o día 1 ao 12 de setembro, ambos incluídos.
DECIDE O TEU FUTURO despois de... • REFLEXIONAR sobre as túas posibilidades, intereses, situación persoal ou familiar... • INFORMARTE sobre os estudos ou formación que podes ter ao teu alcance • ANALIZAR e coñecer de cerca o TRABALLO para o que pensas formarte (posibilidades que tes de conseguilo, calidade dese traballo, a túa realización persoal ou como te podes sentir nel...)
O MEU PROXECTO PROFESIONAL • Debo establecer unha orde de PRIORIDADE entre os estudos, traballos ou EMPREGOS (profesións, campos profesionais, ocupacións...) que me poden interesar. • Determino o PERFIL profesional que mellor se axusta ás miñas CONDICIÓNS PERSOAIS. • Trato de COÑECER en profundidade as condicións e CALIDADE desa ocupación ou profesión á que aspiro. • PLANIFICO pasos e ESTRATEXIAS para alcanzala, vendo as miñas LIMITACIÓNS e como superalas. • Establezo PRAZOS adecuados para levalo a cabo. • ACTUALIZO continuamente o proxecto (posta ao día).