140 likes | 288 Views
LITURXIA da EUCARISTÍA. SAÚDO INICIAL. CELEBRANTE: No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. POBO : Amén C. A gracia do noso Señor Xesucristo, o amor do Pai e a comunión do Espírito Santo sexan con todos vós. P. E contigo tamén. ACTO PENITENCIAL
E N D
SAÚDO INICIAL • CELEBRANTE: No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. • POBO :Amén • C. A gracia do noso Señor Xesucristo, o amor do Pai e a comunión do Espírito Santo sexan con todos vós. • P.E contigo tamén.
ACTO PENITENCIAL • C. Irmáns, para celebrarmos dignamente os santos misterios, recoñezamos que somos pecadores. Eu confésome pecador diante de Deus omnipotente e tamén diante de vós, meus irmáns, pois teño pecado moito de pensamento, de palabra, de obra e de omisión. Pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña grandísima culpa. Por iso lle pido á benaventurada Virxe María, a tódolos Anxos e Santos do ceo e a vós tamén, meus irmáns, que roguedes por min a Deus, o noso Pai.
PERDÓN C. Ti que fuches enviado a salva-los corazóns arrepentidos : Señor, ten piedade de nós P.Señor, ten piedade de nós. C. Ti que viñeches chamar ós pecadores : Xto, ten piedade de nós. P.Cristo, ten piedade de nós. C. Ti que estás á dereita do Pai para intercederes por nós: Señor, ten piedade de nós. P.Señor, ten piedade de nós. C. Deus omnipotente teña piedade de nós, nos conceda o perdón dos nosos pecados e nos leve á vida eterna. P.Amén.
GLORIA Gloria a Deus no ceo, e paz ó seu pobo na terra. Noso Señor Deus, rei do ceo, Deus Pai todopoderoso; Louvámoste, bendecímoste, adorémoste, glorificámoste e dámosche gracias, pola túa inmensa gloria. Señor, Fillo único, Xesucristo, Señor Deus, Año de Deus, fillo do Pai. Ti, que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós. Ti, que quíta-lo pecado do mundo, escoita a nosa oración. Ti, que estás á dereita do pai, ten piedade de nós; porque Ti é-lo único Santo, Ti, o único Señor, Ti, o único Altísimo Xesucristo, co Espírito Sto. na gloria de Deus Pai. Amén.
DESPOIS DAS LECTURASLECTOR Lectura de… Palabra do SeñorPOBOGracias a Deus. EVANXELIO • C. O Señor sexa convosco. • P.E contigo tamén. • C. Lectura do Santo Evanxelio según San… • P.Gloria a Ti, Señor Xesús. • C. (…….) Palabra do Señor • P.Louvámoste, Cristo.
CREDO Creo en Deus, Pai Todopoderoso. Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, o noso Señor que foi concebido por obra e gracia do Espíritu Santo, naceu de Santa María a Virxe. Padeceu baixo o poder de Poncio Pilato. Foi crucificado, morto e sepultado. Descendeu ós infernos, ó terceiro día resucitou de entre os mortos. Ascendeu ós ceos e está sentado á dereita de Deus, Pai Todopoderoso. Dende alí virá a xulgar a vivos e mortos. Creo no Espíritu Santo, a Santa Igrexa Católica, a comunión dos Santos, o perdón dos pecados, e a vida eterna. Amén.
PRESENTACIÓN DO PAN • C. Bendecímoste, Señor, Deus do universo. Da túa bondade recibimos este pan, que é froito da terra e do traballo dos homes. Presentámoscho agora para que se nos converta no pan de vida. • P.Bendito sexa Deus, agora e sempre. PRESENTACIÓN DO VIÑO C. Bendecímoste, Señor, Deus do universo. Da túa bondade recibimos este viño, que é froito da vida e do traballo dos homes. Presentámoscho agora para que se nos converta na bebida de salvación. P.Bendito sexa Deus, agora e sempre. C. Pregade,irmáns, para que este sacrificio meu e voso sexa ben aco-llido por Deus Pai omnipotente. P.O Señor acolla das túas mans este sacrificio, para louvanza e para gloria do seu nome, para ben noso e de toda a súa Santa Igrexa. C. Pedímoscho a ti, que vives e reinas por sempre eternamente. P.Amén.
PREGARIA EUCARÍSTICAC.O Señor sexa convosco.P.E contigo tamén.C.Erguede os corazóns.P.Témolos postos no SeñorC.Deámoslle gracias ó Señor, noso DeusP.É digno e de xusticia. SANTO Santo, Santo, Santo es ti, Señor, Deus do universo. Enche-lo ceo e maila terra coa tua gloria ¡Hosanna no ceo! Bendito o que vén no nome do Señor ¡Hosanna no ceo!
DESPOIS DA CONSAGRACIÓN C. Velaquí o misterio da nosa fe. P.Anunciámo-la túa morte, proclamámo-la túa resurrección, ¡ven , Señor Xesús! C.Por El. con El e en El …por sempre eternamente. P.Amén
NOSO PAI C. Guiándonos polos consellos do Salvador e seguindo a súa doctrina, atrevémonos a dicir: Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome. Veña o teu Reino e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. Danos hoxe o noso pan de cada día; perdoa as nosas ofensas, como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal.
C.Líbranos, Señor, de tódolos males e dáno-la paz nos nosos días. Fai que, axudados pola túa misericordia, vivamos sempre libres de pecado e amparados de toda desgracia. Mentres esperámo-la salvación e a volta gloriosa do noso Señor Xesucristo.P. Pois teus son o reino, o poder e maila gloria por sempre eternamente. A PAZ C. Señor Xesucristo,Ti dixéche-los teus Apóstolos: “Déixovo-la miña paz, dóuvo- la miña paz”. Non míre-los nosos pecados senon a fe da túa Igrexa; dígnate darlle a paz e maila unión de acordo coa túa vontade. Pedímoscho a ti, que vives e reinas por sempre eternamente. • P.Amén. • C. A paz do Señor sexa sempre convosco. • P.E contigo tamén. • C. Dádevo-la paz coma irmáns.
AÑO DE DEUSAño de Deus que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós.Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nósAño de Deus que quíta-lo pecado do mundo, dáno-la paz. COMUNIÓN • C. Este é o Año de Deus que quita o pecado do mundo. Felices os convidados á cea do Señor. • P.Señor, eu non son merecente de que entres no meu fogar, mais unha palabra túa abonda para me salvar
DESPEDIDA • C. O Señor sexa convosco. • P.E contigo tamén. • C. Bendígavos Deus Todopoderoso: Pai, Fillo e Espírito Santo. • P.Amén. • C. Podedes ir en paz, e que o Señor vos acompañe. • P.Deámoslle gracias a Deus.