1 / 8

Gris

UNIDADE 02. Gris. Contidos Comunicación 1. Tipos de texto Lingua 1. Tipos de frase 2. Acentuación diacrítica. 2.º ESO | UNIDADE 02 | LINGUA GALEGA E LITERATURA. Gris. 1. Tipos de textos. Os textos descritivos O texto descritivo serve para explicar como é algo ou alguén.

malini
Download Presentation

Gris

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. UNIDADE 02 Gris Contidos Comunicación 1. Tipos de texto Lingua 1. Tipos de frase 2. Acentuación diacrítica 2.º ESO | UNIDADE 02 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  2. Gris 1. Tipos de textos Os textos descritivos O texto descritivo serve para explicar como é algo ou alguén. Segundo a intencionalidade e finalidade pódense diferenciar: -A descrición técnica ou obxectiva. -A descrición literaria ou subxectiva. Tipos de textos descritivos -Descrición de obxectos ou de seres vivos. -Descrición de lugares ou ambientes, denominada topografía. -Descrición de realidades abstractas como sentimentos, sensacións… -Descrición de épocas, feitos históricos ou períodos de tempo, cronografía. -Descrición de persoas. Distínguese entre: • a) Prosopografía. c) Retrato. • b) Etopea. d) Caricatura. 2.º ESO | UNIDADE 02 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  3. Gris Os textos narrativos A narración é un tipo de texto en que se conta unha historia ou suceso que ten lugar nun espazo e tempo determinados. Para facer a análise dunha narración téñense en conta: -Os personaxes. -O espazo. -O tempo. -A acción ou argumento. -O narrador. -A estrutura. 1. Introdución: parte inicial do relato na que se presenta a situación. 2. Nó: momento de maior complexidade da historia. 3. Desenlace: episodio final no que se resolven ou finalizan os conflitos. 2.º ESO | UNIDADE 02 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  4. Gris Os textos expositivos Os textos expositivos ou explicativos transmiten información de xeito obxectivo. -Modalidade divulgativa: informa sobre un tema de interese xeral. -Modalidade especializada: require o coñecemento dunha determinada ciencia ou dunha parcela da mesma por parte do receptor. Os textos argumentativos Un texto argumentativo ten como finalidade persuadir o destinatario do punto de vista que ten sobre un asunto ou convencelo da falsidade dunha opinión previa. Teñen unha estrutura dividida en tres partes: -Tese: expón o feito ou hipótese. -Argumento: conxunto de razoamentos que apoian a tese. -Conclusión: o emisor retoma a tese inicial e demostra a validez da súa formulación. 2.º ESO | UNIDADE 02 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  5. Gris 1.Tipos de frase As frases substantivas Son construcións endocéntricas que teñen como núcleo un substantivo. A súa estrutura é N (núcleo) + MOD (modificador). Destes dous elementos un é obrigatorio, o núcleo, mentres que o outro é opcional, o modificador. Por iso dicimos que é unha construción endocéntrica. A frase adxectiva Ten como núcleo un adxectivo. A súa estrutura é N + MOD (O público permanecía moi tranquilo). Só o núcleo é o elemento obrigatorio. Os tipos de unidades que poden desempeñar a función de modificador son: O outro adxectivo, un adverbio, unha frase preposicional e unha cláusula. As funcións sintácticas que pode desempeñar dentro da cláusula son: • Atributo. • Complemento predicativo do suxeito. • Complemento predicativo do complemento directo. 2.º ESO | UNIDADE 02 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  6. Gris A frase adverbial A frase adverbial é, como xa vimos, una frase endocéntrica que ten como núcleo un adverbio ou unha locución adverbial. A súa estrutura é a mesma que a das frases substantivas e a das frases adxectivas. Ademais do núcleo, pode haber un modificador que o acompañe. Os tipos de unidades que poden desempeñar a función de modificador dunha frase adverbial son: • Un adverbio. • Unha frase preposicional. • Unha cláusula. Dentro da cláusula as frases adverbiais desempeñan a función de Complemento Circunstancial. 2.º ESO | UNIDADE 02 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  7. Gris 2. Acentuación diacrítica 2.º ESO | UNIDADE 02 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  8. Gris 2.º ESO | UNIDADE 02 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

More Related