1 / 40

MOLUSCOMANÍA

MOLUSCOMANÍA. CURSO 2008-2009. 5º NIVEL E.P. Este é un traballo sobre caparazóns de algunhas das especies de Equinodermos e Moluscos que as nenas e nenos de Quinto Nivel de Primaria conseguimos reunir, e sobre as que aprendemos un montón de cousas.

oceana
Download Presentation

MOLUSCOMANÍA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. MOLUSCOMANÍA CURSO 2008-2009 5º NIVEL E.P.

  2. Este é un traballo sobre caparazóns de algunhas das especies de Equinodermos e Moluscos que as nenas e nenos de Quinto Nivel de Primaria conseguimos reunir, e sobre as que aprendemos un montón de cousas. Con elas montamos unha exposición na aula que amosamos ao resto da escola. A exposición rematouse, pero con estas fichas elaboradas por nós mesmos na clase de Informática queremos deixar recollidos os nosos coñecementos, para que outras persoas tamén poidan aprender as cousas que nós averiguamos.

  3. PARTES DUNHA CARACOLA (conxunto de voltas) última volta embigo )

  4. ESPECIES • Estrela de mar • Ourizo de mar Equinodermos • Botuto • Buguina • Cañadilla • Caracola Tonel • Casco Morro de Boi • Cono • Delfínula • Porcelana • Torrecilla Moluscos  Gasterópodos

  5. ESTRELA DE MAR • NOME COMÚN: Estrela de mar. • NOME CIENTÍFICO: Asterias rubens. • FAMILIA: Asteriidae. • DESCRICIÓN: Soen ter 5 brazos en forma de raios, que saen do centro da estrela. Non teñen cabeza nin cola. Teñen simetría radial e un estómago que é reversible. • ALIMENTACIÓN: Moluscos e crustáceos.

  6. HÁBITOS E COSTUMES: Cúbrese de espiñas coa función de defenderse dos seus depredadores. LUGAR DE ORIXE: Ubícanse no Atlántico e no Mediterráneo. UTILIDADE: Realizan a función de limpar os fondos. CURIOSIDADES: Existen fai 500 millóns de anos. Teñen a propiedade de rexenerar un exemplar novo a partir de unha das súas partes. Algunhas desprenden reflexos.

  7. OURIZO DE MAR NOME COMÚN : Ourizo de mar. NOME CIENTÍFICO: Paracentrotus libidus. FAMILIA: Echinidae. DESCRICIÓN: Especie de equinodermo regular de corpo globoso e algo comprimido no sentido do seu eixe de simetría . ALIMENTACIÓN: Aliméntase de moluscos, crustáceos e outros invertebrados.

  8. HÁBITOS E COSTUMES: Aparece case sempre formando bancos ou grupos numerosos. Adoitan escava-las rochas brandas formando una cavidade semiesférica na que se instala. LUGAR DE ORIXE: Costas atlánticas e mediterráneas. UTILIDADE: Nestas especies a parte comestible está constituída polas cinco gónadas que se atopan na zona superior e baixo o caparazón, rodeando o ano.

  9. BOTUTO NOME COMÚN: Botuto. NOME CIENTÍFICO: Strombus gigas FAMILIA: Strombidae DESCRIPCION: É unha especie de caracol mariño, comestible e moi grande. ALIMENTACIÓN: Aliméntase de algas. HÁBITOS E COSTUMES: A femia pon de 180.000 a 460.000 ovos. Moi de vez en cando atópase unha perla no centro dun manto do animal. Vive nos pastos de algas mariñas.

  10. LUGAR DE ORIXE: Por todo o Caribe, ata nas costas de Mexico, Florida e nas Bermudas. UTILIDADE: En Venezuela a carne a comen fervida e venden o caparazón aos turistas, tamén usan os bordes para facer coitelos, garfos, machadas, etc. Outro uso dos caparazóns é para facer camafeos, uns medallóns que levaban os ricos antes. CURIOSIDADES: Recibe tamén outros nomes: Vaca, Guarura, Cuncha Raíña ou Cuncha Rosa. Debido á sobreexplotación da especie, nestes momentos está case extinguida nas costas do continente, quedando só en algunhas illas do Caribe. Video: Strombus. http://www.youtube.com/watch?v=cIHZ2_xuNKM

  11. BUGUINA NOME COMÚN: Buguina. NOME CIENTÍFICO: Charonia lampas lampas. FAMILIA: Cymatidae. DESCRICION: É a maior especie de gasteropodo do Mediterráneo. Ten unha cuncha moi robusta, de ata 40 cm de altura e 15 cm de diámetro. ALIMENTACIÓN: Aliméntase de ourizos e estrelas de mar.

  12. LUGAR DE ORIXE: Vive no Mediterráneo e no Atlántico, dende Canarias ata o golfo de Vizcaya. UTILIDADES: Usábana os mariñeiros como buguina, de aí o seu nome, para avisar da chegada dos barcos, no medio da néboa, etc. CURIOSIDADES: A súa presenza nos fondos da rexión é cada vez máis escasa.

  13. CAÑADILLA NOME COMÚN: Cañadilla NOME CIENTIFICO: Bolinus brandaris FAMILIA: Muricidae DESCRICIÓN: Mide de 6 a 8 cm. A cuncha ten espira baixa e sutura impresa. A última volta é ampla con seis ou sete varices e dúas filas de espiñas. Canal sifonal recto e longo. Beizo externo groso co borde enrugado. O beizo corumelar forma un callo parietal na parte superior. Cor de amarelo a pardo, abertura pardo-vermella. ALIMENTACIÓN: A Bolinus brandaris aliméntase de carroña e outros moluscos aos que ataca coa súa potente rádula.

  14. HÁBITOS E COSTUMES: Atópase en fondos areosos e con pedras cuxas superficies están cubertasde algas. LUGAR DE ORIXE: Mediterráneo e África Noroccidental. UTILIDADE: Segrega unha substancia de cor púrpura que os fenicios, romanos e os gregos utilizaban para tintar teas de persoas importantes (esta tintura chámase tintura de Tiro). CURIOSIDADES: Pola disposición das espiñas tamén recibe o nome de “Peite de Venus”.

  15. A PURPURA DE TIRO Segundo unha antiga lenda fenicia, o dios Melqart atopábase paseando unha mañanciña coa ninfa Tyrus e o seu can, por unha das praias próximas á cidade de Tiro. Como calquera outro animal, o can correteaba pola praia, ladrándolle ás ondas e cheirando as cousas, ata que atopou un destes caracois e o mordeu. O fociño do can tinguiuse rapidamente dunha cor púrpura moi forte, e Tyrus, instou a Melqart para que lle conseguira un vestido da mesma cor, pois quedara fascinada coa púrpura que a mordida do can parecía ter producido. Así é como os fenicios explicaban a orixe dun dos produtos máis lucrativos cos que comerciaban, e que aínda hoxe en día, máis de tres mil anos despois, continúa sendo único. Os aristócratas gregos e romanos adoptaron esta cor como un símbolo da súa posición social e existen incluso crónicas históricas que describen o barco real de Cleopatra, raíña de Exipto, cunha velame coloreada enteiramente con púrpura de Tiro.

  16. CARACOLA TONEL Hélices e espirais son algunhas das formas máis presentes na natureza: vense nos núcleos de furacáns, nas flores dos xirasoles, nos cornos de algúns animais e nas cunchas de caracois. As espirais das cunchas mariñas son tamén un modelo xeométrico apreciado polos artistas. Entre os moluscos con espirais, a Caracola Tonel é especialmente notable.

  17. NOME COMÚN : Caracola tonel. NOME CIENTÍFICO: Tonna galea. FAMILIA: Tonnidae. DESCRICIÓN: Mide de 10 a 30 cm. Ten a cuncha lixeira e fina con espira baixa ALIMENTACIÓN: Grandes equinodermos, vermes, caracois máis pequenos e bivalvos.

  18. HÁBITOS E COSTUMES: Atópase nos fondos fangosos e detríticos. Vive a 30 m. de profundidade. LUGAR DE ORIXE: En todas as costas. UTILIDADE: É comestible. CURIOSIDADES: Atopouse en 1758. Descubriuno Linneo. Video: Walk of a Giant Tun (Tonna Galea) at Kas, Turkey. http://www.youtube.com/watch?v=DSWQIbk4_7M

  19. CASCO MORRO DE BOI NOME COMÚN: Casco Morro de Boi. NOME CIENTÍFICO: Cypraecassis rufa. FAMILIA: Cassidae DESCRICIÓN: Son coloridas e robustas, miden sobre 10 a 15 cm pero algunhas poden chegar a medir 30 cm. A cuncha é grosa e pesada, con espiral baixa. A última espiral ten tubérculos grandes e redondeados. ALIMENTACIÓN: Aliméntanse de ourizos e estrelas de mar do seu mesmo tamaño, e tamén de vermes, bivalvos ou caracois de mar.

  20. HÁBITOS E COSTUMES: É unha especie submareal. Atópase xunto aos arrecifes de coral. Vive en fondos areosos, dos que sae pola noite para cazar. LUGAR DE ORIXE: Vive na zona tropical dos Océanos Índico e Pacífico, agás en India e Hawai. UTILIDADE: Pódense facer camafeos. Video: Big shell- Cassidae. http://www.youtube.com/watch?v=Fc2_rvCogSw

  21. CONO NOME COMUN: Cono de mar. NOME CIENTÍFICO: Conus pulcher. FAMILIA: Conidae. DESCRICIÓN: Pode medir de 10 a 20 cm. Non son todos iguais. Teñen a cuncha sólida e pesada. Coloración e debuxos variables. ALIMENTACIÓN: Aliméntanse de vermes que atopan na area, ostras, moluscos (ás veces dos seus propios conxéneres) e por último, de peixes.

  22. HÁBITOS E COSTUMES: Os conos que comen peixes teñen un veleno maís forte que os que se alimemtan de vermes. LUGAR DE ORIXE: África e mares próximos. UTILIDADES: Da familia dos conos extráense productos que se usan como analxésico en enfermidades dos sistema nervioso e no tratamento da dor, cunha eficacia portentosa. CURIOSIDADES: Soe falarse deles sen coñecelos. Os conos velenosos sen embargo representan un grupo fascinante. Algunhas especies poseen un veleno, que inxectan disparando un minúsculo arpón, capaz de matar a un ser humano.

  23. Videos: • Coneshell vs fish. http://www.youtube.com/watch?v=tWwebIIAQR4 • Conus Geographus. http://www.youtube.com/watch?v=8aprazOOvBA • Textile conus hunt. http://www.youtube.com/watch?v=eJbDybBjVec • Poison in a Cone. http://www.youtube.com/watch?v=BMOSvz5mThM

  24. DELFINULA NOME COMÚN: Delfínula. NOME CIENTIFICO: Angaria Delphinulus. FAMILIA: Turbinidae DESCRICIÓN: Mide de 4 a 7 cm. Ten a cuncha robusta con espira baixa. Última volta con tres fileiras de espiñas curvas. De cor rosa ou pardo oscuro e abertura amarela.

  25. ALIMENTACIÓN: Peixes, etc. HÁBITOS E COSTUMES: Habitan os arrecifes de coral en augas profundas. LUGAR DE ORIXE: Viven nos mares de China, Xapón e Filipinas. CURIOSIDADES: As espiñas curvas son un excelente sistema defensivo.

  26. PORCELANA NOME COMÚN: Porcelana ou Caurí. NOME CIENTÍFICO: Cypraea tigris. FAMILIA: Cypraeidae. DESCRICIÓN: As Cypraeas, tamén chamadas porcelanas, constitúen a familia das cunchas mais apreciadas, pola súa gran beleza e lustroso aspecto. A súa brillante superficie, así como a gran variedade de cromatismo que presentan, non permiten que pasen desapercibidas aos nosos ollos. ALIMENTACIÓN: Aliméntanse de corais e de algas.

  27. HÁBITOS E COSTUMES: Vive nas augas temperadas e pouco profundas dos arrecifes, a menos de 35 metros de profundidade. Viven baixo as rochas coralinas, sobre fondos areosos ou sobre as algas. LUGAR DE ORIXE: No fondo dos mares do Índico e do Pacífico. UTILIDADES: Antigamente algunhas especies de porcelanas as utilizaban como moedas para pagar. CURIOSIDADES: Xeralmente é activa durante a noite.

  28. OU TORRECILLA NOME COMÚN: Torrecilla. TURRITELLA NOME CIENTÍFICO: Turritella terebra. FAMILIA: Turritellidae.

  29. DESCRICIÓN: Cuncha cónica, estreita e alta, puntiaguda, que pode chegar a 6 cm de lonxitude. Ten unhas 20 voltas de espira, cada unha con 3 -6 crestas ou costelas (ten forma de cono). ALIMENTACIÓN: Sedimentívoro e comedor de algas. HÁBITOS E COSTUMES: Vive en fondos areosos ata en zonas moi profundas. LUGAR DE ORIXE: Indopacífico occidental e Pacífico sudoccidental. CURIOSIDADES: Carece de embigo. Ten numerosos pelillos.

  30. OUTRAS ESPECIES DA EXPOSICIÓN Turbo haynesi Trochus erythraeus

  31. Lambis lambis O. Índico – O. Pacífico 28 cm.

  32. Cassis cornuta O. Índico – Pacífico De 15 a 39 cm. Lambis scorpius O. Índico De 9 a 20 cm.

  33. Nautilus pompilius Único cefalópodo con cuncha externa.

  34. AS CARACOLAS NA POESÍA,… CARACOLA A Natalita Jiménez Me han traído una caracola. Dentro le canta un mar de mapa. Mi corazón se llena de agua con pececillos de sombra y plata. Me han traído una caracola. Federico García Lorca BUGUINAS Na punta do Roncudo hai unha buguina de prata para escoitar ao lonxe o barco pirata. Na lagoa de Traba hai unha caracola encaracolada para escoitar os habitantes da cidade asolagada. E na praia de Nemiña hai unha caracola pequeniña que sabe do mar milleiros de adiviñas. Xoán Babarro

  35. E TAMÉN NA MÚSICA,... Steve Turre, trombonista californiano, interpreta jazz utilizando como instrumentos varios tipos de caracolas. • Videos: • Steve Turre plays Shells. http://www.youtube.com/watch?v=IIfDyDYqGyE • STEVE TURRE (United nations orchestra). http://www.youtube.com/watch?v=tFQAbr-uYFI • Steve Turre: Sanctified Shells. http://www.youtube.com/watch?v=8Xs2T6dJx50 • DOCUMENTACIÓN • BIBLIOGRAFÍA: • Arianna Fulvo e Roberto Nistri. MOLUSCOS. Ed. Grijalvo. Barcelona, 2006. • Miranda MacQuitty. OCÉANOS. Ed. SM. Madrid, 1997. • ENCICLOPEDIA VISUAL DE LOS SERES VIVOS. Ed. El País-Altea. Barcelona, 1993. • Calros Silvar. OS MOLUSCOS. Ed. A Nosa Terra. Vigo, 1997. • Rosa Ramonell. GUÍA DOS MARISCOS DE GALICIA. Ed. Galaxia. Vigo, 1985. • WEB SITES: • -Seashell Identification Guide. http://www.seashells.org/seashells/seashellidentificationguide.htm • MALAKOS. http://www.eumed.net/malakos/index.html • Gasterópodos. http://gasteropodos.blogspot.com/ • M@re Nostrum. http://marenostrum.org/vidamarina/index.htm • www.shells.it

  36. Este é un traballo da aula de 5º de E. Primaria do CEIP “A Rúa” de Cangas, feito no primeiro trimestre do curso 2008-2009. • Investigaron: • ESTRELA DE MAR: Andrea Chapela e Nagore Iglesias. • OURIZO DE MAR: Laura Bouza e Noelia Graña. • BOTUTO: Sara Pastoriza e Carolina Sechi • BUGUINA: Anxela Fernández e Braihan Prieto. • CAÑADILLA: Caetano Eirea e Marta Serantes. • CARACOLA TONEL: Luis M. Carnero e Miguel Paz. • CASCO MORRO DE BOI: María Ignacio e Patricia Molanes. • CONO: Laura Moreira e Patricia Piñeiro. • DELFÍNULA: Ruth Fariña e Alba Francisco. • PORCELANA: Sergio Martínez e Denis Sotelo. • TORRECILLA: Yago Estévez e Fco. Javier Mariño. • Mestre: Luis Mª Pérez

  37. AGRADECEMENTOS: • A todos o nenos e nenas, mestres e mestras, pais e nais que asistíchedes á exposición e presentación do noso traballo, porque nos motiváchedes a esforzarnos para facelo mellor. • Á Profe Celia, porque se preocupou de que non esqueceramos que tamén hai fermosas caracolas na Literatura. • Á todas as familias que colaboráchedes aportando exemplares e coñecementos sobre os moluscos, con especial mención para a familia de Sandra Lorenzo González coa súa espontánea e inestimable aportación que nos permitiu coñecer e disfrutar da beleza de singulares especies das profundidades mariñas. • A todos e a todas,… ¡MOITAS GRAZAS! • Luis Mª Pérez e alumnado de 5º • CEIP “A RÚA” - CANGAS

More Related