1 / 7

Obxectivos

As paisaxes que atopamos nas nosas localidades poden ser tan diversas como interesantes. Coñecer o papel que xoga cada unha delas no equilibrio da natureza, é esencial para valorar as nosas actuacións no medio.

ori-moss
Download Presentation

Obxectivos

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. As paisaxes que atopamos nas nosas localidades poden ser tan diversas como interesantes. Coñecer o papel que xoga cada unha delas no equilibrio da natureza, é esencial para valorar as nosas actuacións no medio. O sistema de traballo baséase na aprendizaxe a través do descubrimento. Durante a saída de campo os estudantes terán que caracterizar a paisaxe de estudo, a través do contacto directo co medio. Unha vez na aula, disporán dunha Guía de Actividades Avaliativas, que permitirán continuar o proceso formativo.

  2. Obxectivos • Desenvolver a capacidade de empregar os sentidos comounha ferramenta para a percepción da paisaxe • Aprender a clasificar as paisaxes entre naturais, rurais ou urbanas • Coñecer as diferenzas entre os elementos bióticos, abióticos e antrópicos • Comprender os procesos de transformación da enerxíae da materia • Coñecer as diversas estratexias de supervivencia dosseres vivos en liberdade

  3. Metodoloxía • Fase 1 - Reunión profesores/alumnos: realizaranse no centro escolar, cunha duración media de 50 minutos. Servirán para introducir ós participantes no proxecto. • Fase 2 - Saída de Campo: realizarase nun espazo natural escollido polos profesores. A actividade durará aprox. 4 horas. • Fase 3 – Traballo post-saída:xa na aula, os profesores disporán dunha Guía de Actividades que servirá para avaliar o traballo realizado no campo e asentar os contidos presentados na saída de campo.

  4. Saída de campo Dous educadores de Hidria recibirán ós estudantes no espazo natural escollido. O grupo divídese en 5 grupos de traballo, cada un disporá dunha Mochila co material necesario para realizar a exploración da paisaxe. Durante as 4 horas que dura o traballo de campo, os estudantes terán como ferramentas de traballo, o material de campo e os seus sentidos, que lle axudarán a descubrir todas as incognitas que lles presentan os educadores. • Os grupos deben ter un mínimo de 15 alumnos e un máximo de 35. • Todos os grupos irán acompañados como mínimo dun profesor/a.

  5. Bloque de actividades • Agudizando os nosos sentidos • Os seres vivos, o motor da paisaxe • A enerxía e a materia non se perden, transfórmanse • O medio natural marca as súas propias regras • ¿Que elemento somos dentro da paisaxe? • Cada bloque de actividades contén 3 ou 4 actividades. O número total de actividades pode variar en función do nivel que presente o grupo de traballo.

  6. Coñecementos previos • Coñecer as principais diferenzas entre animais e vexetais • Comprender a importancia que ten a auga nos seres vivos • Coñecer algunhas técnicas de supervivencia animal e vexetal: • camuflaxe, presenza de veleno, simular a aparencia doutro ser • vivo... • Entender o funcionamento das cadeas tróficas • Coñecer o proceso da fotosíntese • Saber diferenciar os distintos tipos de impactos que o ser humano causa na paisaxe • Durante a saída de campo utilizaranse intrumentos de medición como o compás, termómetro, barómetro... Aínda que os estudantes non saiban utilizalos, polo menos, deberían coñecer para que serven.

  7. Contactos Felisa Rey Hidria Ciencia, Ambiente y desarrollo S.L. Tlfn. 663.038.970 ambientum@hidria.es

More Related