160 likes | 285 Views
EDUCACIÓN PRIMARIA. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL I.E.S. As Telleiras - Narón. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (E.S.O.). CONCEPTO: É unha etapa educativa de formación básica e gratuíta, de 4 cursos e que completa o que chamamos ENSINO BÁSICO.
E N D
EDUCACIÓN PRIMARIA ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL I.E.S. As Telleiras - Narón
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (E.S.O.) • CONCEPTO: É unha etapa educativa de formación básica e gratuíta, de 4 cursos e que completa o que chamamos ENSINO BÁSICO. • ACCESO: tendo superados os estudos de Ed. Primaria ou por idade se xa se permaneceu un ano máis na Ed. Primaria. • OBXECTIVOS: • Transmitir ao alumnado os elementos básicos da cultura • Formar na asunción dos deberes e no exercicio dos dereitos como cidadáns e cidadás. • Preparar aos rapaces e rapazas para a incorporación á vida activa ou para acceder a estudos e formación superiores
HORARIOS Nos catro cursos da ESO hai 32 horas horas lectivas semanais. O horario do I.E.S. As Telleiras é o seguinte: De luns a venres de 8:30 a 14:10 Os martes ademais de 16:20 a 18:00 Os recreos son de 10:10 a 10:30 e de 12:10 a 12:30
MATERIAS DE 1º DE ESO Ciencias da Natureza Educación Física Lingua Galega e Lit. Lingua Castelá e Lit. Primeira lingua estranxeira Matemáticas Ciencias Sociais, xeografía e historia Educación plástica e visual Ensinanzas de relixión / Atención educativa
CURSARÁN ADEMÁIS: Segunda lingua estranxeira Proxecto interdisciplinar A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá establecer que a segunda lingua estranxeira non sexa materia obrigatoria para o alumnado que tendo un desfase curricular precise apoios complementarios
MATERIAS DE 2º DE ESO Ciencias da Natureza Educación Física Lingua Galega e Lit. Lingua Castelá e Lit. Primeira lingua estranxeira Segunda lingua estranxeira Matemáticas Ciencias sociais, xeografía e historia Música Tecnoloxías Ensinanzas de relixión /Atención educativa
ADEMÁIS... En 2º de ESO todos os alumnos cursarán a materia de educación para cidadanía e os dereitos humanos na que se prestará especial atención á igualdade entre homes e mulleres En cada un dos cursos de primeiro e segundo os alumnos cursarán un máximo de dúas materias máis que no último ciclo de educación primaria. A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación e a educación en valores traballaranse en todas as áreas
3º CURSO DA ESO: Ciencias da natureza: bioloxía e xeoloxía e física e química Educación física Lingua galega e literatura Lingua castelá e literatura Primeira lingua estranxeira Matemáticas Ciencias sociais, xeografía e historia Tecnoloxías Plástica Música Unha optativa: cultura clásica, obradoiro de iniciativas emprendedoras e segunda lingua estranxeira
4º CURSO DA ESO DEBERÁS CURSAR:ADEMÁIS, 3 DE ENTRE: Ciencias sociais, xeografía e historia Bioloxía e xeoloxía Educación ético-cívica Educación plástica e visual Educación física Física e química Lingua galega e lit. Informática Lingua castelá e lit. Latín Primeira lingua estranxeira Música Matemáticas Segunda lingua estranxeira Tecnoloxía UNHA OPTATIVA, DE ENTRE: Cultura clasica ou obradoiro de iniciativas emprendedoras se non foron cursadas en 3º. Ou, segunda lingua estranxeira, aínda que xa fose cursada en 3º.
TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA Concédese unha vez superadas todas as materias e alcanzadas as competencias básicas e os obxectivos da etapa Poderase conceder cunha ou dúas materias avaliadas negativamente, e excepcionalmente en tres, se acada as competencias básicas e os obxectivos da etapa O título de Graduado en ESO permite acceder a estudos de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE NA E.S.O. INDIVIDUAIS: Reforzo Educativo (RE) Adaptación Curricular (AC) COLECTIVAS: Agrupamentos Específicos Programas de Diversificación Curricular Programas de Ciclo Adaptado
PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR Con carácter xeral, dous cursos Ter D.A. e ter sido obxecto doutras MATD. Ter cursado o 2º curso da E.S.O., non estar en condicións de promocionar ou curso seguinte e ter repetido xa unha vez na etapa Tras cursar 3º, non estar en condicións de promocionar Tras repetir 3º, non superalo Ter cursado 4º da E.S.O. Sen superalo e ter repetido xa unha vez na etapa Que o profesorado considere que hai expectativas razonables de acadar o título con esta medida Conformidade da familia e do alumno/a
PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL Para alumnos maiores de 16 anos ou cumpridos no ano natural de inicio do programa que non acadasen o título de ESO. Excepcionalmente, con 15 anos. Responden a un perfil profesional (unidades de competencia de nivel 1) 3 tipos de módulos: específicos, de carácter xeral e módulos que conduzan á obtención do título de ESO (carácter voluntario, pero obrigatorio para o alumnado de 15 anos). Este último módulo organízase en tres ámbitos: ámbito da comunicación, ámbito social e ámbito científico-tecnolóxico
TITORÍAS Cada grupo de alumnos ten asignado un titor ou titora. Todo o profesor-titor ten no seu horario unha hora fixada de atención a nais e pais do alumnado. Hai unha hora de titoría presencial en cada curso da ESO.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ASESORAMENTO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: PROFESORADO, ALUMNADO E FAMILIAS SOBRE O DESENVOLVEMENTO ACADÉMICO, PERSOAL E A ORIENTACIÓN VOCACIONAL DO ALUMNADO
¿QUÉ NOVIDADES INTRODUCE A LOE? Fálase de 8 competencias básicas que deberá acadar o alumnado ao seu paso polo Ensino Básico. Avaliacións de diagnóstico das competencias básicas ao final de segundo ciclo de primaria e de 2º de E.S.O. Dota a 4º de E.S.O. dun carácter orientador, tanto para os estudos postobrigatorios como para a incorporación á vida laboral Preocupación pola educación para a cidadanía Introdución dos Programas de cualificación profesional inicial Fomento da lectura e potenciación do uso da biblioteca Uso das novas T.I.C. e formación do profesorado neste senso Potenciación das linguas estranxeiras