340 likes | 402 Views
A POESÍA ENTRE 1936 E 1976. XERACIÓN DO 1936 PROMOCION DE ENLACE XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS. GALICIA NO PRINCIPIO DO FRANQUISMO. Uniformización política e lingüística a través da imposición, a censura e o terror. Ensino: principal ámbito de imposición da cultura española.
E N D
A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 XERACIÓN DO 1936 PROMOCION DE ENLACE XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS
GALICIA NO PRINCIPIO DO FRANQUISMO • Uniformización política e lingüística a través da imposición, a censura e o terror. • Ensino: principal ámbito de imposición da cultura española. • Nacionalismo galego: aniquilado ( fusilamentos-Alexandre Bóveda; asasinados en cunetas-Anxel Casal; exilio-Castelao; fuxidos- Alonso Ríos; cárcere-Carballo Calero; silenciados-Otero Pedrayo…) • Economía: retroceso con respecto á tímida modernización iniciada na etapa anterior.Destaca as minas de wolframio, FENOSA (empresa protexida polo réxime que comeza coa construción dos encoros), Celulosas de Pontevedra. A industria conserveira redúcese. Grandes fluxos migratorios (237.000 persoas nos 50) a América Latina e Europa.
Ernesto Giménez Caballero(escritor e ideólogo defensor do rexime). • “¡ Escuchad bien esto y para siempre, niños españoles! ¡Quien de vosotros olvide su lengua española o la cambie por otra, dejará de ser español y cristiano! ¡Por traición contra España y pecado contra Dios! ¡Y tendrá que escapar de España! Y cuando muera, su alma irá a infierno”.
Dámaso Alonso en 1950 • “…o galego é hoxe unha lingua, por un lado rural e por outro poética, e nada máis; que para escribir Ciencia ou Filosofía os galegos terán que escribir en castelán (que o fan estupendamente)”.
1954Os colectivos de emigrantes en América denuncian ante a UNESCO a marxinación e persecución do idioma galego.
A POESÍA GALEGA ENTRE 1936 E 1947 (SILENCIO) • Prohibición das manifestacións culturais galeguistas • A poesía publicada é: - francófila (“viva Franco, que es un santo/ de la Raza Nacional”, “Creo en ti, ¡oh, Franco! Todopoderoso”, “Franco, que al ígneo sol ofusca el brillo”) - ruralizante e sentimental (seguindo a liña da literatura decimonónica máis tradicional).
POESÍA A PARTIR DE 1947 (lento proceso de recuperación) • Cómaros verdes (1947), de Aquilino Iglesia Alvariño. • Colección “Benito Soto” (Pontevedra). Entre 1949 e 1951 editou títulos das principais correntes poéticas da posguerra (Triscos, Poemas do si e o non, Dona do corpo delgado…) • Editoriais “Monterrey” e “Bibliófilos gallegos”. • Xornal “LA Noche”- Suplemento cultural (outubro 1949-xaneiro 1950). • 1950. GALAXIA
CÓMAROS VERDES “Aló en Lamanide,ao pé do río, Nunha leira de cómaros en sombra, Araba unha xugada de bois novos, Os cornos pequeniños, estrelados. Ao facer un cadullo, de repente, a xugada parou. Que paz inmensa, nas maus daquela hora chea de sol, leda como un Mercurio” (…) -Riqueza léxica -Paisaxe e vivir aldeán.
GALAXIA • Editora que vertebra a recuperación da expresión literaria en galego. • Recuperan a tradición cultural de preguerra. • Promoven o estudo da realidade socioeconómica do país (Grial, Revista de Economía de Galicia). • Reintegran á cultura galega autores silenciados ou inseryos na cultura española (Pimentel, Cunqueiro, Fole). • Reivindican a validez do galego como vehículo de alta cultura (ensaio). • Incorporan As novas xeracións (Méndez Ferrín, Xohana Torres…)
TENDENCIAS DA POESÍA DE POSGUERRA • INTIMISTA (ANOS 50) • SOCIAL-REALISTA( ANOS 60) Ademais, hai outras tendencias menores: • NEOTROBADORISMO • HILOZOÍSMO • CLASICISMO OU FORMALISMO CULTURALISTA
XERACIÓN DO 36 • Nacen entre 1910 e 1920 • A guerra civil marca a súa vida e obra. • Seguen o maxisterio da xeración do 25 e do grupo Nós. • É a xeración que serve de ponte entre a literatura de preguerra e os autores máis novos. • Son os que inician o labor cultural e literario na posguerra, loitando contra a censura e a prohibición de usar o galego.
MARÍA MARIÑO • Palabra no tempo • Poesía intimista (relación da voz lírica coa paisaxe; o tempo;a presenza da morte). • Outro título: Verba que comenza
ALVARO CUNQUEIRO • Dona do corpo delgado (neotrobadoresco e intimista) • Herba de aquí e acolá(recolle os poemas escritos despois do 1950). Diálogo cos mitos, personaxes históricos.. nos que se reflexiona sobre a morte, amor, soidade, nostalxia, sempre desde a tristura.
DÍAZ CASTRO • Nimbos • “Penélope” (frustración histórica da sociedade galega). “Un paso adiante e outro atrás, Galicia”. • Intimismo relixioso • Morte, tempo e vida
CELSO EMILIO FERREIRO • Liña social: denunciadora de males sociais como a falta de liberdade, fascismo, guerra…defensa do idioma. • Liña intimista: desacougo existencial, infancia, amor, paso do tempo, a terra… • Liña irónica: segue as cantigas de escarnio e maldicir, a lit. quevediana…
O SOÑO SULAGADO- 1954 • Poesía introspectiva ( o sentido da vida, o tempus fugit, o paraíso perdido da infancia, o amor…) • Poesía social (guerra, emigración vista desde unha óptica positiva e negativa, rural/urbano…)
LONGA NOITE DE PEDRA-1962 (poética do compromiso) • O poeta convértese na voz do pobo para denunciar a situación de Galicia, a emigración, a guerra civil, o capitalismo internacional, o imperialismo norteamericano… • Sinxeleza expresiva, onde importa máis a mensaxe que a forma. • Renovación da linguaxe con rexistros da fala cotiá. • Humor, ironía e sarcasmo
POESÍA SATÍRICA • Viaxe ao país dos ananos-1968 (ataque aos dirixentes da “Hermandad Gallega” de Caracas) • Os autentes-1973 (pseudónimo de Alexis Vainacova) • Cemiterio privado-1973 (epitafios belixerantes e epitafios elexíacos) • Antipoemas-1972(antipoesía: fuxir dos recursos e temas tradicionais).
ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA- 1975 • Poesía intimista coa que volve ás orixes (O soño sulagado) • Nostalxia ante o recordo da infancia e a terra. • Serenidade ante o paso do tempo e a cercanía da morte. • Amor a Moraima. “Moraima:diario de a bordo”.
LUIS PIMENTEL • Autor da xeración do 25 • Publica as súas obras na posguerra (Triscos, 1950 Sombra de aire na herba, 1959) • Lirismo intimista (simbiose con Lugo, presenza de obxectos e instantes íntimos, descrición de interiores suntuosos e decadentes…) • Poesía social: “Cunetas”
PROMOCIÓN DE ENLACE • Nacidos entre 1920-1930 • Xeración sen unidade creativa e ideolóxica, de formación autodidacta. • Aillamento das correntes culturais europeas e descoñecemento da literatura e da cultura galega anterior. • Moitos dos seus escritores/as empezaron a publicar en español. • Sufriron na súa mocidade as consecuencias máis negativas do franquismo. • Predomina neles unha poesía intimista
ANTÓN TOVAR • Arredores -1962 • Poesía existencialista con moitas preocupacións relixiosas ( procura dun deus que o poeta non consegue ver) • A partir dos anos 60, poesía social, sinxela e prosaica.
LUZ POZO GARZA • Poesía chea de luz, optimismo e sensualidade (O paxaro na boca- 1952) • Lirismo presidido pola sombra, o desamor, a angustia e a morte (Verbas derradeiras-1976) • Tamén cultivará a poesía social, pero en menor medida.
XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS • Nados entre 1930 e 1940. • Recuperan o compromiso político na clandestinidade. • Participan nas denominadas “Festas Minervais” • Algúns deles fundan en Madrid a editorial “Brais Pinto”. • Anos 50-poesía existencialista-ESCOLA DA TEBRA- Exploración do EU fronte ao mundo problemático (pesimismo e angustia). • Renovación da linguaxe poética (combina tradición e vangarda)
Influencias de novas formas de expresión artísticas, rebeldes e rupturistas
MANUEL MARÍA • Poesía intimista e existencialista ( Muiñeira de brétemas- 1952) • Paisaxismo (Terra Cha- 1954) • Socialrealismo (Documentos persoaes-1958) • Motivos recurrentes: defensa das clases populares, a lingua e o país, sensibilidade ecoloxista, protesto contra as inxustizas, imperialismo…
UXÍO NOVONEIRA • Poesía dialogante coa paisaxe coureliana, onde hai unha comuñón coa mesma. • Concepción telúrica da natureza. • Os eidos- 1955 • Fonosimbolismo (“o lobo!, os ollos o lombo do lobo!”)
XOHANA TORRES • Do sulco -1959 • Poemario intimista • Amor, morte e soidade • Ritmo e musicalidade • Outros títulos: Estacións ao mar- 1980
XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN • Voce na néboa, 1957 • Existencialismo da Escola da Tebra. • Antoloxía popular, 1972-Heriberto Bens • Mensaxe socio-política, en clave independentista e revolucionaria. • Outros títulos: Con pólvora e magnolias-1976(instropección e compromiso/ culturalismo/ estética novidosa)
ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS • O tempo no espello -1980, recompila trinta anos de poesía. • Sentimento de saudade pola patria, sentida desde Colombia. • Outros títulos: Cantos caucanos 1985, (natureza exótica colombiana), As torres no ar, 1989