100 likes | 233 Views
Francisco Taxes no IES Terra de Soneira. Resumo das actividades dedicadas a Francisco Taxes polo ENDL do IES terra de Soneira durante o curso académico 2008-09. ¿Por qué dedicar un ano a Francisco Taxes?.
E N D
Francisco Taxes no IES Terra de Soneira Resumo das actividades dedicadas a Francisco Taxes polo ENDL do IES terra de Soneira durante o curso académico 2008-09
¿Por qué dedicar un ano a Francisco Taxes? Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) foi un dramaturgo e guionista vencellado familiarmente á parroquia de Cereixo (Vimianzo), onde está soterrado. Pioneiro do teatro galego, é autor da primeira peza teatral representada en galego polo grupo Troula O Velorio (1978). A estrea desta peza -da que se cumpría o 30º aniversario no 2008- supuxo o inicio da actividade teatral en Galicia con carácter profesional. Coincidindo con este aniversario, o ENDL do IES Terra de Soneira decidiu dedicar o curso académico 2008-2009 a lembrar a súa figura.
Actividade de inicio: Presentación do autor á comunidade educativa Acompañando o Calendario 2009, toda a comunidade educativa do IES Terra de Soneira recibiu de agasallo un marcapáxinas conmemorativo do 30 aniversario da estrea d’O Velorio.
Elaboración de paneis informativos sobre a vida e a obra do autor, así como sobre o teatro galego da súa época Estes paneis foron elaborados polo alumnado de 4º da ESO e expostos nos corredores do centro durante o mes de maio, para seren visitados .
Conferencia de Xurxo Taxes Tamén no mes de maio, Xurxo Taxes –fillo do autor e autor da edición da súa obra teatral, visitou o noso centro, acompañado da súa irma e da súa tía, para ter en encontro co alumnado de 1º de Bacharelato a propósito da obra de seu pai.
Algúns momento do acto… Depositando o ramo.. Escoitando o representante do Concello de Vimianzo…
Pequena bibliografía Ademais d’O Velorio (1978), que permaneceu inédita ata que foi incluída na colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, Francisco Taxes tamén é autor de Lenta raigame (1982), Caderno de bitácora (1985) e, xa postumamente, Casta i Albito (2003). Colaborador de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e A Nosa Terra, participou en diversos programas da TVG e de RNE, como “Catro Ventos” (RNE 1) e “O láparo cabileiro” (Radio 4). Foi guionista do conto A tola (1974), de M. Gato; e dos filmes O cadaleito (1976) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Como actor participou nas producións Fendetestas (1975) e La novia de medianoche (1997).