500 likes | 625 Views
RAID en Windows 2003 Server. Curso: Hardware CEFORE: Coruña Profesor: Manuel Vieites Rodríguez Correo: vieites@edu.xunta.es IES: San Clemente Versión: 18-09-2006. Índice. 3. Configuración do equipo 10. Crear volumes simples 17. Crear volume distribuído 19. Estender volumes simples
E N D
RAID en Windows 2003 Server Curso: Hardware CEFORE: Coruña Profesor: Manuel Vieites Rodríguez Correo:vieites@edu.xunta.es IES: San Clemente Versión: 18-09-2006
Índice 3. Configuración do equipo 10. Crear volumes simples 17. Crear volume distribuído 19. Estender volumes simples 23. Crear volumes seccionados (RAID 0) 25. Estender un volume seccionado (RAID 0) 26. Crear volumes reflectidos (RAID 1) 28. Estender un volume reflectido (RAID 1) 29. Converter en dinámico o disco da partición do sistema 30. Estender un volume distribuído 32. Crear volumes RAID 5 34. Estender un volume RAID 5 35. Simulacro de avaría dun disco duro 46. Estender o volume simple do sistema
Discos Básicos & Discos Dinámicos en Windows XP e 2003 Server Introdución. Discos Básicos: O disco pódese dividir en Particións Ademais existe a posibilidade de dividir a carga do SO en dúas particións: ·Sistema: De uns 10 MB (Precargador e NTLDR) ·Inicio: Núcleo (NTOSKRNL.exe) e demais arquivos. Discos Dinámicos: Agora o disco divídese en Volumes. · Volume Simple: Un ou varios anacos dun so disco duro. · Volume Distribuído: Varios anacos de varios discos duros: >2 e < 32 Discos. - Énchense secuencialmente. · Volume Seccionado: Varios anacos iguais de varios discos duros: >2 e <32 Discos. - Os datos divídense en Bandas de 64 KB (RAID 0). - Non é extensible · Volume Reflectidos (So W2003 Server): Espellos de anacos iguais de discos > 2 Discos. - Mirroring ou RAID 1 (Pódese facer ca do Sistema Operativo) · Volumes RAID 5 (So W2003 Server): >3 e < 32 Discos. Non se pode facer coa do Sistema Operativo...
Temos, inicialmente, un equipo con Windows 2003 Server instalado. Vexamos cal é a configuración dos discos duros. Configuración do equipo. Tense un disco duro básico (Disco 0) de 4,88 GB, no que hai creadas unha partición primaria de 4,5 GB (a do Sistema) e con 400 MB libres.
Para facer RAID 5 é preciso ter instalados no equipos 3 discos duros. O primeiro é apagar o equipo. Logo hai que crear 2 novos discos duros virtuais. Configuración do equipo. SEGUINTE
Crearanse dous discos duros virtuais de 2000 MB cada un. Configuración do equipo. SEGUINTE
Empregar sempre expansión dinámica para ocupar o menor espazo real do disco. Configuración do equipo. Para o terceiro disco do equipo faremos a mesma operación
Unha vez creados os discos hainos que engadir ó equipo virtual. Configuración do equipo. Configuración inicial (só disco 0) Agregar o disco duro 1 Agregar o disco duro 2 Configuración do equipo despois de agregar dous novos discos duros
Agora temos que inicializar os novos discos instalados. Tal como se entra na aplicación de administrar discos actívase un asistente para inicializalos e convertelos, se se desexa, a dinámicos. Configuración do equipo. SEGUINTE
De momento non converteremos os discos a dinámicos. Farémolos un a un, e nun certo orde, para comprender, moito mellor, o funcionamento dos discos dinámicos. Configuración do equipo.
Antes de crear un volume hai que converter algún dos discos a dinámico. Comezaremos convertendo o Disco 2. Crear volumes simples. O Disco 2 xa está pasado a Dinámico. Os Discos 0 e 1 seguen sendo Básicos.
¿Que ocorre se pasamos un disco a dinámico e nel xa hai feitas particións, e estas teñen datos? Para comprobalo volvemos a pasar a básico o Disco 2 e creamos unha partición primaria e unha estendida con dúas lóxicas no seu interior; para facelo máis complexo deixaremos espacio libre no interior da partición estendida e espacio libre fora desta: Crear volumes simples. Una vez pasado a dinámico o disco, vese qué fai Windows con esas particións e os espazos libres: Converte a volumes lóxicos todas as particións existentes (sexan lóxicas ou primarias) e “une” os espazos libres. Se oubese datos gardados nas particións, estes non se perderían. Aínda que non se veu todavía, estes volumes así feitos “sí” se poden estender sen problemas; no seguinte exemplo vese como o volume E: esténdese en 400 MB do mesmo Disco 2. Unha vez visto o que pasa coas particións... Eliminaremos todos os volumes simples resultantes desta práctica e seguiremos có que estabamos a facer.
Crearemos un volume simple de 250 MB no Disco 2 chamado SIMPLE_1. Crear volumes simples. Vese que, con un só disco Dinámico, só se poden crear volumes SIMPLES. SEGUINTE
Seguimos coa creación do Volume SIMPLE. Crear volumes simples. O volume Simple SIMPLE_1 xa está creado, formateado e listo para gardar nel o que se desexe.
Crearemos un volume simple de 250 MB no Disco 1 chamado SIMPLE_2. Para facer iso posible hai que converter o Disco 1 a dinámico. Crear volumes simples. Agora crearemos o volume Simple. SEGUINTE
Vese que, con dous discos Dinámicos, xa se poden crear volumes SIMPLES, DISTRIBUIDOS, SECCIONADOS E REFLEXADOS; só para volumes RAID-5 é preciso un terceiro disco duro dinámico. Crear volumes simples. SEGUINTE
Agora o volume SIMPLE_2 xa está creado e preparado para gardar datos nel Crear volumes simples.
Crearemos un volume distribuído de 500 MB con 250 MB do Disco 1 e 250 MB do Disco 2 chamado DISTRI_1. Crear un volume distribuído. SEGUINTE
Crear un volume distribuido. Agora o volume DISTRI_1 xa está creado e preparado para gardar datos nel.
Estender o volume SIMPLE_1 con 250 MB do disco 2. Estender volumes simples.
Vese que ó estender un volume simple cun anaco do disco no que está creado, este volume segue sendo un VOLUME SIMPLE. Ó ir gardando datos no volume irán enchéndoo de xeito secuencial ata ocupalo todo. O volume pódese estender aínda que xa teña arquivos. Estender volumes simples.
Estender o volume SIMPLE_2 con 250 MB do Disco 2. Estender volumes simples.
Vese que ó estender un volume simple cun anaco dun disco duro distinto, este volume simple convértese nun VOLUME DISTRIBUIDO. Ó ir gardando datos no volume irán enchéndoo de xeito secuencial ata ocupalo todo. O volume pódese estender aínda que xa teña arquivos. Estender volumes simples. Ó pasar o Disco 0 de básico a dinámico a partición do sistema pasa a ser un volume simple, pero ese volume simple é especial pois, tal e como se demostrará despois, non se poderá estender.
Crear un volume seccionado de 500 MB usando espazo dos discos 1 e 2 Crear volumes seccionados (RAID 0). SEGUINTE
Aquí remátase coa creación do volume seccionado. Fixarse que o volume créase con dous anacos de dous discos distintos, os datos gardaranse en bandas de 64 kB alternando o disco 1 e o disco 2. Se un disco dos dous falla todos os datos se perderán. Crear volumes seccionados (RAID 0).
Un volume seccionado non se pode estender. Estender un volume seccionado (RAID 0).
Crear un volume reflectido de 250 MB usando espazo dos discos 1 e 2. Crear volumes reflectidos (RAID 1). SEGUINTE
Aquí remátase coa creación do volume reflectido. Fixarse que o volume créase con dous anacos de dous discos distintos, os datos gardaranse nos dous anacos dos discos á vez. Se un disco falla pódese seguir traballando, sen problemas con un só. Crear volumes reflectidos (RAID 1).
Un volume reflectido non se pode estender. Estender un volume reflectido (RAID 1).
Ó converter a dinámico o disco duro 0, o da partición do sistema, requírese reiniciar o equipo. Este é o único disco que require a reiniciación do sistema. Converter en dinámico o disco da partición do sistema. O equipo neste intre se reinicia
Estender DISTRI_1 con 250 MB do disco 0. Estender un volume distribuído.
Vese que ó estender un volume distribuído cun anaco dun disco duro distinto, este volume distribuído segue sendo un VOLUME DISTRIBUIDO. Ó ir gardando datos no volume irán enchéndoo de xeito secuencial ata ocupalo todo. O volume pódese estender aínda que xa teña arquivos. Estender un volume distribuído.
Crear un volume RAID 5 do máximo tamaño posible. Crear volumes RAID 5. SEGUINTE
Crear un volume reflectido de 250 MB usando espazo dos discos 1 e 2. Fixarse que o volume créase con tres anacos de tres discos distintos, os datos gardaranse en bandas de 64 kB (neste caso de RAID 5 con discos, dúas bandas de datos e unha de información redundante. Se un disco falla pódese seguir traballando, sen problemas cós outros dous ata que se restaure por un novo. Crear volumes RAID 5 Os tres anacos de disco duro son iguais. O tamaño efectivo do disco é 2 x (tamaño dun anaco).
Un volume RAID 5 non se pode estender???? Nos libros dise que non, pero có Virtual PC non é posible demostralo pois o número de discos duros virtuais son 3. Estender un volume RAID 5
Exercicio: Tes tres discos duros dinámicos de 2.000 MB debuxa os seguintes volumes: • 1 Volume Simple de 300 MB (M:) no disco 1 • 1 Volume Simple de 300 MB (N:) no disco 2 • 1 Volume Seccionado de 200 MB de tamaño real (O:) • 1 Volume Reflectido de 400 MB de tamaño real (P:) • Agregar ó Volume Simple M: 300 MB do disco 1. • ¿En que tipo de Volume se converte agora M:? • Agregar ó Volume Simple N: 300 MB del disco 3. • ¿En que tipo de Volume se converte agora N:? • 1 Volume Raid 5 de 600 MB de tamaño real (Q:) • 1 Volume Distribuído de 1000 MB de tamaño real (R:) Exercicio de Volumes en Windows 2003. Disco 1 Dinámico 2.000 MB Disco 2 Dinámico 2.000 MB Disco 3 Dinámico 2.000 MB
Comprobaremos que ocorre se o Disco 2 se avaría. O simulacro será moi sinxelo, simplemente o desenchufaremos do equipo. Logo intentaremos ver qué volumes seguen estando operativos (cales non perderán os datos que neles estivesen gardados). E, por último conectaremos un disco novo que permita restaurar os volumes danados pero recuperables. Desconexión do Disco 2: Primeiramente compróbase o estado inicial dos volumes e apágase o equipo virtual. Simulacro de avaría dun disco duro
Desconectar o Disco 2 do equipo virtual (Recordade que na configuración é o Disco duro 3): Simulacro de avaría dun disco duro
Volumes que quedan agora operativos: Simulacro de avaría dun disco duro Dos volumes que tiñan espazo no Disco 2 (o que pon agora Falta), só os volumes REFLE_1 (volume reflectido ou RAID-1) e o volume RAID-5 seguen sendo volumes activos, iso si, son volumes que teñen “erros de redundancia”. Para resolver eses erros hai que instalar no equipo un novo disco duro virtual.
Instalar un novo disco duro virtual. Simulacro de avaría dun disco duro
Inicializar ese novo disco duro para poder traballar con el dende Windows 2003. Simulacro de avaría dun disco duro
Agora só nos falta pasalo a dinámico. Simulacro de avaría dun disco duro
Primeiramente repararemos o volume RAID-5. Simulacro de avaría dun disco duro ¡Ollo!, non aparece na imaxe o Disco 0, que tamén ten unha parte do volume RAID-5
Agora reparamos o volume reflectido (RAID-1). Neste caso en dous pasos, primeiro quitamos o espello. Simulacro de avaría dun disco duro
O segundo paso é agregar un espello dese volume simple. Simulacro de avaría dun disco duro
A reparación do resto dos volumes é imposible, os volumes simples, distribuídos e seccionados non teñen arranxo. Se intentamos reactivar calquera deses volumes non conseguiremos nada. Simulacro de avaría dun disco duro Só nos queda eliminar os volumes para logo desfacernos do disco duro.
Unha vez eliminados todos os volumes do disco que Falta hai que extraelo. Simulacro de avaría dun disco duro A situación final é a seguinte. Os datos do volume RAID-1 e do RAID-5 non se perden, e volven a ter seguridade fronte a avaría dun disco duro.
O volume simple do sistema NON se pode estender. Estender o volume simple do sistema.
Engadir seguridade ó volume do sistema. Se o usuario quere prever a avaría da partición do sistema no equipo servidor debe facerse o seguinte: Para preparar o equipo para este problema hai que facer un espello (RAID1) da partición do sistema (polo que é preciso ter instalados dous discos duros) e, ademais, ter un disquete formateado en Windows 2003 Server cos seguintes arquivos no seu interior: - NTDETECT.COM - NTLDR - Boot.ini O arquivo Boot.ini terá o seguinte contido: [boot loader] timeout=30 default=multi(0)disk(0)rdisk(0)partition(1)\WINDOWS [operating systems] multi(0)disk(0)rdisk(0)partition(1)\WINDOWS="Windows Server 2003, Enterprise" /fastdetect multi(0)disk(0)rdisk(1)partition(1)\WINDOWS="Windows Server 2003, Espello" /fastdetect Se en algún intre se avaría o disco ou o volume de arranque hai que introducir, se é necesario, o disquete así preparado, configurar a BIOS para arrancar dende o disquete e escoller o volume (partición) que aínda estea operativa ¡Ollo!: Se o que se avaría é o disco de arranque ó completo, non só a partición, o rdisk(0) xa non existirá, polo que o rdisk(1) pasa a ser rdisk(0), así que hai que pedirlle ó equipo que arranque dende rdisk(0).
Fin. FIN