1 / 2

FOSAS DE XURRO

FOSAS DE XURRO. Seguinte. Pensándoo ben, para traballar nas fosas de xurro debería vir acompañado. Nas fosas de xurro pódense producir dous procesos que son letais: o envelenamento e a asfixia.

kamil
Download Presentation

FOSAS DE XURRO

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. FOSAS DE XURRO Seguinte Pensándoo ben, para traballar nas fosas de xurro debería vir acompañado Nas fosas de xurro pódense producir dous procesos que son letais: o envelenamento e a asfixia. Por debaixo do 7% de osíxeno no aire, sobrevén a morte por asfixia. Este proceso é o habitual nas mortes acaecidas en depósitos de adegas e lagares. Na fermentación, por unha parte, consómese osíxeno, e, por outra, prodúcense gases como o CO2 ( que é máis denso ca o aire e acumúlase nas áreas deprimidas desprazando o osíxeno). Non obstante, o axente real causante da morte en fosas de xurro é o ácido sulfhídrico que presenta un olor moi característico a ovos podres e que se detecta a concentracións tan baixas como de 0,05 p.p.m. A estes niveis, o ácido satura a pituitaria olfativa en poucos minutos, deixando de percibirse, e convértese nunha sustancia mortal con concentracións de tan só o 0,2%. As mortes soen producirse en tarefas de limpeza. A axitación e turbulencias provocan un súbito afloramento do gas á superficie, podendo alcanzar en segundos concentracións mortais.

  2. FOSAS DE XURRO Medidas Preventivas Anterior Se non quero morrer por asfixia ou envelenamento teño que ter en conta o seguinte: XAMÁIS se baixará a un depósito de almacenamento de xurro sen tomar as seguintes medidas preventivas: .-Baleirar completamente o depósito. .-Ventila-lo depósito totalmente polo menos 24 horas antes. Se existe a posibilidade de ventilación forzada, aplicala. Tras as 24 horas de ventilación e antes de baixar, tirarase un papel aceso ao fondo do depósito. Se este arde normalmente sen que a chama flutúe nin presente coloracións estrañas, pode baixar a persoa. .-Xamáis traballará unha soa persoa. Existirá outra que non descenderá pase o que pase. A que baixe farao atada de tal forma, que se sucedese algo, a outra puidese sacala.

More Related