370 likes | 566 Views
Como organizar un discurso. A COMUNICACIÓN VERBAL: COMO FALAR EN PÚBLICO Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC). Obxectivos do tema. 1.-Saber organizar un discurso 2.-Elaborar unha introducción e unha conclusión eficaz
E N D
Como organizar un discurso A COMUNICACIÓN VERBAL: COMO FALAR EN PÚBLICO Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Obxectivos do tema 1.-Saber organizar un discurso 2.-Elaborar unha introducción e unha conclusión eficaz 3.-Coñecer a maneira de realización dun diagrama como último paso de preparación da exposición.
A oratoria 1.-A oratoria é unha parte da retórica que consiste na arte de falar con elocuencia, é dicir, utilizando a eficacia que teñen a palabra e os xestos para convencer, conmover e persuadir, e que se concreta en discursos, conferencias, exposicións…
A oratoria 2.-A oratoria considérase que naceu en Siracusa (Sicilia) e se desenvolveu fundamentalmente en Grecia, onde foi considerada un instrumento para alcanzar prestixio e poder político.
A oratoria 3.-Isócrates creou unha famosa escola de orotaria en Atenas que tiña un conceto máis amplo e patriótico da misión do orador -debía ser un home instruído e movido por altos ideais éticos a fin de garantir o progreso do Estado-.
A oratoria 4.-De Grecia, a oratoria pasou á república romana, onde Marco Tulio Cicerón (106-43ª.C.) a perfeccionou. Os seus discursos e tratados de oratoria chegáronnos case completos. Durante o imperio, a oratoria entrou en crise pola pouca utilidade nun entorno dominado polo emperador.
A oratoria. Hoxe 5.-Hoxe na sociedade existen constantes oportunidades de falar en público. Esto fai do dominio da oratoria unha ferramenta imprescindible de traballo e de relación. É unha habilidade importante porque permite destacar, potenciar a autoestima ou influir sobre outras persoas.
A oratoria. Hoxe 6.-Unha intervención ten que ir encamiñada para captar –e manter- a atención do público e para facilitar a comprensión da mensaxe. É preciso ter unha meta clara, unha presentación organizada que leve ao público á meta, e un claro entendemento da situación.
A oratoria. Hoxe 7.-Hoxe é preciso analizar a audiencia, planear a presentación, organizar a información e practicar o discurso. O orador ten que cuidar o ritmo da súa intervención, tratando de manter a emoción e a atención do público durante toda a intervención, evitando momentos de gran intensidade, seguidos de momentos de escaso interese.
A oratoria. Hoxe 8.-Hoxe é preciso ser moi consciente de que, cando falamos, amais de utilizar unha linguaxe verbal -o que se dice, como se dice, vocabulario, entonación, énfase…-, tamén utilizamos unha linguaxe corporal que o público capta con igual claridade –xestos, movementos, expresións, posturas…-.
A oratoria. Hoxe 9.-Hoxe falar en público é unha capacidade que se pode cultivar. Calquera persoa, co adestramento adecuado, é capaz de facer un papel neste terreo. Un discurso ben estruturado, con palabras adecuadas, entonación e acentuación oportunas, é algo que se pode aprender.
A oratoria. Hoxe 10.-Hoxe, aínda que non o parece, a mellor improvisación para falar en público segue sendo a “improvisación preparada”. Na maioría dos casos, os grandes discursos dos bos oradores son o resultado de longos anos de prática.
A organización da presentación. O público. • 1.-Coñecer a audiencia permítenos adoptar o noso discurso as súas características. • Sempre que sexa posible debemos solicitar información para coñecer o seu perfil, características e peculiaridades (intereses, obxectivos…). • As decisións que temos que adoptar, en xeral, son: de léxico –máis ou menos técnico-; de selección de exemplos; de anécdotas; de preguntas posibles…
A organización da presentación. A estrutura xeral. • 2.a.-En xeral, as presentacións ou discursos organízanse arredor dunha estrutura de tres partes: introducción ou presentación, corpo ou desenvolvemento e conclusión. • Sempre se dixo que un discurso debe transmitir ao público o que lles vas contar –introducción-, o que lle dices –corpo- e comunicarlle o que lle acabas de mencionar –conclusión-.
A organización da presentación. A estrutura xeral. • 2.b.-Cada unha das tres partes é necesaria e ten unha función. • Introducción: oportunidade do orador para captar a atención do público e darlle razóns para escoitalo. • Corpo: é a sustancia, o nudo e emprégase para argumentar e demostrar. É a parte máis larga e detallada. Por iso hai que organizala ben para que o público a siga ben e entenda o contido. • Conclusión: Última oportunidade de impresionar ao público e para que recorde a mensaxe central.
A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.-Hai varias formas habituais de organizar o corpo do discurso. Sete son básicas: • Cronolóxica, narrativa, espacial, temática, comparativa, con base en causa e efecto, e con base en problema e solución. • A elección da estratexia depende do tema do discurso. Moitos temas preéstanse para o uso de máis dunha estruturas.
A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.1.-Cronolóxica.-Organiza o discurso arredor de etapas ou secuencias de tempo. • Pódese utilizar o tempo de moitas maneiras –nos discursos acerca da historia dunha persoa, dun lugar ou dun evento-. • Un discurso de proceso descubre como realizar ou facer algo ó enumerar os pasos esenciais do proceso na orde temporal, do primeiro ao último.
A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.2.-Narrativa.-Organiza o discurso arredor dunha ou máis historias. Habitualmente cóntase unha historia en orde cronolóxico cun inicio, unha parte media e un final. Con frecuencia, inclúese algún dilema ou conflicto que se resolve ó final. • Algunhas veces os oradores utilizan historias persoais e o tratamento do problema como corpo das sús presentacións.
A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.3.-Espacial.-Organiza o discurso arredor de relacións básicas co contexto espacial, como cerca ou lexos, arriba ou abaixo… • Na maioría dos casos, estes discursos acompáñanse coa axuda de material audiovisual que mostra as relacións espaciais e que axuda ao público a seguir a estrutura do discurso.
A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.4.-Temática.-Organiza o discurso arredor de clases ou categorías. A maioría dos temas suxiren clasificacións naturais que dividen o tema de forma lóxica. • Un discurso sobre medios de comunicación, pode organizarse por soportes; por tipos de información temática…
A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.5.-Comparativa.-Organiza o discurso arredor de comparar ou contrastar os diferentes aspectos do tema. • Para comparar, o orador debe seleccionar dous ou máis aspectos distintivos de comparación ou características que resalten as similitudes e diferencias.
A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.6.-Estruturación con base en causa e efecto.-Organiza o discurso arredor das causas dalgúns fenómenos e os efectos que resultan deles. • Un orador que fala da crise dos medios de comunicación, pode falar das causas da crise e dos efectos desa crise para os xornalistas e para os cidadáns.
A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.7.-Estruturación con base a problema e solución.-Organiza a información arredor dun ou máis problemas, e unha ou máis solucións para eses problemas.
A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.d.-Logo de organizar o corpo do discurso –os principais puntos- dunha maneira lóxica, hai que desenvolver cada idea con recursos de apoio que explican as ideas e engadan detalles aos conceptos centrais. • A estrutura básica é o esquelete -sostén a presentación- e os recursos de apoio actúan como texido muscular. • Os testimonios apoian unha idea; as estadísticas reforzan; as definicións precisan; as analoxías…
A organización da presentación. Comezo e final • 2.e.-A introducción –que capta a atención do público e visualiza os principais puntos do discurso-, actúa como un entrante dunha comida, que deixa deseos de máis, mentres o final é a última oportunidade para impactar, para concluir e deixar clara a mensaxe.
A organización da presentación. Os apoios ou as guías • 2.f.-O diagrama é unha sinopse concisa que mostra a estrutura e forma en que se relacionan as ideas e conceptos do discurso. • As formas habituais de organizar un diagrama son por temas, por oracións completas e por conceptos clave. • Hoxe, coas tecnoloxías actuais, tamén hai distintos medios de apoio-guía.
A comunicación responsable • 3.-Un orador responsable trata ao público con cuidado e respeto. • Emprega o sentido do humor de xeito adecuado; evita ridiculizar; alónxase das formas fortes… • De tódolos xeitos, non esquezamos que a maioría das intervencións orais buscan informar e/ou persuadir aos demais.
A comunicación responsable • 3.1-O discurso informativo é o tipo máis común de presentación. • Consiste en proporcionar información de tal maneira que se volva particularmente interesante e útil para o público. • Dos moitos tipos existentes, destacaremos: os descritivos, demostrativos, explicativos e narrativos.
A comunicación responsable • 3.2-Os descritivos poden considerarse os máis directos. Proporcionan detalles respeto a un obxecto ou a un concepto. • Os demostrativos informan explicándolle ao público como facer algo. • Os explicativos enseñan algo ou aclaran un acontecementos ou un desenvolvemento. • Os narrativos empregan o relato ampliado para proporcionar información.
A comunicación responsable • 4.1-Os discursos persuasivos, aínda que inclúen algún elemento informativo, teñen como obxectivo central mudar a conducta do receptor. • Cada un dos catro tipos de discursos informativos –descritivo, demostrativo, explicación e narración- poden trasladarse ao discurso persuasivo. • O que fan é que acentúan os mecanismos para que o público acepte as actitudes ou creencias do orador.
A comunicación responsable • 4.2-Os principais discursos persuasivos son: de reforzo, de convencemento, e de pro-acción. • Os primeiros buscan reforzar as actitudes e as creencias preexistentes; os segundos impulsan aos ouvintes a que acepten feitos discutibles, a que evalúen creencias ou a que apoien accións; e os terceiros piden accións e susténtanse no apoio que o orador gañou para mover ao público a actuar de determinada maneira.
A comunicación responsable • 4.3-O discurso persuasivo que emprega unha secuencia motivada ten cinco etapas: atención, -chamar a atención-, necesidade –responde a porqué debe importarme o tema-, satisfacción –ofrece solucións para resolver o problema-, visualización –mostra os beneficios de facer caso-, e acción –dicir que cousas hai que facer para que as executen de xeito inmediato-.
A comunicación responsable • 5.-Hai que recordar que os abogados están xeralmente ao final das listas da xente na que se confía, pois vincúlase esta profesión -tamén xornalistas, políticos…- coa manipulación, coas presións… • Esto é consecuencia de feitos do pasado e dos efectos de discursos persuasivos que se utilizan de maneira equivocada e que, polo tanto, poden ser engañosos e manipuladores.
A comunicación responsable En definitiva, hai recursos para construir discursos orais responsables –tanto informativos como persuasivos- e discursos orais con consecuencias negativas. Escoitar ao público da sempre ideas para buscar solucións renovadas e compartidas que permitan facer presentacións informativas e persuasivas de futuro e con futuro.
Moitas grazas pola súa atención Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC)