1 / 16

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA. QUE É O EDLG?. É un órgano consultivo e dinamizador do centro para os eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica do colexio.

aizza
Download Presentation

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLEXIO CALASANZ (PP. ESCOLAPIOS) A CORUÑA

  2. QUE É O EDLG? • É un órgano consultivo e dinamizador do centro para os eidos lingüístico e cultural. • Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica do colexio. • A súa creación está estipulada pola Consellería de Educación en todos os centros galegos para que o alumnado domine a nosa lingua ao mesmo nivel que o castelán. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  3. QUEN SOMOS? • Somos un grupo de persoas relacionadas co centro preocupadas pola nosa lingua e interesadas en normalizar o seu uso. • Dentro deste grupo somos entre 10 e 15 profesores que participamos cada ano co EDLG, dependendo do curso, e cada ano contamos cun bo número de alumnos implicado nas nosas actividades e dispostos a colaborar no seu desenvolvemento. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  4. CALES SON AS NOSAS FUNCIÓNS? • Promover actividades que faciliten o noso labor e que fagan extensible a nosa dinamización. • A nosa función primordial é conseguir que o alumnado poida chegar a ser competente na lingua galega e a usala digna e normalmente. • Entre as nosas finalidades está lograr unha valoración positiva do uso da lingua e a mellora da competencia lingüística da comunidade educativa. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  5. ACTIVIDADES: O SAMAÍN e O MAGOSTO Recuperamos estas festas tradicionais para dalas a coñecer entre o alumnado máis novo (Infantil e Primaria) e vivir o outono galego de máis fonda raíz. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  6. ACTIVIDADES: O ENTROIDO Festexamos e damos a coñecer toda a tradición que conleva esta celebración. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  7. ACTIVIDADES: O CORRELINGUA Contamos con rapaces maiores para realizar unha carreira lúdico-educativa a prol do galego. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  8. ACTIVIDADES: AS LETRAS GALEGAS Cada ano elaboramos unha actividade diferente para celebrar este día tan importante na nosa lingua. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  9. ACTIVIDADES: O PROGRAMA DE RADIO • Cada martes lectivo do curso, de 5 a 6 da tarde, podes escoitar o noso programa “A fume de carozo” no 103.4 da FM na comarca da Coruña. • Tamén podes escoitarnos por Internet na páxina web da emisora CUAC FM (cuacfm.org), na sección “En directo”. Podes escoitar todos os programas xa emitidos na páxina www.blogoteca.com/afdcblog EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  10. ACTIVIDADES: A REVISTA CROA Que dicir da revista que non saibades? Como sempre traballaremos para continuar a mellorar esta publicación anual tan esperada polo noso público lector. A revista CROA naceu no curso 1987-88 e sempre se fixo integramente en galego. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  11. ACTIVIDADES: CONCURSO CULTURAL • Concurso de preguntas sobre cultura galega que se celebra o último venres do mes de maio. • Orientado a alumnos de Secundaria e Bacharelato. • Preguntas sobre Arte, Comunicación e Espectáculos, Deportes, Historia, Literatura, Música e Xeografía. • Os premios son de tipo cultural, como libros, películas, discos de música e camisetas con lemas. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  12. DICIONARIO VISUAL • Cada ano, o EDLG escolle unha letra do abecedario e os alumnos de cada aula do colexio fan un mural sobre unha palabra que comeza por esa letra. • Comezamos no curso 2010-2011 coa letra A, como podedes ver na foto. • E o dicionario irá crecendo cada ano. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  13. ACTIVIDADES: PREMIO LITERARIO “FREI MARTÍN SARMIENTO” • Orixinal certame onde os alumnos non deben escribir, senón que deben ler libros xa publicados en galego e facer de xurado puntuando os 3 libros finalistas da categoría indicada para a súa franxa de idade. • Certame de ámbito galego que naceu no ano 2003 no noso centro e no que agora xa participan máis de 8.000 alumnos de numerosos colexios relixiosos de Galicia. • Participan voluntariamente moitos alumnos dende 1º de Primaria ata 2º de Bacharelato, e habitualmente somos o colexio galego con maior número de participantes, sempre por riba dos 600. • Ao final de curso, asistimos xunto con outros colexios ás celebracións de entrega de premios aos escritores gañadores, evento coñecido como “Festa da Lingua”. • É unha actividade de animación á lectura de éxito indiscutible. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  14. ACTIVIDADES: FESTA DA LINGUA • Celebración de entrega de galardóns aos escritores gañadores nas diferentes categorías do Premio Literario “Frei Martín Sarmiento”. • Habitualmente celébrase nalgún lugar do centro de Galicia (Santiago, Silleda, etc.) e ese día xúntanse alí milleiros de rapaces de colexios relixiosos de Galicia para honrar e homenaxear aos escritores galegos que máis lles gustan. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  15. OUTRAS ACTIVIDADES • E ademais de todo o anterior, tamén temos actividades que só puidemos facer nalgunhas ocasións ou que non teñen unha periodicidade tan regular como as anteriores. Poderiamos salientar as seguintes: • Curso de Curtametraxes: veñen expertos a impartirlles un curso para realizar audiovisuais e curtametraxes para poder participar con máis recursos na certame Rec-Curta, organizada polos colexios relixiosos de Galicia. • Coñezamos os nomes das nosas rúas: tríptico no que os nosos alumnos de 5º de Primaria nos ilustran sobre os persoeiros que dan nome ás rúas dos nosos barrios máis próximos. • Folleto con enderezos de Internet: tríptico que informa aos nosos rapaces sobre as páxinas web en galego máis interesantes. • Contos cooperativos: realizados conxuntamente entre todos os alumnos de varias clases e publicados na revista CROA. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  16. Tes varias formas de contactar connosco ou saber que andamos a facer: O noso enderezo electrónico é revistacroa@yahoo.es E tamén temos un blog onde informamos das nosas actividades. Está en http://linguaparaamar.blogspot.com.es CONTACTO CO EDLG EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

More Related