180 likes | 550 Views
O empirismo DAVID HUME. O empirismo. Chámamos empirismo á corrente filosófica inglesa dos séculos XVII e XVIII que afirma que todo coñecemento humano procede da experiencia .
E N D
O empirismo • Chámamos empirismo á corrente filosófica inglesa dos séculos XVII e XVIII que afirma que todo coñecemento humano procede da experiencia. • Óponse ao racionalismo nas súas teses básicas principalmente a do innatismo. Os seus máximos representantes son John Locke, George Berkeley e David Hume. • Locke postulou que a nosa mente é como unha folla de papel en branco (tábula rasa) onde se van imprimindo as nosas vivencias.
Racionalismo Empirismo Berkeley Descartes Spinoza Locke Leibniz Hume
1. Vida e obra • Naceu en 1711 en Edimburgo (Escocia). Era orfo de pai. • Estudou Filosofía en Francia (La Fléche) durante catro anos (1734-1738) onde escribeu o seu Tratado sobre a natureza humana. • Non puido acceder á cátedra de Ética e Filosofía Política na Universidade de Edimburgo por ser considerado herético. • Foi bibliotecarioda Facultade de Avogados de Edimburgo, secretario da embaixada de París e subsecretario do Estado en Londres. • Foi amigo de Rousseau aínda que acabaron enfadados. • Morreu na súa terra natal en 1772, rodeado de amigos como Adam Smith. • As súas principais obras son: • Tratado sobre a natureza humana de 1740 e • Investigación sobre o coñecemento humano de 1748.
2. Distinción impresión/idea • Hume pretendía crear unha ciencia empírica do ser humano, así como Newton creara a ciencia física. As súas investigacións céntranse no entendemento, nas paixóns e na moral. • Con respecto ao coñecemento, Hume parte de dúas preguntas fundamentais: • ¿De que materiais está provista a nosa mente? • ¿Qué uso podemos facer deles? • Hume responde que todos os contidos da nosa mente son “percepcións”. • As percepcións poden ser de dous tipos: impresións e ideas. • As impresións son as percepcións máis inmediatas, actuais, vivas e intensas. As fundamentais son: sensacións, paixóns e emocións. • As ideas son copias das impresións e por eso máis débiles e menos vivas. • Todas as ideas proceden das impresións. Isto proporciona a Hume o método filosófico que impón someter a proba todo concepto ou categoría que se presente, buscando a impresión que é a súa orixe e rexeitándoo se a súa orixe non é unha impresión. Non hai, polo tanto, ideas innatas.
As ideas únense e combinan en virtude das formas de asociación denominadas contigüidade, semellanza e causalidade. A causa da asociación descoñecémola: só coñecemos os seus efectos. • Unha idea pode causar unha nova impresión, pero esta xa non é unha impresión de sensación (orixinal) senón de reflexión. • Tanto as ideas como as impresións poden ser simples ou complexas. • A afirmación de que toda idea procede dunha impresión levou a Hume a criticar algúns conceptos fundamentais da filosofía como o concepto de causa ou de substancia.
3. Verdades de razón e cuestións de feito • "Todos os obxectos da razón e investigación humana poden dividirse en dous grupos: relacións de ideas (relations of ideas) e cuestións de feito (matters of fact). • As proposicións que describen relacións de ideas poden descubrirse por análise racional e son necesariamente verdadeiras independentemente de que se dean ou non na realidade. Nelas o predicado dedúcese loxicamente do suxeito e a súa negación é unha contradicción. As proposicións matemáticas son todas deste tipo. Ex. “A suma dos ángulos dun triángulo equivale a dous rectos” • As proposicións referentes a cuestións de feito non son necesariamente verdadeiras pois o fundamento da súa certeza é a experiencia e non a razón. O predicado xamáis se deduce pola análise do suxeito e a súa negación é posible. É o campo das ciencias empíricas. Ex. “ O calor dilata os corpos”.
Relacións de ideas Cuestións de feito • Sen experiencia, son independentes do que poida ocorrer no mundo • Coñecemento da Matemática e da Lóxica. • Ex. O cadrado da hipotenusa é igual ao cadrado dos lados. • Con experiencia, a súa verdade depende dos feitos, da experiencia. • Coñecemento da Física ou da Historia. • Ex. Mañán vai chover. NEGALO É CONTRADICTORIO NEGALO É POSÍBEL
Fenomenismo e escepticismo • A actitude crítica que desenrola Hume con relación ao coñecemento conduceno a un fenomenismo radical: só coñecemos as nosas percepcións e, polo tanto, a realidade redúcese a puro fenómeno, é dicir, ao que se mostra aos nosos sentidos. • A consecuencia do fenomenismo é a inseguridade no coñecemento, o escepticismo: non hai coñecemento seguro. O escepticismo de Hume non é radical posto que necesitamos crer para vivir pero é necesario para combater o dogmatismo e para establecer os límites do noso coñecemento.
4. Crítica á Metafísica • A esixencia de que a toda idea ten que corresponderlle unha impresión, levou a Hume a criticar os conceptos fundamentais da filosofía como a idea de causa ou a de substancia. • Hume pregúntase: ¿a que impresión corresponden estas ideas? “Se albergamos a sospeita de que un término filosófico emprégase sen significado ou idea algunha (como ocorre con farta frecuencia), só haberá que preguntar de que impresión derívase a suposta idea; e se é imposible asignarlle unha, confirmouse a nosa sospeita.“ (Investigación sobre o entendemento humano) Crítica á idea de causa • Os filósofos entenderon a idea de causa como unha conexión necesaria entre dous fenómenos. Pero non existe ningunha impresión de tal conexión necesaria. • O principio causal non está fundamentado nin na razón nin na experiencia senón no costume de ver un fenómeno seguido de outro. • Polo tanto, a idea de causalidade é unha crencia (belief), non unha certeza. A certeza no coñecemento de feitos futuros fundaméntase nunha crencia que é motivada polo hábito.
“Cremos” que a bola lila movérase se lle damos coa branca porque sempre ocurreu así, pero non podemos estar seguros ao 100%
Crítica á idea de substancia • Non existe unha impresión da idea de substancia. Non é máis que unha colección de ideas simples unidas pola imaxinación. • Os filósofos como Descartes falan de tres substancias (o eu, o mundo e Deus) pero para Hume as tres son falsas posto que non temos impresión ningunha delas. • O eu (alma): • ¿por qué creo que son a mesma persoa que onte? Non hai ningunha impresión do eu, só unha colección de percepcións (pensamentos, sentimentos, recordos,...). A memoria fainos crer que existe o eu pero é unha ilusión, é falso. Confundimos a idea de sucesión coa de identidade.
O mundo: • ¿Por qué creo que hai obxectos, corpos, aínda que non os teña vendo? Non pode ser polos sentidos porque os obxectos cambian de apariencia; tampouco pola razón. Só pola memoria e pola imaxinación. • Deus: • Non hai impresión ningunha que dea lugar a idea de Deus. Polo tanto, Deusnon existe. • A metafísica é un saber obtruso, dogmático e que leva á superstición. • O coñecemento humano é limitado ao campo da experiencia (empirismo). • Non existe coñecemento máis aló das nosas impresións e ideas. • O mellor é adoptar un escepticismo moderado.
5. O emotivismo moral • O fundamento da moral non é a razón senón o sentimento. • Os xuizos morais só expresan e suscitan sentimentos. Ben e mal non son valores absolutos. • É o corazón o que xulga, non a razón. Con sentimentos de aprobación ou reprobación. Aprobamos o que agradable e útil e desaprobamos o que nos resulta vicioso. • Esto poderíanos levar ao relativismo ou ao egoísmo pero Hume cría que os sentimentos morais eran iguais para todo o mundo, e que exiten deberes e dereitos universais. • O benestar e a felicidade individuais son inseparables do benestar e da felicidade colectivas (optimismo excesivo). Todos os humanos buscamos a felicidade dos demais.
Fin da presentación “Que se satisfaga a túa paixón pola ciencia, pero que a túa ciencia sexa humana tal que teña inmediata referencia á acción e á sociedade... Sen filósofo, pero en medio de toda a túa filosofía, sen home.”