1 / 26

O PNDL do IES Chano Piñeiro (Forcarei):

O PNDL do IES Chano Piñeiro (Forcarei):. Un posible modelo para un contexto galegófono. A modo de limiar. Ámbito socio-cultural O centro Situación sociolingüística do centro. Continuidade do proxecto dende curso 2006-2007 ata a actualidade. Dificultadades.

baxter
Download Presentation

O PNDL do IES Chano Piñeiro (Forcarei):

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. O PNDL do IES Chano Piñeiro (Forcarei): Un posible modelo para un contexto galegófono

  2. A modo de limiar • Ámbito socio-cultural • O centro • Situación sociolingüística do centro. • Continuidade do proxecto dende curso 2006-2007 ata a actualidade. • Dificultadades

  3. O noso mapa sociolingüístico : alumnado • Unha alta identificación (75%) do noso alumnado coa lingua galega como lingua propia. • A preferencia á hora da produción oral en galego tamén é evidente (58%); sen embargo, hai tamén unha alta porcentaxe que xa non sentiría esa preferencia con respecto ao castelán (20%). Tamén é rechamante a porcentaxe (11%) que sinala que depende da situación o que podería manifestar unha actitude diglósica. • Por último, é na destreza escrita onde a preferencia polo uso do galego descende de xeito preocupante á vez que aumenta a do castelán ou de ambas as dúas. Daquela é aquí onde parece que habería que tomar medidas máis importantes así como consolidar o uso oral do galego en todas as outras funcións que, de momento, se manteñen. • O profesorado utiliza o castelán na aula MÁIS do que lle gustaría ao alumnado.

  4. 2 programas 1. COA LINGUA FÓRA 2. COA LINGUA DENTRO

  5. 1. Coa lingua fóra: actividades 1.1. De desenvolvemento continuado 1.2. Puntuais

  6. 1. Coa lingua fóra: actividades continuas • Incremento, nos seus fondos, da Biblioteca de Normalización e Dinamización do Centro e colaborar cos departamentos na adquisición de materiais bibliográficos e audiovisuais en galego. Neste senso é obxectivo priorotario continuar a compra de mapas físicos e políticos para as aulas • Dotar aos departamentos de información actualizada sobre recursos didácticos e bibliográficos na nosa lingua así como das disposicións legais tocante á normalización lingüística que vaian xurdindo. • Mantemento do taboleiro: o CD do mes, o libro do mes, o filme do mes e as noticias sobre a lingua. • Continuar a dotación da fonoteca e videoteca galega, tendo en conta que inciamos no 2007 a actividade de escoitas os martes polas tardes, entre as 14:45 e as 15:30 de música galega na Biblioteca. • Darlle continuidade ao xornal dixital e ao mantemento da páxina web do centro

  7. 1. Coa lingua fóra: actividades continuas • Continuar a colaboración cos centros próximos en prácticas normalizadoras; neste senso, o noso alumnado xestionará un blog compartido co IES de Valga (Pontevedra), que puxemos andar o pasado ano, www.valgaforcarei.blogspot.com. • Mantemento e apoio dos blogs do centro especialemente de www.flordetoxo.blogspot.com (Ámbito científico), xestionado por alumando de 4ºPDC, ámbito científico) así como o realizado dentro do Plan de Melloras de Bibliotecas, www.biblioiesdeforcarei.blogspot.com. • Continuar co intercambio de experiencias a través do blog de alumnos de 3º PDC, www.setemaisun.blogspot.com e do blog www.mandchikos.blogspot.com do instituto búlgaro IB (Instituto Bilingüe) San Constantin Cirilo El Filósofo (r/ Studentska 10, 7004 Ruse, Bulgaria) coordinados polo profesor do Ámbito Sociolingüístico e polo profesor búlgaro Krasimir Martinov. Trátase de que os nosos alumnos coñezan a realidade doutra lingua minoritaria e con outro alfabeto da UE e que o alumnado búlgaro descubra a nosa lingua e a nosa cultura. • Intercambio de comentarios e opinións sobre lecturas con www.diverlendo.blogspot.com do IES Pintor Colmeiro de Silleda.

  8. 1. Coa lingua fóra: actividades continuas • Proxectos plurianuais e multidisciplinares: a) A onomástica do Concello de Forcarei (1900-1976) Alumnado participante: 3/4ESO PDC (2006-2008) Profesorado: Ámbito Socio-Lingüístico (coord.), Científico-Técnico, Informática e Plástica. Obxectivo ano 2006-07: estudo dos nomes de persoa do Concello de Forcarei (1900-1936). Obxectivo ano 2007-2008: estudo dos nomes de persoa do Concello de Forcarei (1937-1976) Colabora: Concello de Forcarei. b) “O blog da aula de PDC” • Duración: 2008-2009 (3º PDC) e 2009-2010 (4º PDC) • Obxectivos: continuar co blog www.setemaisun.blogspot.com, ampliando os seus contidos e actividades; amais de continuar coa sección “as nosas lecturas” engadiremos “as fotos dos nosos” “a nosa epistolografía” e “a nosa contorna”. Amais temos que ensinarlle os rudimentos básicos da creación dun blog amais de certos conceptos básicos do tratamento de texto pois este tipo de alumnado carece de competencia dixital. • Áreas implicadas: Ámbito socio-lingüístico, ámbito científico, Informática e Educación Plástica. • Proxectos anuais: Cancioneiro ilustrado de Terra de Montes e Receitas de Terra de Montes

  9. 1. Coa lingua fóra: actividades puntuais • Coa lingua na ciencia • Coa lingua na alofonía • Coa lingua na música • Coa lingua no documental • Coa lingua na política • Coa lingua no dereito • Coa lingua no deporte • Coa lingua nos negocios • Coa lingua na imaxe e na historia

  10. Coa lingua fóra: na ciencia • Conferencias: • Dra. Socorro Castro (UDC): “Novas apostas enerxéticas: motores de hidróxeno e enerxía electromagnética” (22/12/06). • Dr. Carlos Salgado (investigador do CERN): “A aceleración de de partículas e a enerxía nuclear” • Dr. Óscar Cabeza (UDC): “O futuro das enerxías renovables” • Dr. Pablo Vázquez (USC): “Un experimento de Física de Partículas”. • Dra. Pilar Calvo (Zeltia-Pharmamar): “A nanotecnoloxía”. • Colaboración en proxectos e exposicións • Participación a nivel interdisciplinar co departamento de Bioloxía e cos alumnos de 3ºESO no proxecto “Terra” para elaborar o estudo do patrimonio etnográfico mobiliario (aparellos de pesca), inmobilario (muíños, batáns, pesqueiras, fontes, …) e inmaterial (lendas, cantigas….) correspondente ao tramo asignado no Río Lérez. Logo elaborouse un exposición co material. • Vehículos enerxías alternativas • Rotas • Rota polo Candán co profesor da USC A. Pérez Alberti para explicarlle ao alumnado a xeomorfoloxía do cordal no que se insire o centro

  11. Coa lingua fóra: na alofonía • Conferencias: • Tadashi Yamamoto (Univ. Tenri): “Galicia-Xapón: tan lonxe, tan preto” • Vítor Omgbá (escritor camerunés): “Literatura e inmigración”. • Julia Zhurauskha: “Bielorrusia” • François Davó: “Obradoiro de creación poética galego-francés”. • Felipe Lubián (profesor IES Sanabria): “A situación do galego no Bierzo”. • Exposicións • Exposición de material bibliográfico realizado por autores alófonos na biblioteca do centro e de material noutras linguas do mundo, sobre todo, de linguas minoritarias ou minorizadas. • Outras • En colaboración co ENDL do colexio Virxe das Dores de Forcarei, alumnado do noso centro que posúe outras linguas (árabe marroquí, francés, romanés, portugués de Portugal e de Brasil, alemán e español de Venezuela) iralle falar delas aos nenos do devandito centro, de como se incorporaron á nosa lingua e ensinarlles unhas frases comunicativas básicas.

  12. Coa lingua fóra: na música • Conferencias • Olga Nogueira (crítica musical): “Historia auditiva da música galega” • Obradoiros • de rap con Dios que te crew • de tecnoloxía musical e vangardas con Nacho Muñoz (produtor). • Dj Son1c • De regueifas con Caruncho e Pinto d’Herbón (Delegac. Cultura) • Concertos didácticos • de zanfona + diatónico con D. Quintá e P. Fernández • de Mercedes Peón • MartesMúsica

  13. Coa lingua fóra: no documental • Unha tarde con Margarita Ledo: • Para Líster • Manuel María • Rafael Cid Fernández • Queda alguén aí? • Xoán Carlos Garrido • A derradeira lección do mestre • Presentación de Pradolongo

  14. Coa lingua fóra: na política • Conferencia • Xosé Luís Barreiro Rivas: “A democracia comocultura: o reto político das novas xeracións”

  15. Coa lingua fóra: no dereito • Conferencia e obradoiro de traballo coa prensa. - Eduardo Porta (avogado): “Lingua e xustiza: casos sonados e dúbidas”. • Ánxeles Blanco (avogada): “ Dous tipos de delitos: de violencia de xénero e contra a seguridade do tráfico”.

  16. Coa lingua fóra: no deporte • Mesa redonda “Deporte e lingua”. • Manuel Canabal (ex-futbolista e comentarista dos partidos de fútbol na TVG).

  17. Coa lingua fóra: nos negocios • Presentación das empresas: • Rei Zentolo • Caramuxo • Seminario de creación de empresas (en colaboración con BIC Galicia e a asociación de empresarios de Forcarei). • I Concurso de Proxectos emprendedores

  18. 2. Coa lingua dentro: actividades • De desenvolmento continuado • Puntuais

  19. 2. Coa lingua dentro: actividades continuas • Xestionar o espazo permanente do ENDL (taboleiro), onde se difundirá tanto a actualidade da lingua galega como as novidades literarias, así coma as actividades do ENDL. do Centro. Tamén será o devandito taboleiro o lugar onde se expoña a información actualizada sobre a situación da lingua galega no centro. Así, algunhas das seccións con que contará o taboleiro e que irán anovando periodicamente serán: actividades do E.N.L.., Actualidade lingua, Novidades literarias, Actualidade Sociolingüística, M.N.L, O libro do mes, o Cd do mes... • Ampliación de material bibliográfico para a biblioteca de normalización lingüística, sobre todo, no eido da didáctica e de material para non galego-falantes, véxase, o Aula galego ou os materiais do Celga, só dispoñibles na rede. • Ampliación do material de aula de lingua e literatura galega. • Colaboración estreita coa Comisión de Coordinación Pedagóxica e cos Departamentos involucrados no deseño de estratexias que conduzan á plena integración lingüística dos alumnos e alumnas que retornen da emigración. • Intentar a posta en marcha dun grupo de teatro ou alomenos traballar as técnicas de expresión oral e os contacontos. • Colaborar coas actividades da biblioteca e co Club de lectores contactando con autores para que compartan as súas experiencias cos nosos alumnos.

  20. 2. Coa lingua dentro: actividades puntuais • Coa lingua na Lingua • Coa lingua nas Letras • Coa lingua no mundo • Coa lingua de paseo

  21. 2. Coa lingua dentro: na Lingua • Proxectos: • Elaboración do mapa sociolingüístico do centro. • A onomástica do concello de Forcarei • Conferencias • A cartografía dos apelidos galegos: Terra de Montes por A. I. Boullón • Obradoiros • Escrita creativa con Charo Mascato. • Séchu Sende, Made in Galicia

  22. 2. Coa lingua dentro: nas Letras • Exposicións • Material bibliográfico relativo a J. R. Jiménez en galego • Material bibliográfico Letras Galegas • Os meus poemas favoritos • Creando BD • Conversas con autores • Concursos • Ilustracións de obras de lectura e de BD • Obradoiros • Contacontos: Celso F. Sanmartín, Paula Carballeira e Avelino González. • Representacións teatrais

  23. 2. Coa lingua dentro: no mundo • Presentación • Angola e Brasil (lectores de portugués da USC) • Saída • Vila Verde (Portugal)

  24. 2. Coa lingua dentro: de paseo • Saídas • Ao teatro: Humor neghro, Noite de reis,… • Roteiros: A esmorga, Curros, … • Presentación • A comarca de Terra de Montes (Paris III).

  25. E o futuro? www.coordinadoraendl.org

  26. Moitas grazas xaimevarela@edu.xunta.es

More Related