140 likes | 277 Views
SON MOITAS Se ben inicialmente a maioría das persoas inmigrantes que vivían en Galicia eran homes, nos últimos anos esta tendencia foi variando e na actualidade xa son maioría as mulleres. O fenómeno migratorio non é cuestión de homes. A inmigración, como a pobreza, feminízase.
E N D
SON MOITAS Se ben inicialmente a maioría das persoas inmigrantes que vivían en Galicia eran homes, nos últimos anos esta tendencia foi variando e na actualidade xa son maioría as mulleres. O fenómeno migratorio non é cuestión de homes. A inmigración, como a pobreza, feminízase.
A inmensa maioría das mulleres inmigrantes que viven en Galicia son latinoamericanas, pero cada ano vaise incrementando a presencia de mulleres procedentes doutros continentes.
SON NOVAS A poboación inmigrante feminina é nova, o perfil é o dunha muller en idade laboral que emigra para traballar.
SON INDEPENDENTES Os tópicos sobre as mulleres inmigrantes preséntanas coma suxeitos pasivos da migración, reagrupadas polos homes, dependentes deles unha vez aquí. Non é certo. Son minoría as mulleres que chegaron reagrupadas ou acompañadas das súas parellas Emigran soas Son minoría as mulleres que chegaron reagrupadas ou acompañadas das súas parellas
Viven soas A maioría das mulleres inmigrantes non teñen parella estable, nunha porcentaxe superior á dos homes inmigrantes: A muller inmigrante é protagonista da súa propia migración
TEÑEN CARGAS FAMILIARES Hai máis mulleres inmigrantes con fillos e fillas que homes inmigrantes nesa mesma situación.
Os fillos e fillas están case sempre ó seu cargo, directa ou indirectamente. As cifras sinalan o diferente comportamento entre homes e mulleres inmigrantes con fillos/as:
Cando os homes emigran, só traen ós fillos/as se a muller ven con eles, senón, quedan no país de orixe coa nai. Cando as mulleres emigran, ou ben traen con elas ós fillos/as, aínda que o pai non emigre tamén, ou ben os deixan no país de orixe a cargo da avoa materna á espera de poder reagrupalos. O coidado dos fillos e das fillas recae sempre nelas
TEÑEN ESTUDIOS Non é certo que a muller inmigrante teña un baixo nivel cultural. Polo contrario, ó nivel de estudios é moi alto, e maior có dos homes inmigrantes:
SON TRABALLADORAS A gran maioría das mulleres inmigrantes están aquí traballando. Non veñen a depender dun home, senón a traballar
COBRAN BAIXOS SALARIOS A maioría das mulleres inmigrantes teñen ingresos comprendidos entre menos de 450 e os 600 euros; a maioría dos homes inmigrantes gañan entre 451 e 900 euros. Elas tamén están discriminadas salarialmente respecto dos inmigrantes masculinos
É UNHA MAN DE OBRA SECTORIALIZADA A man de obra inmigrante está sectorializada nos sectores laborais e económicos de máis baixa cualificación, menor salario e maior desprestixio social. Pero no caso das mulleres esta sectorialización é máis marcada: As mulleres inmigrantes vense abocadas á marxinalidade laboral As dúas actividades maioritarias son a prostitución e o servicio doméstico, pero no seu país ningunha se adicaba á prostitución e apenas había empregadas do fogar. Non desempeñan aquí a súa profesión, senón a que lles deixa a sociedade e lles impón unha lexislación discriminatoria.
SOFREN DESCUALIFICACIÓN PROFESIONAL A diferencia entre as profesións das mulleres inmigrantes nos seus países de orixe e as que desempeñan aquí supón unha descualificación profesional máis acusa cá que sofren os homes inmigrantes, pois elas parten dun nivel profesional e de estudios superior e traballan en sectores máis descualificados.
TRABALLAN NA ECONOMÍA SUMERXIDA Entre as persoas inmigrantes que traballan por conta allea, son maioría as que o fan sen contrato, pero moito máis no caso das mulleres.