250 likes | 509 Views
Locke’s Philosophy: Empiricism. Historical Context of Locke’s time: Beginnings of the Capitalism industrial revolution in England. Political situation of Europe. Philosophical context: Epistemology in Greek times and Middle Ages Rationalism in continental Europe: Descartes, Leibniz.
E N D
Locke’s Philosophy: Empiricism History of Western Philosohy Historical Context of Locke’s time: Beginnings of the Capitalism industrial revolution in England. Political situation of Europe. Philosophical context: Epistemology in Greek times and Middle Ages Rationalism in continental Europe: Descartes, Leibniz. Scientific revolution: Kepler, Galileo, Copernico… England Empiricism: Locke, Berkley, Hume and Newton. Locke’s Philosophy: Epistemology: British Empiricism Political liberalism. More empiricists: skepticism as consequence. Kant: Newton in philosophy.
Europe in the XVI century History of Western Philosohy
Europe in the XVII century History of Western Philosohy
England: Historical context. • The English Civil War was a series of armed conflicts and political machinations which took place between Parliamentarians and Royalists from 1642 until 1651. • The first (1642–1645) and second (1648–1649) civil wars pitted the supporters of King Charles I against the supporters of the Long Parliament, • while the third war of (1649–1651) saw fighting between supporters of King Charles II and supporters of the Rump Parliament. • The Civil War ended with the Parliamentary victory at the Battle of Worcester on 3 September 1651. • The Civil War led to the trial and execution of Charles I, the exile of his son Charles II and the replacement of the English monarchy with the Commonwealth of England (1649–1653) and then with a Protectorate (1653–1659): the personal rule of Oliver Cromwell. • The monopoly of the Church of England on Christian worship in England came to an end, and the victors consolidated the already-established Protestant Ascendancy in Ireland. • Constitutionally, the wars established a precedent that British monarchs could not govern without the consent of Parliament although this would not be cemented until the Glorious Revolution later in the century. • Charles II was the restored House of Stuart King of England in 1660, shortly after Cromwell's death. History of Western Philosohy
Scientific revolution: Astronomy • Nicolás de Cusa (1.401-1.464) inaugurou o traballo destructivo poñendo no mesmo plano ontolóxico a realidade da terra e a dos ceos: desaparece a estructura xerárquica do universo; • NicolásCopérnico (1.473-1.543), quen identificou a estructura física da Terra coa dos demais astros celestes, gozando ambos dun mesmo movemento circular. Revolucionou a ciencia ao facer xirar a Terra en torno ao Sol. Pero aínda atopamos un universo finito; ademais, permanece a crenza do movemento natural dos corpos; e a colocación do Sol no centro do universo responde a motivos máis ben místicos que físicos. • Tycho Brahe (1.546-1.601) aportou á astronomía algo absolutamente novo: o espírito de precisión ó recoller datos astrómicos usados por Kepler. • Kepler (1.571-1.630). o universo, finito, está xerarquicamente estructurado en relación ao sol, e harmoniosamente ordenado polo Creador. Pero as súas teorías supoñen un paso adiante ao dicir que a norma que seguiu Deus na creación do mundo estaba determinada por consideracións matemáticas. Sabendo matemáticas podemos chegar a coñecer a estructura do universo. • Giordano Bruno (1.548-1.600) comprendeu que a reforma iniciada por Copérnico implicaba o abandono definitivo da idea dun universo estructurado e xerarquicamente ordenado. Proclamou a idea dun universo infinito, con infinitos mundos como o noso. Foi queimado pola Inquisición. • Coa destrucción do aristotelismo desapareceu a idea dun universo cualitativamente diferenciado, finito, e onde tiña cabida a distinción entre movementos naturais e movementos violentos. History of Western Philosohy
Scientific revolution: Galileo • Experimentando sobre a caída dos corpos demostrou que depende de leis matemáticas, o movemento está gobernado pola lei do número. • Frente ao aristotelismo, a Nova Ciencia supón o triunfo do platonismo na forma de entender as matemáticas: “O libro da natureza está escrito en linguaxe matemática”. • Deus creou a natureza dacordo coas matemáticas, se o home é capaz de interpretar as matemáticas terá un coñecemento do universo semellante ao de Deus. Pero esta importancia concedida ás matemáticas combinase cun aspecto empirista, • Podemos definir a experiencia como a suma das observacións dos fenómenos que nos presenta a natureza de manera espontánea; mentras que a experimentación consistiría máis ben nas observacións das reaccións do mundo real cando o semetemos a condicións desexadas e dirixidas por nós. • Coñecer non é ver, é preguntar; o científico deixa de ser un testigo para convertirse nun xuíz. • Un novo método, o chamado método Hipotético Deductivo, que consta dos seguintes pasos: • 1º Observaci6n ou experiencia vulgar. • 2º Formulación dunha hipótese explicativa. • 3º Comprobación ou experiencia técnica, mediante a construcción de aparatos. • 4º Deducción ou enunciación da lei matemática. History of Western Philosohy
Scientific Revolution: Newton • Newton é fundador da nova ciencia; e unha cara máis escura enraizándose en sistemas metafísicos ata o misticismo: o desenvolvemento do método experimental, e a filosofía neoplatónica. O resultado foi a concepción dun novo método, que aparece recollido nas 4 Reglas do Filosofar do libro III dos Principia: • Regla I. Postulado de Regularidade e Simplicidade da Natureza. Derivada da “Navalla de Occam”, afirma que a natureza nada fai en van, e que para explicar un fenómeno só debemos admitir aquelas causas que sexan verdadeiras e suficientes para dar conta do mesmo. • Regla II. Lei de Continuidade, que postula que a efectos do mesmo xénero hai que asignarlle causas do mesmo xénero. • Regla III. Principio de Transducción: considerar como propiedades de tódolos corpos aquelas que non poidan ser aumentadas nin disminuidas e que se atopen en tódolos corpos sobre os que sexa posible experimentar. • Regla IV. As propiedades inferidas por inducción a partir dos fenómenos consideraranse como exacta ou aproximadamente verdadeiras, mentres non existan fenómenos que permitan confirmalas máis exactamente ou queden pendentes de excepción. History of Western Philosohy
Newton’s physics and philosophy • A súa física está ligada a unha teoloxía, o que desde un punto de vista filosófico representa un retroceso. • Desde un punto de vista científico representou un avance: o pensamento de Newton ten a virtude de que os seus descubrimentos científicos son independentes da súa metafísica, e por eso as críticas a esta non repercuten en aqueles. • Newton parte dos fenómenos ata chegar a Deus, por eso a súa física subsiste ante os nosos ollos, aínda se nos abstemos de dar o último paso. • En canto aos seus traballos científicos hai que sinalar a Teoría da Gravitación Universal, que permite explicar tanto as órbitas elípticas dos planetas, como as mareas, como os cometas. • En óptica propuxo unha teoría corpuscular da luz, e describiu a descomposición da luz en cores. Debemos a Newton a definición dos máis importantes conceptos da física, como a masa, o peso, a forza e o movemento. • A súa física tomouse como a explicación exacta do universo ata a publicación da obra de Ernest Mach no ano 1.883. History of Western Philosohy
Rationalism and Empiricism. • O termo racionalismo refírese a aquela filosofía aparecida no continente europeo no século XVII, e á que pertencen homes como Descartes, Spinoza, Leibniz ou Malalebranche. • Para o racionalismo, os nosos coñecementos válidos e verdadeiros, non proceden dos sentidos, senón da razón. • O ideal da ciencia moderna é o dun sistema deductivo, no que as leis científicas son deducidas de certos principios. Ditos principios non proveñen da experiencia, senón que son innatos. É certo que os sentidos subministran información acerca do mundo natural, pero dita información é confusa e, a miúdo, incerta. • Para o racionalismo as matemáticas son o modelo do saber universal. • E do empirismo que falamos aquí é do empirismo moderno ou empirismo inglés, datado no século XVIII, e representado por Locke, Berkeley e Hume. • Para o empirismo tódolos nosos coñecementos proceden dos sentidos, da experiencia (da empeiría). • O ideal da ciencia moderna é o dun sistema inductivo, no que o entendemento, a partir da experiencia, e dos datos que nos chegan polos sentidos, induce as leis da natureza. Ditas leis teñen o carácter de xeralizacións empíricas que unicamente son máis ou menos probables, pero nunca absolutamente verdadeiras. • Para os empiristas as matemáticas non son máis ca un método auxiliar. History of Western Philosohy
Empiriscism vs. Rationalism Diferences History of Western Philosohy
Descartes: continental Rationalism. • As reglas do método: evidencia, análise, síntese e enumeración. • “Consistía o primeiro en non aceptar xamais ningunha cousa como verdadeira que non coñecese evidentemente ser tal; é dicir, evitar coidadosamente a precipitación e a prevención; e non aceptar nada nos meus xuízos senón aquilo que se presentase tan claramente e tan distintamente ao meu espírito que non tivese ocasión ningunha de poñelo en dúbida. • O segundo, dividir cada unha das dificultades que examinase en tantas partes como fose posible e requirido para mellor resolvelas. • O terceiro, conducir por orde os meus pensamentos, comezando polos obxectos máis simples e máis doados de coñecer, para subir pouco a pouco, como por graos, ata o coñecemento dos máis compostos; e supoñendo mesmo unha orde entre aqueles que non se preceden naturalmente uns aos outros. • E o derradeiro, facer en todo enumeracións tan completas, e revisións tan xerais, que estivese seguro de non omitir nada.” Descartes, Discurso do método parte 2ª History of Western Philosohy
Descartes: World is my representation • O edificio de crenzas medievais estaba en ruínas, e había que construír outro novo. Partir de cero co auxilio dun método preciso e rigoroso. • Descartes pretendía que a ciencia descansase sobre si mesma, e que oseu único fundamento fose a razón. Necesitabamos un primeiro principio, evidente, a partir do cal deducir o resto dos coñecementos. • O cogito cumpría o primeiro dos requisitos, pero non podía cumprir o segundo, xa que sen recorrer á idea de Deus non poderiamos ir máis alá do eu. A súa física empúxanos cara unha metafísica, e Deus é o único garante do coñecemento, co que o sistema perde valor lóxico. • De aí as duras críticas. Ou as dos empiristas, que din que a idea de infinitude pode ser construída mediante a imaxinación, ou que o argumento ontolóxico esixe supoñer que a existencia sexa unha perfección. • “E observando que esta verdade: Eu penso, logo eu son, era tan firme e tan segura que todas as máis extravagantes suposicións dos escépticos non eran capaces de perturbala, xulguei que podía recibila sen escrúpulos como o primeiro principio da filosofía que eu buscaba”. Descartes: Meditacións metafísicas History of Western Philosohy
Locke’s biography • 1632. Nace John Locke o 29 de agosto, en Wrington (Somerset), no seo dunha familia anglicana. • 1652. Ingresa na Universidade de Oxford, onde estudia materias tradicionais (retórica, gramática, filosofía moral, xeometría, grego), aínda que comeza a interesarse pola ciencias naturais e a medicina. • 1663. Escribe unha obra inédita, os Ensaios sobre a lei da natureza. • 1665. Actúa como secretario dunha misión diplomática en Brandemburgo. • 1667. Entra ao servicio de Lord Shaftesbury (futuro canciller de Inglaterra) como médico e como conselleiro xeral. • 1668. Convírtede en membro da Royal Society, recentemente formada, que o mantén ao tanto dos avances científicos. • 1675. Pasa catro anos en Francia; recibe grandes influencias de Gassendi (metafísica e epistemoloxía). • 1679. Regresa a Inglaterra, dividida por disensións respecto á sucesión ao trono, que afectarán á posición política de Lord Shaftesbury. • 1683. Ante a inseguridade que ameaza aos amigos de Shaftesbury, fuxe a Holanda, donde permanecerá cinco anos, ata o destronamento de Xacobo II. • 1688. Guillerme de Orange trasládase a Inglaterra para ser coroado, e Locke retorna ao seu país, volvendo a tomar parte na vida pública. • 1689. Carta sobre la Tolerancia. • 1690. Dous tratados sobre o goberno civil. Tratado sobre o entendemento humano. Segunda carta sobre a tolerancia. • 1691. Por motivos de saúde retírase a Oates (Essex), pero non deixa de ter influencia política; ata o fin da súa vida é o ideólogo dos wighs. • 1692. Terceira carta sobra a tolerancia. • 1693. Algúns pensamentos sobre a educación. • 1695. A racionalidade do cristianismo. Publica varios opúsculos sobre asuntos económicos (comercio, interese, valor, moeda). • 1704. Morre o 20 de outubro. History of Western Philosohy
Locke’s epistemology: signs, ideas and words. • Locke divide o campo do coñecemento humano en tres seccións: • a filosofía natural, que comprende o que hoxe son as ciencias naturais, xunto coas matemáticas e as cuestións teolóxicas decidibles pola razón; • as cuestións relacionadas coas fins das accións humanas, temas que hoxe caerían dentro da ética; • e a “doutrina dos signos”, que consiste no estudio das maneiras de acadar e comunicar os dous primeiros tipos de coñecementos. • Os signos son de dúas especies. • Nun sentido primario un signo é unha idea, algo que representa para a mente aquelo no que pensamos. A función das ideas é a de ser signos que representen o mundo para nós. • A segunda especie de signos son as palabras. A súa función é facer público o mundo privado das ideas. • En canto ás palabras xerais Locke aceptou o punto de vista do nominalismo: as palabras xerais son signos de ideas xerais, e non representan esencias universais, senón unicamente os rascos comúns a individuos semellantes. History of Western Philosohy
Where do ideas come from? • A mente é como un papel en branco; non é posible o innatismo: tódolos nosos coñecementos se derivan da experiencia. • Divide a experiencia en dous tipos de ideas: • as ideas de sensación, impresións producidas nos órganos dos sentidos; • e as ideas de reflexión, producidas nos sentidos internos, e que se corresponden coas operacións de razoar, dubidar, querer, etc., e que hoxe denominariamos introspección. • Ambas clases de ideas son chamadas ideas simples e son producidas pola experiencia directa. Ao recibilas a mente compórtase de forma pasiva (a mente non crea ningunha idea simple). • A partir das ideas simples a mente pode formar activamente un novo tipo de ideas, as ideas complexas: que resultan da combinación de ideas simples: modos (propiedades), sustancias (soportes dos modos) e relacións. History of Western Philosohy
Reality, substance, self and God • Se eu teño sensación de certas cousas é porque esas cousas son a causa das miñas sensacións. Para Locke, as ideas que nós temos das cousas son as ideas das cualidades sensibles das cousas. • Sustancia é o nome que damos a ese algo.Non existe un concepto positivo de sustancia. A sustancia é un suposto, ese “algo” que serve de soporte das cualidades sensibles. • Se a sustancia é un mero soporte de cualidades sensibles, o eu debería ser un mero soporte dos nosos actos. Pero aceptou do pensamento cristián, sen crítica algunha, a idea de que a mente humana é algo inmaterial e que pode existir con independencia do corpo • Locke se foi saltando o seu propio programa empirista. • O seu afán por poñer límites ao coñecemento foi moi ríxido nun principio, ata que empezou a incluír o concepto de sustancia, o de causa e a existencia do eu. Pero Locke rebase todo límite á hora de referirse á existencia de deus. Acepta a existencia de deus como unha idea complexa: tomamos ideas simples procedentes da reflexión (coñecemento, poder, felicidade, etc) e ampliámolas coa idea de “infinitude”, de maneira que poñéndoas todas xuntas, resulta a nosa idea complexa de deus. History of Western Philosohy
Locke’s political philosophy versus Hobbes • Para Locke, a finalidade da política é a busca dunha felicidade que reside na paz, na harmonía e na seguridade. Non hai felicidade sen garantías políticas, fanse necesarias a sociedade civil e o goberno. • Enténdese a Locke en comparación coa filosofía de ThomasHobbes (1.588-1.679). • Para Hobbes a natureza humana é egoísta, o home é o lobo para o home. A sociedade nace dun pacto, pero un pacto tal que supón a delegación total dos dereitos no sorberán Leviatán. • En Locke, no seu estado natural os homes son fundamentalmente pacíficos, libres e iguais entre si. Pero en dito estado natural resulta difícil unha defensa racional dos dereitos individuais. Por eso se fai necesaria certa organización política, que transforme a lei moral natural (descuberta pola razón) en leis positivas obxectivas, que teñen como función remediar as desvantaxes do estado natural. • Renúnciase a unha grande parte das liberdades para gozar da outra parte con maior seguridade, aceptando someterse á vontade da maioría. History of Western Philosohy
Private property: natural • Para Locke a propiedade privada existe xa no estado de natureza. A propiedade privada é, pois, natural, e confire ao ser humano felicidade. • O cometido fundamental do goberno será a conservación da propiedade. • O que os homes requiren no seu estado de natureza son leis, xuíces e policías, e esto é o que ofrece a sociedade civil. • O poder político é unha especie de depósito confiado por propietarios a propietarios. • O poder supremo recae no poder lexislativo, que ten como función esencial facer leis que protexan aos propietarios. • O poder executivo debe limitarse a controlar aquelas situacións imprevistas e indeterminadas que non poden ser regradas mediante leis fixas e inmutables. • En calquera caso, poder lexislativo e poder executivo non poden caer nas mesmas mans. • Locke ve lexítima a resistencia ao poder, sobre todo cando este perxudica os dereitos naturais dos homes, fundamentalmente a súa liberdade e a súa propiedade. History of Western Philosohy
Tolerance and political liberalism • Sobre a tolerancia, sobre todo as que se refiren á tolerancia relixiosa, para Locke as opinións relixiosas teñen un dereito absoluto e universal á tolerancia. • O pensamento político de Locke é fundamentalmente laico, separa claramente o temporal do espiritual, afirmando que o poder civil só debe ter relacións cos intereses civís. • Podemos rematar a teoría política de Locke afirmando que si Hobbes foi o gran teórico do absolutismo, Locke pode ser considerado o pai do liberalismo. • As súas ideas exercerán unha poderosa influencia tanto na Revolución Americana (1776), como no pensamento de Montesquieu (1689-1755). History of Western Philosohy
Empirists: Berkeley, Hume • Berkeley (1685-1753) • Todo depende da percepción do suxeito. O ser das cousas é a percepción que temos delas. • E as percepcións, as ideas que temos das cousas, só poden existir nunha sustancia espiritual. • É absurdo e contradictorio pensar na existencia dunha sustancia corporal: • Tampouco poden ser a causa das sensacións, xa que para ser causa hai que ser activo, e activos só son os espíritos. • Por eso Berkeley chama á súa filosofía inmaterialismo: só existen as ideas e os espíritos. • O cal nos serve para demostrar a existencia de Deus: as ideas que eu teño non dependen da miña vontade, senón que me veñen impostas, e só poden vir impostas por outro espírito. Dito espírito é Deus. • David Hume (1711-1776). • En Hume imos atopar a crítica máis radical ao racionalismo. • Para Hume só hai dous tipos de ciencias: as que proporcionan unha verdade empírica, como a física; e as que proporcionan unha verdade lóxica, como as matemáticas. Todo o demais, metafísica incluída, non e outra cousa que sofistería e ilusión. • Só existen dous tipos de obxectos da razón: as Relacións entre Ideas, que se fundan no principio de non contradicción, e en onde a verdade se descubre por unha mera operación do pensamento; e as Cuestións de Feito, que se fundan na experiencia. Con estas máximas critica tódolos conceptos da metafísica racionalista. • Para Hume, a idea de Deus, como toda a relixión, non ven da razón, senón do sentimento. A idea de Deus non ten ningún fundamento racional History of Western Philosohy
Skepticism: empiricism consequence • Como vimos, con Hume radicalízase a postura empirista, e esta radicalización conducirá ao escepticismo. Esto non significa que Hume fose un escéptico, senón, que a consecuencia lóxica da súa filosofía será o escepticismo. • Hume cree que hai unha ciencia posible, e que hai crenzas comúns a tódolos homes, pero o fundamento da ciencia é un tanto caprichoso: o costume ou o hábito. Trátase, no fondo, dunha actitude pragmática: o home precisa, para vivir, que existan certas regularidades entre as cousas; ditas regularidades, a medida que se repiten, adquiren pouco a pouco, o carácter de verdades. • As verdades da ciencia xa non poden caer no ámbito do absolutamente necesario, senón no ámbito das xeneralizaciónsempíricas máis ou menos probables. É neste carácter de probabilidade en onde se atopa o xerme do escepticismo. History of Western Philosohy
Kant: Newton in philosophy. • Vimos como o empirismo remataba no escepticismo: o suprasensible é inaccesible, co que remataba a posibilidade da metafísica; e na experiencia non existen conexións necesarias, co que a ciencia quedaba limitada a recoller regularidades máis ou menos probables. • A filosofía de Kant recolle o reto escéptico para tratar de asegurar a posibilidade do coñecemento verdadeiro. • Creu Copérnico que era máis fácil explicar a orde dos planetas se estes, en vez de xirar en torno á Terra, xirasen en torno ao Sol. Do mesmo xeito, Kant pensou que era máis fácil explicar o proceso do coñecemento non supoñendo a realidade e a obxectividade como algo externo, dado, independente do suxeito. Fronte ás teorías do coñecemento anteriores, para Kant, somos nós os que facemos aparecer a realidade: non facemos que as cousas sexan cousas, pero si que sexan obxectos, e poidan ser coñecidas. • As sensacións (empirismo) engadímoslles elementos exclusivamente racionais (Kant chama categorías a estes). • Na súa obra Crítica da razón pura Kant fai unha síntese entre racionalismo e empirismo coa intención de ser o Newton da filosofía. History of Western Philosohy
Bibliography • wikipedia History of Western Philosohy