520 likes | 789 Views
Os muíños de marea. ENERXÍA DAS MAREAS (mareomotriz). A enerxía da auga encorada durante a marea chea aprovéitase para mover mecanismos na baixamar. Acea da Illa de Arousa. OS MUÍÑOS DE MAREA
E N D
ENERXÍA DAS MAREAS (mareomotriz) A enerxía da auga encorada durante a marea chea aprovéitase para mover mecanismos na baixamar. Acea da Illa de Arousa
OS MUÍÑOS DE MAREA A enerxía producida polas correntes de marea foi aproveitada desde tempos antigos para mover muíños de cereais. Hai referencias do seu uso en Basora, no Golfo Pérsico, no século X, e en Europa desde o século XI. En Galicia usouse desde o século XVI. Muíño en Bréhat (Bretaña)
Os muíños de marea son semellantes aos dos ríos na súa estrutura. Están instalados na costa en lugares con forte oscilación entre mareas, e espazos onde sexa posible construír unha presa para almacenar a auga da chea e aproveitala durante a marea baixa para mover os rodicios. entrada da augaaomuíño auga encorada comportas das canles presa comportas cubos e rodicios entrada da auga á presa coa subida da marea saída da auga
A auga pasa pola planta baixa do muíño durante a marea baixa. Unhacanlecondúceaao cubo (xeralmente de forma cilíndrica) para que colla máis presión e mova os rodicios que accionan o mecanismo de moer. moega moa pé pechadoiro tempero auga encorada eixoou veo rodicio viga ou mesa
Muíños de marea en Galicia En Galicia danse condicións naturais para o aproveitamento enerxético das mareas xa que teñen un desnivel medio de 3 m e a costa recortada ofrece abundantes esteiros e enseadas. Situación dos muíños de marea en Galicia, a partir dos datos de Begoña Bas. Coñecense un total de 14 muíños e considérase probable a existencia de dous máis.
As Aceñas. Ove (Ribadeo) Na desembocadura do rego de Ramos. Só se conservan anacos da presa e do muíño.
Aceas dos Verxeis (Viveiro) Na desembocadura do río Xunqueiras. Construído a finais do século XVIII, traballou ata 1960 aprox. Tiña catromoas e vivenda. Está transformado en dúas vivendas.
O muíño do Mar, As Aceas (Ortigueira). Situado no esteiro do río Maior. Construído en 1905, deixou de traballar en 1970. Ten dúas moas.
As Aceñas. San Martiño de XuviaNarón). Na desembocadura do río Freixeiro. Construída en 1785, funcionou ata 1970. Ten tres moas e vivenda.
Acea do Río Castro (Cabanas). Leva moitos anos abandoado e nos hai datos do seufuncionamento.
Acea de Ama (Santiago do Burgo-Culleredo). Construído no século XII e reconstruído no XVI. Situado na desembocadura do rego da Trabe. Ten catromoas. Actualmente está restaurado como museo.
Muíño das Torres. Muíño da Arcea (Santiago de Cereixo-Vimianzo). Na desembocadura do río do CereixoouTufión. Construído en 1647, deixou de funcionar a mediados do século XX.
Muíño das Mareas. Serres (Muros). Na desembocadura do río Valdexería no lugar de Agro das Mareas ou Ponte dos Muíños. Construídoarredor de 1815, deixou de traballar entre 1915 e 1930. A finais do s. XIX construíselleunha casa de baños anexa. Ten seis moas. Está restaurado como Centro de Interpretación dos muíños da Costa da Morte.
Muíño do Cura (Catoira) As primeiras referencias son do século XIX. Deixou de funcionar a comezos do século XX. Ten dúas moas. Tiña vivendana parte superior.
As Aceñas. Illa de Arousa. As primeiras referencias aparecen en documentos de 1681. Deixou de funcionar arredor de 1980 (foi o último muíño de marea de Galicia en facelo). Ten catromoas.
Muíño de marea da Seca (Cambados) Situado na desembocadura do rego da Ucha. Construído sobre unhavellasaíña en 1622; deixou de traballararredor de 1975. Ten catromoas e unhavivenda no 1º andar. Na actualidade é un museo.
As Bancas de Casó. Vilaboa Só se conserva o muro da presa. Hai referencias á posible existencia dunmuíño de marea. Non seguridade de que chegase a funcionar. A presa foiempregadapolassaíñas do Ulló.