1 / 81

ÁRBORES ORNAMENTAIS

ÁRBORES ORNAMENTAIS. MAGNOLIAS

carlo
Download Presentation

ÁRBORES ORNAMENTAIS

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. ÁRBORES ORNAMENTAIS

  2. MAGNOLIAS Árbores ou arbustos da familia da magnoliáceas orixinarias de Asia, América, As Antillas e Filipinas con folla persistente ou caediza e flores grandes e chamativas. Son especies moi primitivas o que se aprecia na súa estrutura floral, pola disposición e o grande número dos órganos de reprodución das flores. En Galicia son moi abundantes nos xardíns dos pazos e cidades e cultívanse diversas variedades. As máis comúns son a M. grandiflora e a M. soulangeana. Tamén aparecen puntualmente a M. acuminata (a máis destacada atópase no Xardín das Angustias de Ferrol) e M. Campbelli (pazo de Santa Cruz de Rivadulla).

  3. MAGNOLIA (Magnolia grandiflora) Árbore de copa cónica e ampla que pode acadar os 25 m de altura, co toro dereito e robusto e a tona gris, fendida en pequenas placas. É orixinaria dos montes de California As follas son persistentes, simples de forma lanceolada coa beira enteira, de ata 25 cm de lonxitude e 10 cm de ancho. Son duras, lisas e brillantes polo dereito e castañas e peludas polo envés.

  4. As flores son simples e completas, moi grandes (ata 25 cm de diámetro), formadas por 3 sépalos verdes, 6-12 pétalos brancos e carnosos e numerosos estames de cor púrpura dispostos en espiral e tamén numerosos ovarios. Os froitos agrúpanse nunha estrutura semellante a unha piña de cor vermella, de 10 cm de lonxitude que cando abre deixa ver as sementes ovais, negras e brillantes, colgadas de pequenos rabiños vermellos.

  5. Magnolia grandiflora de Santa Rita. (Narón-A Coruña). É a máis vella das que se coñecen en Galicia. Ten máis de douscentos anos, mide 14 m de altura e 6 m de perímetro troncal.

  6. Magnolia grandiflora do Pazo Serantellos (Cambados-Pontevedra). Ten arredor de 150 anos e mide 15 m de altura e 4 m de diámetro troncal. Magnolia grandiflora do Pazo de Rubiáns (Vilagarcía-Pontevedra). Neste pazo hai dúas magnolias de 19 m de altura con máis de 160 anos.

  7. MAGNOLIA SOULANXEANA Magnolia de folla caediza que non acada tanto tamaño e florece profusamente antes de botar as follas a finais do inverno e comezos da primavera. As flores son brancas por dentro e de cor rosa craro a rosa púrpura por fóra. Pazo de Gandarón. Carballeira. (Pontevedra). Foi plantada a finais do século XIX e ten arredor de 16 m de altura.

  8. TULIPEIRO DE VIRXINIA (Liriodendron tulipefera). É unha árbore da familia das magnoliáceas con vistosas flores e que no outono adquire unha fermosa cor amarela. Tulipeiro de Virxinia. Parque de Castrelos (Vigo). Mide 28 m de altura e case 6 m de perímetro troncal.

  9. TILLEIRAS Árbores da familia da tiliáceas de copa ampla, abombada e mesta que pode acadar os 30 m de altura. É orixinaria do Sureste de Europa e Asia Menor. As máis comúns son a tilleira de folla grande (Tilia platyphyllos) e a tilleira prateada (Tilia tomentosas) Flores de Tilia tomentosa. O rabo floral leva unha bráctea laminar típica de forma oval-alongada que se separa do mesmo na metade. Desprenden un olor característico. Follas de Tilia platyphyllos.

  10. Tilleiras (Tilia platyphyllos) do Pazo de Oca. (A Estrada-Pontevedra). Arredor de 50 exemplares de máis de 100 anos e ata 30 m de altura, dispostos en dúas fileiras. Tilleiras prateadas (Tilia tomentosa) do mosteiro de Oseira (San Cristovo de Cea-Ourense). Cinco exemplares, o máis grande de ata 26 m de altura. Foron plantados hai uns 70 anos.

  11. PLÁTANO DE SOMBRA(Platanus acerifolia) Árbore da familia das platanáceas, de copa ampla e alta que pode acadar os 50 m, co toro dereito e forte. A tona é de cor verde-gris e despréndese en placas que deixan manchas de cor amarela crara. É un híbrido entre o platano occidental, orixinario do leste de Norteamérica e o oriental, orixinario do surleste de Europa. Medra rapidamente e soporta moi ben os ambientes das cidades e a contaminación. É unha das árbores máis comúns nos parques, á beira das estradas e rúas. En Galicia atópanse numerosos exemplares monumentais. Alongos (Toén)

  12. As follas son caedizas, simples e alternas e poden superar os 20 cm de lonxitude. Son de cor verde brillante polo dereito e máis craras e con borra polo revés. As flores femininas e os froitos nacen en agrupacións esféricas que aparecen en ramiños.

  13. Plátanos do Pazo Mariñán (Bergondo. A Coruña). Foron plantados a finais do século XIX. Algúns exemplares acadan 50 m de altura. a case 6 m de perímetro troncal. Plátanos do Pazo de Castrelos. Os máis grandes miden 46, 45 e 38 m de altura e máis de 5 m de perímetro troncal.

  14. Plátanos da praza de Azcárraga (A Coruña). Plátanos do Pazo de Dompiñor (O Incio-Lugo). O máis grande ten 46 m de altura.

  15. CARBALLO AMERICANO(Quercus rubra) Árbore da familia das fagáceas que pode medir ata 25 m de altura, co toro dereito e forte e tona de cor gris prateada crara e con estrías. Os froitos (landras) tardan dous anos en completar o seu desenvolvemento. As follas son simples, de 10 a 25 cm de lonxitude, ovais, lobuladas e dentadas. Son caedizas e coloréanse vivamente no outono. É orixinaria do leste de América do Norte.

  16. Carballo americano. O Castro (Vigo).

  17. Carballo “fastiguiata” do xardín de Padrón. Mide 26 m de altura e foi plantado na segunda metade do século XIX. É unha variedade que se caracteriza polas ponlas erguidas. Carballo “fastiguiata” do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla. Ten arredor de 150 anos e mide máis de 32 m de altura e 4 m de perímetro troncal.

  18. CARPE (Carpinus betulus) Árbore da familia das betuláceas que pode acadar os 30 m de altura. É orixinario de Europa e do suroeste de Asia. En Galicia non é moi común. As follas son caedizas, simples, de forma ovada coa beira doblemente dentada e no outono adquiren unha cor amarela moi viva. Os froitos son aquenios rodeados dunha brácteas trilobuladas Carpes do Pazo de Castrelos (Vigo). Miden de 23 a 30 m de altura.

  19. LIQUIDAMBAR (Liquidambar styraciflua) Árbore de orixe americana, da familia das hammaelidáceas que pode acadar 40 m de altura. A tona nas ponlas medra en forma de costelas de cortiza. As follas son palmeadas e no outono adquiren unha coración moi viva que vai do púrpura ao amarelo.

  20. Liquidámbar no pazo de Torrecedeira (Redondela), os máis grandes de Galicia (acadan 35 m de altura).

  21. ARCES Son árbores da familia das aceráceas, de follas opostas e lobuladas e cos foitos con ás (sámaras dobles). Son árbores moi valoradas para os parques e xardíns, en especial polas vivas cores das súas follas no outono.

  22. Arce americano (Acer negundo). Ramo con froitos. Orixinario de América do Norte. Coas follas opostas e compostas.

  23. Acer palmatum. Nos parques e xardíns atópanse moitas variedades de arces coas follas simples e palmeadas de fermosas cores no outono.

  24. Arce real (Acer platanoides). Parque de Castrelos (Vigo). Mide 34 m de altura.

  25. FREIXO FLORIDO (Fraxinus ornus) Ten as flores moi vistosas, hermafroditas, de cor branca agrupadas en grandes acios terminais. Freixo florido do Pazo Mariñán. (Bergondo). Mide 13 m de altura.

  26. SÓFORA DO XAPÓN(Sophora japonica) Árbore da familia das leguminosas orixinaria da China. Ten as follas compostas e froitos formados por legumes carnosas. Sóforas dos Xardíns do Posío (Ourense). Teñen máis de 100 anos. A máis grande mide 20 m de altura e máis de 3 m de perímetro troncal.

  27. Sófora da variedade “pendula” do Pazo de Lourizán (Pontevedra).

  28. CASTIÑEIRO DAS INDIAS(Aesculus hippocastanum) Árbore da familia das hipocastanáceas, orixinaria dos Balcáns coa copa abombada e densa, que pode acadar os 30 m de altura. A tona é de cor parda escura con fisuras. As follas son caedizas compostas-palmeadas, moi grandes, formadas por 5-7 foliolos ovovados, rematados en punta e coa beira serrada. As flores son hermafroditas, de cor branca ou rosada, agrupadas nunha panícula vertical. Florece en abril. É unha árbore empregada desde antigo como ornamental e moi popular en Galicia.

  29. Os froitos (castañas de indias, chamadas tamén castañas das Bruxas) son esféricos e espiñentos, de cor verde e ao abrir liberan as sementes, xeralmente unha, de forma globular e cor castaña brillante. Úsanse tradicionalmente para dar sorte e espantar as meigas. Tamén se poñían nos ropeiros para que non se picase a roupa. A tona da árbore e as castañas son vasoconstrictoras e empregábanse en mediciña popular contra as hemorroides.

  30. Castiñeiro de Indias do xardín de Padrón. Mide arredor de 29 m de altura. Castiñeiros de Indias da Alameda de Vigo.

  31. OMBÚ(Phytolaca dioica) Árbore da familia das fitolacáceas de orixe sudamericana que destaca pola estrutura do seu toro, ancho na base e que forma ocos e ramificacións. Xeralmente a folla é persistente pero en Galicia, polo clima, compórtase como caediza. Os máis grandes atópanse en Oleiros, Pazo de santa Cruz de Rivadulla, Casa-museo de Rosalía de Castro (Padrón) e xardíns Méndez Núñez (A Coruña). Ombú do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Mide 11,5 m de altura.

  32. Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz. (Oleiros-A Coruña). Ten 13 m de altura e un toro formado por varios brazos cun perímetro en conxunto de 15 m.

  33. METROSIDEIRO (Metrosideros excelsa) Árbore orixinario de Nova Zelanda, raro en Galicia. Destaca polas raíces aéreas que colgan dos seus talos. Metrosideiro do xardín da Torre de Andrade. (Pontedeume). Ten 22 m de altura e 5 m de perímetro troncal. Metrosideiro do Patio da Policía Municipal (A Coruña). Ten máis de cen anos e mide 18,50 m de altura e 6,38 m de perímetro troncal.

  34. BUXO (Buxus sempervirens) Arbusto ou árbore da familia das buxáceas que pode acadar os 5 m de altura coa copa baixa e densa. As follas son persistentes, simples, opostas, de forma elíptica ou ovada, de ata 15 mm de lonxitude, de cor verde escura e coirentas, e co peciolo curto. As flores nacen en distinto pé e son moi pequenas. Os froitos son cápsulas pequenas e duras que se abren en tres partes. É unha especie orixinaria de Europa, norte de África e sudoeste de Asia, cultivada desde moi antigo para formar sebes e abeirar paseos. É habitual formar sebes artísticas e labirintos.

  35. O buxo atópase naturalizado en Galicia, sobre todo nas serras orientais, onde algúns autores opinan que é espontánea. A súa madeira é moi apreciada para torneado e emprégase para instrumentos musicais, sobre todo para gaitas. En moitos casos chámaselle erroneamente mirto. Buxos do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra-A Coruña). Son os máis vellos de Galicia. Atópanse formando paseos e algúns en estado silvestre. Os máis grande miden 8 m de altura e teñen arredor de douscentos anos.

  36. Tarde de húmidos azuis. Neste abril de aire de árbores, un vello xardín pacego -entre verdes de buxos verdes, de loureiros, de tilos- e un rumor de augas por caneiros e fontes apaga tódalas voces. Luis Rei Núñez “Oca. A Ronda Invisible”. Buxos do Pazo de Oca (A Estrada-Pontevedra). Os máis grandes miden 13 m de altura.

  37. Buxos na illa de San Simón

  38. MIRTA (Myrtus conmunis) Arbusto de orixe mediterránea da familia das mirtáceas, que pode acadar 5 m de altura. É moi raro en Galicia e atópase naturalizado nalgúns bosques e cultivado nos xardíns. Os máis antigos e de maior tamaño están no Pazo de Mariñán (Bergondo), con 5 m de altura e máis de 150 anos. Crara noite, piano entre magnolias, voz de mirto ou de oboe. Luis Pimentel “Sombra do aire na herba”

  39. Mirtos no bosque do Pego, á beira do Ulla.

  40. RODODENDRO (Rododendron arboreum) Arbusto ou árbore que pode acadar 15 m de altura coas follas persistentes simples, alternas e de forma lanceolada coa beira enteira. Atópase cultivado en gran cantidade de parques e xardíns. Rododendro do Pazo de Castrelos

  41. As flores dos rododendros son hermafroditas, coa corola acampanada e agrupadas en ramiños. As cores varían de branca a encarnada, rosa ou púrpura. Rododendro do pazo de Serantellos (Cambados-Pontevedra). Dous exemplares de 12,5 e 13,5 m de altura e aproximadamente 150 anos.

  42. GINKGO(Ginkgo biloba) Árbore ximnosperma da familia das ginkgoaceas coa copa irregular, delgada e estreita, que pode acadar os 30 metros de altura. O toro é dereito pouco ramificado, coa tona de cor gris-castaña crara con sucos e fendas. É unha especie dioica. As flores masculinas son amentos cilíndricos de cor amarela, as femininas son de forma esférica, pequenas e de cor verde, sen pétalas e formadas por dous primordios seminais. Saen en grupos de 2-3. As follas son caedizas, simples, de ata 10 cm de lonxitude, con forma de abano. A semente está rodeada dunha envoltura carnosa que ao madurar é de cor amarela e de olor desagradable.

  43. O ginkgo e orixinario da China e consídérase un fósil vivo por ser o único representante actual de especies do Xurásico. Moi valorado en xardinería pola vistosa cor amarela das súas follas en outono. Ginkgos do Xardín de Fonseca. Santiago. Miden 26 e 21 m de altura e teñen arredor de 130 anos.

  44. ALCIPRESTES Co nome nome común de alcipreste coñencense varios xéneros de ximnospermas da familia das cupresáceas (Cupressus, Chamaecyparis e Thujas), que se caracterizan por ter as follas escamiformes, as flores femininas e masculinas separadas no mesmo pé ou en pés diferentes e os conos pequenos e globulares. A principal característica é o seu porte columnar-cónico e as ponlas cilíndricas.

  45. ALCIPRESTE MEDITERRÁNEO (Cupressus sempervirens). Orixinario do sudoeste de Asia e leste do Mediterráneo. Alcipreste mediterráneo. Casa da Cultura. Quiroga. Mide 27,50 m de altura. Alcipreste mediterráneo do Mosteiro de Ferreira de Pantón. Mide 16,50 m de altura.

  46. “O ALCIPRÉS E A ERMIDA”, Millenta soles deron volta ó mundo desque unha santa man benedictina chantou en terra este alciprés altivo cabo da ermida. As sedentas raíces alongadas ó maino río, as ponlas arrandea na luminosa outura dos frolidos campos de estrelas. O tronco forte, ríxido e cincento enmantado en follaxe verdemouro, vive sereo, estático, calado, místico ensono. ..... Ramón Cabanillas en “Samos”, 1958. CRENZAS E COSTUMES Os ramos de alcipreste úsanse contra o mal de ollo. CANTARES Alcipreste non se rega porque na lentura nace; amor firme non se esquece por máis traballos que pase. Alcipreste mediterráneo. Samos (Lugo). Ten perto dos 500 anos e mide 26 m de altura e 3,25 m de perímetro troncal.

  47. ALCIPRESTE DE CALIFORNIACupressus macrocarpa É orixinario da península de Monterrei, en California. Ten a copa máis redondeada e aplanada. As follas desprenden arume a limón ao seren fregadas. Xardín do Malecón. (Ortigueira-A Coruña). Impresionante paseo de alciprestes formado por 15 exemplares. Os máis antigos foron plantados a finais do século XIX, miden máis de 22 m de altura e 7 e 6 m de perímetro troncal.

  48. Alcipreste de California. A Misericordia (Viveiro-Lugo). Ten uns 130 anos e mide 23 m de altura e 8 m de perímetro troncal. Alcipreste de California. Pazo de Quintáns (Meis-Pontevedra). Ten uns 140 anos. Mide 30 m de altura e 8,6 m de perímetro troncal.

  49. ALCIPRESTE DE LAWSON (Chamaecyparis lawsoniana). É orixinario de Oregón e California. O xénero Chamaeciparis caracterízase por ter as ponlas aplanadas e os conos moi pequenos. Alciprestes de Lawson. Castelo de Soutomaior. Foi plantado a fináis do século XIX. Mide 31 m de altura. O toro está formado por seis brazos que se ramifican desde abaixo e que en conxunto miden máis de 6 m de contorno. Alciprestes de Lawson. Casa dos Quiroga, Hospital (O Incio-Lugo). Miden 24 m de altura e arredor de 9 m de perímetro troncal.

  50. TUIA XIGANTE (Thuja plicata) Son árbores orixinarias de América do Norte. As ponlas son aplanadas e as follas, ao fregalas, despiden un olor a limón e eucalipto mesturado. Os conos son pequenos e alongados. Tuia xigante do Pazo Torres Agrelo (Redondela-Pontevedra). Medía 32 m de altura e un raio rompeu o toro principal.

More Related