1 / 26

UNIDADE DIDÁCTICA DO CORRELINGUA EDUCACIÓN PRIMARIA

O idioma é a chave. UNIDADE DIDÁCTICA DO CORRELINGUA EDUCACIÓN PRIMARIA. O idioma é a chave coa que abrimos o mundo. Falamos galego. Por que, ao falar do noso idioma, Manuel María o identifica cunha chave?. Os mozos e as mozas falan o galego?

denna
Download Presentation

UNIDADE DIDÁCTICA DO CORRELINGUA EDUCACIÓN PRIMARIA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. O idioma é a chave UNIDADE DIDÁCTICA DO CORRELINGUA EDUCACIÓN PRIMARIA

  2. O idioma é a chave coa que abrimos o mundo. Falamos galego Por que, ao falar do noso idioma, Manuel María o identifica cunha chave?

  3. Os mozos e as mozas falan o galego? • No ano 2002 publicouse nos medios de comunicación un artigo que recollía os datos do proxecto Galbreus, un proxecto que estudaba o uso da lingua entre os escolares galegos, vascos e bretóns. • Alí recollíase que: • Entre 1990 e 2000 un 6,6 por cento dos mozos, ou sexa, máis de seis de cada cen mozos, deixaron de falar galego • Só a décima parte dos rapaces e rapazas son monolingües en galego, e menos da décima parte se desenvolve por igual en galego e en castelán. • Na escola, só a quinta parte dos rapaces recibía en galego a clase de galego, e a metade recibía menos de 6 horas de clase en galego. Este estudo tamén recollía que o galego se usa máis cós avós e menos cos pais ou irmáns, ou que lugares como cibers, discotecas, tendas... están totalmente castelanizados:

  4. Por que nos preocupa a situación do idioma? Porque segundo os datos do censo de poboación de 2001 o número de persoas que nunca falan en galego duplicouse en 10 anos, entre o 1991 e 2001, persoas que hoxe teñen entre 46 e 22 anos e que tiveron unha parte do seu ensino en galego. Nese período, o número de persoas que falan sempre en galego, a penas variou, e o número de persoas que o falan ás veces diminuíu. En conclusión, aínda que o número de persoas que falan sempre en galego aumentou do ano 1991 ao 2001, aumentou moito máis o número de persoas que non o falan e por tanto, incrementouse a perda de falantes.

  5. E vós que pensades? • En que lingua falades habitualmente na casa? • En que lingua falades no colexio? • En que lingua falades cos amigos e as amigas? Con quen falades en galego? Por que con esas persoas si e con outras non?

  6. Miremos ao redor • Cantos rapaces e rapazas da aula falan galego? Completade o cadro cos datos:

  7. E vós que pensades? • Á vista dos datos anteriores, cal é a vosa opinión? • Na vosa aula fálase máis en galego ca noutras aulas do colexio? • Pensades que cando saiades do cole seguiredes falando na mesma lingua que agora? Por que? Credes que isto lle afecta ao futuro da lingua? Cantos anos tedes en 2030? Un estudoso di que nesa data pode ter desaparecido o galego como lingua viva Que credes que ten que pasar para que unha lingua desapareza como lingua viva? Pensades que iso podería suceder? E se sucedese...?

  8. Imaxinade por un momento que ... Que un accidente xeográfico tan importante como as rías desaparecese. As nosas rías están sometidas a constantes agresións, sendo unha das máis importantes os recheos que modifican a súa extensión, pois reducen espazo ao mar e modifican as súas correntes, o que acaba repercutindo no desprazamento dos fondos areosos e na desaparición de determinadas especies mariñas. Por outro lado, a colmatación das áreas interiores das rías, debido ao exceso de lama e terra arrastradas polos ríos, ou ao efecto da vexetación, vai reducindo a súa profundidade e é outro elemento de destrución deste hábitat. A suma destes feitos e outras cuestións podería, ao longo de milleiros de anos, facer desaparecer este elemento xeográfico tan característico e xerador de riqueza. Pensas que Galicia sería o mesmo se desaparecesen as súas rías? Farías algo para deter esta transformación? Pois coa nosa lingua sería algo semellante, non?

  9. Porque é a nosa lingua, a que di quen somos, a que nos sitúa no mundo.

  10. Daquela... Será bo que pensemos en facer algo ... Para que cada día o galego estea máis vivo entre todos e todas. • Desde o Correlingua propoñémosche reflexionar sobre a situación do idioma, e expresar a túa opinión, non só na escola e entre os teus amigos e amigas, tamén na rúa, aos teus veciños e veciñas, a través dun acto lúdico e festivo, para reclamar o noso dereito a vivir e medrar en galego

  11. Comezamos cada edición convocando o concurso de manifesto e banda deseñada. Os traballos gañadores serán publicados na revista do Correlingua: Gañadores da Banda deseñada na edición de 2008 Gañadores do manifesto na edición de 2008

  12. O alumnado gañador dos concursos reciben como premio unha estancia no Albergue de Gandarío: dunha fin de semana para o alumando de Primaria, e de cinco días para o alumnado de Secundaria, estancias nas que estarán acompañados/as de monitores/as cos que realizarán diversas actividades sociolinguísticas. Os traballos premiados publícanse na revista do correlingua, onde estamos desexando recoller outros artigos que queirades enviarnos sobre o noso idioma, ou mesmo as vosas creacións literarias... A revista é vosa, usádea! Ah! No número 1 trae o xogo da oca do correlingua

  13. Logo, coa axuda dos vosos profes, preparamos un itinerario para saírmos á rúa para reivindicar o nosos dereito a vivir en galego. Non ten que ser un itinerario moi longo, nin hai que competir... Trátase de facer visíbel o noso idioma.

  14. Organizaremos un acto final, unha festa, para sermos exactos... E nela lerase o manifesto gañador

  15. E esta carreira e esta festa celébranse en todo o país, durante dez días imos pasando o testemuño dun lugar a outro A Mariña Ferrolterra A Coruña Lugo Santiago de Compostela Ribeira Sacra A Barbanza O Salnés Pontevedra Ourense Baixo Miño e o Condado Vigo Monterrei

  16. O Corelingua é máis divertido se imos todos e todas de festa. Que podemos facer para que a festa sexa máis grande? Pancartas. Escollede un lema e un deseño entre todas as propostas que vaian saíndo. Só precisades dunha tea, pintura e uns paus. Tedes que ter moi claro que queredes facer antes de traballar directamente sobre a tea. Disfraces. Como son moi poucos os que poden coller a pancarta, podédesvos disfrazar. Escollede un tema co que poidades convencer ao resto dos vosos compañeiros de que utilicen o galego, facede o deseño dos disfraces e ao Correlingua! Cancións e berros: Ademais do anterior podedes inventar cancións e berros que animen o percurso do correlingua, se non se vos ocorre nada podedes acudirá páxina web.

  17. Calendario: onde atoparás as datas de celebración do Correlingua en cada comarca, ademais do programa de actividades. Manifesto: aquí están os manifestos gañadoresde todas as edicións. A Polo Ghit do Correlingua: ao Correlingua imos de festa e ti podes escoller o grupo que máis che guste... Anímate e vota. Banda deseñada: e aquí as bandas deseñadas gañadoras. Himno: unha canción Bravú dos Diplomáticos de Montealto que é o himno oficial do Correlingua. Descarga a música e a letra. E temos unha páxina web: www.correlingua.org Nela atoparás: Taboleiro: nel podes deixar a túa pegada. Escríbenos e colgaremos a túa mensaxe. Ferramentas: xogos e actividades para pasar o tempo e aprender. Bases: as dos concursos está toda a información para participares nos concursos.

  18. Comprobamos Imos comprobar a vitalidade da nosa lingua:

  19. Concluímos Unha vez que recollimos todos os datos, que conclusións podemos tirar deles? Cal é a presenza da nosa lingua ao noso redor?

  20. En clave de humor O bilingüismo harmónico visto por Tokio O galego na xustiza, segundo o Carrabouxo

  21. Propoñemos • Á vista dos datos que manexastes, a nosa lingua está presente ao noso redor? • Si. Pensas que é así en todas partes? • Non. Que podemos facer para mellorar a súa presenza?:

  22. Lemos e comentamos: ¡Mamá, un gallego! “Cando o meu amigo Euxenio me contou o que lle pasara había uns meses, a verdade é que me deu a risa. Entrou el nunha tenda de electrodomésticos das Travesas e estaba a falar cun dependente cando un neno que ía coa nai sinalouno co dedo e exclamou: "¡mira mamá, un gallego!" Xa me tiña esquecido da anécdota, se non fose porque o outro día estaba eu coa miña filla no parque infantil da Miñoca e un neno de cinco anos, co que acababa de intercambiar algunhas palabras, me fitou dende o alto do tobogán. Cando me tivo ben observado preguntou: "oye, ¿tu eres gallego?", eu, algo sorprendido, resposteille: "eu si, e ti?", el, moi seguro de si e seguindo a miña mirada perplexa, foi remarcando: "pues yo soy español... español... de España, ¿sabes?". Artigo de Xoán Comesaña Pedreira

  23. Manter vivo o noso idioma, especialmente entre as xeracións máis novas, debe ser un dos traballos que, todas e todos, asumamos de cara ao futuro, seguindo a tradición do traballo colectivo. O correlingua quere ser unha ferramenta para ese traballo.

  24. Para escoitar e ... Bailar!

More Related