60 likes | 192 Views
AQUEL NADAL MARABILLOSO. Presentación Mes de decembro, mes de Nadal, mes no que todos os soños, fanse realidade. Como no mundo dos contos, na vida real, seres de todos os recunchos, xúntanse coma irmáns. Dá igual de onde veñas, se eres alto ou narigán, loiro, feo ou bigotudo,
E N D
AQUEL NADAL MARABILLOSO Presentación Mes de decembro, mes de Nadal, mes no que todos os soños, fanse realidade. Como no mundo dos contos, na vida real, seres de todos os recunchos, xúntanse coma irmáns. Dá igual de onde veñas, se eres alto ou narigán, loiro, feo ou bigotudo, a túa cor… ¡Que máis dá!
Hoxe imos presenciar, no cole Xulio Gurriarán, o que ocorreu aquí, hai moitos anos, ¡Un exemplo a imitar! Aquí pretiño da escola, vivimos Nós todos xuntiños, pero un día de súpeto, chegaron novos amiguiños. Dende o continente africano, unha recua de conguitos, redondos e bronceados, ¡Eran todos ben distintos!
Que máis dá de onde veñan, cultura, raza ou relixión, todos xuntos convivimos e disfrutamos un montón. Aprendemos moitas cousas, palabras novas e cancións, bailes, xogos e trasnadas, ¡Compartimos ilusións!. E chegado este momento, ¡Que comece xa esta función! Paz e Felicidade para o mundo enteiro e…. ¡Bo Nadal a tod@s!
CANCIÓN Ai ho, ai ho, xa chegou o Nadal, seremos felices, cos nosos amigos, xogar, xogar sen parar. (Repetir 3 veces) Somos os Conguitos, imos pasar o Nadal, con Brancaneves e os ananiños, unha festa xenial. (Repetir 3 veces)
Decoramos o abeto, con luces e espumillóns, bolas de moitas cores, a estrela é de impresión. (Repetir 3 veces) Ai ho, ai ho, este ano fomos bos, os reis virán, cargados de ilusións, por favor non traiades carbón. (Repetir 3 veces) Somos ben distintos, e estamos fenomenal, amigos coma irmanciños, espíritu de nadal. (Repetir 3 veces)
Somos ben distintos, e estamos fenomenal, amigos coma irmanciños, espíritu de nadal. (Repetir 3 veces)