150 likes | 302 Views
INNOVACIÓN AGRÍCOLA, ACCIÓN COLECTIVA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. Alfredo Macías Vázquez Departamento de Historia e Institucións Económicas Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. CARACTERÍSTICAS ESTRUCTURAIS DO MEDIO RURAL.
E N D
INNOVACIÓN AGRÍCOLA, ACCIÓN COLECTIVA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE Alfredo Macías Vázquez Departamento de Historia e Institucións Económicas Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CARACTERÍSTICAS ESTRUCTURAIS DO MEDIO RURAL • Actividade produtiva difusa no territorio (SIAL) • Predominio das PEMES • Presenza de coñecementos e saberes tácitos, non codificados • Resistencia social ao cambio • Envellecemento da poboación, emigración e perda de recursos humanos • Deterioro medioambiental, resultado da intensificación dos cultivos (erosión, contaminación,...) • Deficiencias nas infraestruturas de transporte e comunicación
DINÁMICA DO DESENVOLVEMENTO AGRARIO • O sector agrario posibilita a integración dos demais compoñentes do mundo rural, o desenvolvemento rural non é unha alternativa á agricultura • A competitividade das explotacións agrarias basease na capitalización, no uso crecente de insumos • O crecemento das rendas agrarias en orixe presenta restricións medioambientais • As políticas agrarias deixan de basearse en criterios produtivistas e proteccionistas, e cobran maior relevancia a sostenibilidade e a seguridade alimentaria
SITUACIÓN DOS MERCADOS AGROALIMENTARIOS • Saturación dos mercados, os prezos relativos e a renda perderon importancia na explicación do comportamento da demanda, fronte a factores de diferenciación do consumo de carácter sociocultural e dietéticos • Distribución comercial altamente concentrada, con gran poder de mercado • Dous tipos de estratexias competitivas desde o lado da oferta: liderazgo en costos e creación de valor, baseada na diferenciación en calidade
INNOVACIÓN TECNOLÓXICA Agraria Agroindustrial INNOVACIÓN ORGANIZATIVA Calidade Comercialización FACETAS DAINNOVACIÓN AGROALIMENTARIA
INNOVACIÓN TECNOLÓXICA AGRARIA • Sistemas de cultivo (laboreo tradicional, non laboreo, cuberta vexetal,...) • Tratamentos fitosanitarios • Fertilización • Semellas melloradas (OMX) • Regadío e plantacións intensivas • Recolección e transporte • Instrumentos de traballo agrario • Tracción mecánica
INNOVACIÓN TECNOLÓXICA AGROINDUSTRIAL • Sistemas de producción (refinación, destilación, pasteurización, fermentación,…) • Maquinaria • Liñas de envasado • Laboratorios de análise • Almacéns, bodegas e depósitos • Sistemas de limpeza e hixiene • Tratamento de residuos • Obtención de subprodutos
RESULTADOS TECNO-ECONÓMICOS • Crecemento da produtividade do traballo (mecanización) e da terra (insumos químico-biolóxicos) • Relacións máis asimétricas na cadea agroalimentaria, en prexuízo dos agricultores. Non sempre o incremento dos costos pódese trasladar a prezos, co conseguinte deterioro da renda agraria • Mellora na calidade organoléptica dos alimentos, aínda coa aparición de crises alimentarias e a detección de residuos químicos na produción final • Deterioro medioambiental
DOUS PROBLEMAS • ¿Cómo captar unha maior marxe de valor agregado a nivel do SIAL? • Non parece que a estrutura asimétrica de mercado permita recompensar os esforzos en innovación. • ¿Cómo acadar un desenvolvemento sostible? • Non parece que coa difusión de innovacións tecnolóxicas dirixida polas casas comerciais cambie a dinámica.
DÚAS ESTRATEXIASDE INNOVACIÓN ORGANIZATIVA • ORGANIZACIÓN COLECTIVA DA CALIDADE • Denominacións de Orixe • Indicacións Xeográficas Protexidas • Agricultura Ecolóxica • Producción Integrada • COMERCIALIZACIÓN EN COMÚN • Cooperativas de segundo e terceiro grao • Promocións conxuntas • Comercio electrónico • Comercio Xusto
FUNCIONALIDADE INSTITUCIONAL DAORGANIZACIÓN COLECTIVA DA CALIDADE • Sistemas de aseguramento da calidade para os distribuidores, creando relacións máis estables na cadea agroalimentaria (trazabilidade) • Protección xurídica das rendas de diferenciación do produto • Fixación dos atributos organolépticos para que o produto obteña os estándares de referencia, protagonismo dos produtores rurais no control de calidade • Fomento dos procesos de cooperación entre os axentes rurais, e coas administracións públicas (centros de I+D+i, servizos de extensión agraria, ...)
FUNCIONALIDADE ECONÓMICA DAORGANIZACIÓN COLECTIVA DA CALIDADE • Incrementar o valor agregado dos produtos agroalimentarios mediante a obtención de rendas de diferenciación • Fortalecer a captación territorial de valor agregado por parte dos sistema rurais de produción • Reducir os costos de transacción asociados ao mantemento da seguridade alimentaria e ao control de calidade (trazabilidade) • Mellorar o acceso directo aos liñais da grande distribución comercial, con etiquetado e marcas propias que permitan a obtención dun prezo máis elevado polos produtos
DIFUSIÓN DE INNOVACIÓNS TÉCNICAS EORGANIZACIÓN COLECTIVA DA CALIDADE • Necesidade de vincular as estratexias de innovación tecnolóxica coas dinámicas de calidade na produción agroalimentaria • Tradicionalmente, a difusión de innovación técnicas no medio rural foi protagonizada polas casas comerciais • Mediante mecanismos de cooperación interinstitucional, liderados polas organizacións colectivas da calidade, pódese orientar a difusión de innovacións, intensificando a incorporación de novas tecnoloxías respectuosas do entorno ambiental e comprometidas coa seguridade alimentaria
PROTAGONISMO INNOVADOR DA ORGANIZACIÓN COLECTIVA DA CALIDADE • As organizacións colectivas da calidade poden mobilizar iniciativas innovadoras, poden ser vectores de innovación propiamente ditos • E o máis importante, poden codificar o coñecemento tácito tradicional, permitindo a apropiación dos beneficios por parte dos produtores rurais e impedindo unha distribución desigual das ganancias entre os mesmos • Estas organizacións xogan un papel central na hibridación dos saberes tradicionais coas novas tecnoloxías e os novos coñecementos en materia de calidade, medio ambiente e produción agroalimentaria
DESAFÍOS DOS PROCESOS DE INNOVACIÓN NO MUNDO RURAL • Continuar orientando a innovación tecnolóxica cara a mellora da produtividade, pero tendo en conta a súa sostenibilidade ambiental e a seguridade alimentaria • Tomar conciencia da existencia de procesos de innovación aínda pendentes en materia organizativa, pois parece claro que a innovación tecnolóxica como tal non representa unha condición suficiente desde o punto de vista da captación territorial dunha maior marxe de valor agregado