50 likes | 195 Views
UNIDADE 05. Contidos Lingua 1. O verbo. 1º ESO | UNIDADE 05 | LINGUA GALEGA E LITERATURA. Dialogamos. 1. O verbo. 1.1. Que é o verbo?. É unha clase de palabra que serve para indicar unha acción, un estado ou un proceso. Sintacticamente é o elemento imprescindible da cláusula.
E N D
UNIDADE 05 Contidos Lingua 1. O verbo 1º ESO | UNIDADE 05 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Dialogamos 1. O verbo 1.1.Que é o verbo? É unha clase de palabra que serve para indicar unha acción, un estado ou un proceso. Sintacticamente é o elemento imprescindible da cláusula. Composición Lexema ou raíz. Achega o significado léxico e permanece invariable no paradigma (regulares). Pode admitir pequenas variacións (irregulares e algúns regulares): and-a-re-mos, varr-e-re-mos, part-i-re-mos. Vogal temática (VT). Indica a conxugación (1ª, 2ª, 3ª) á que pertence o verbo:and-a-re-mos, varr-e-re-mos, part-i-re-mos. Morfema modo/tempo (MMT). Achega significado gramatical: o modo e o tempo:and-a-re-mos, varr-e-re-mos, part-i-re-mos. Morfema de nº/persoa (MNP). Achega significado gramatical: a persoa suxeito da acción verbal e o número:and-a-re-mos, varr-e-re-mos, part-i-re-mos. 1º ESO | UNIDADE 05 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Dialogamos O modo Indícanos a maneira ou a forma de presentar a acción, a actitude do falante ante o verbos. Existen tres: O indicativo: accións reais. O subxuntivo: desexos ou intencións. O imperativo: ordes ou mandatos. O tempo Infórmanos sobre o momento en que se desenvolve a acción. Presente: canto. Pasado: cantei. Futuro: cantarei. O aspecto Permítenos diferenciar se a acción verbal está ou non rematada. Perfectivo:a acción indicada polo verbo está rematada. É o caso do pretérito e do antepretérito. Imperfectivo: a acción indicada polo verbo está sen rematar ou en desenvolvemento. É o caso do presente, o copretérito, o futuro e o pospretérito. 1º ESO | UNIDADE 05 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Dialogamos 1º ESO | UNIDADE 05 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Dialogamos Voz A voz verbal indica se o suxeito recibe ou realiza a acción. Voz activa: o suxeito realiza a acción do verbo. Voz pasiva: o suxeito recibe a acción do verbo. 1º ESO | UNIDADE 05 | LINGUA GALEGA E LITERATURA