220 likes | 559 Views
Evolución da Música. Rubén Márquez Gil Laura Varela Alfonso. Evolución da Música. Nesta presentación falaremos sobre: Música na Prehistoria Música do Antigo Exipto Música Antiga Grecia Música da Antiga Roma Música Medieval. Música na Prehistoria.
E N D
Evolución da Música Rubén MárquezGil Laura Varela Alfonso
Evolución da Música • Nesta presentación falaremos sobre: • Música na Prehistoria • Música do Antigo Exipto • Música Antiga Grecia • Música da Antiga Roma • Música Medieval
Música na Prehistoria A orixe da música é descoñecida xa que nun principio non se utilizaban instrumentos musicais , senón que utilizaban a voz, ou a percusión corporal. Crese que apareceu coa lingua. O cambio de ton na linguaxe produce un canto, de maneira que é probable que aparecera desta maneira. Ou sexa, a música naceu para mellorar os sons da linguaxe. Na Grecia Antiga Hermes é o primeiro creador dun instrumento musical , a arpa. Esta estaba feita cunhas cordas atadas ao caparazón dunha tartaruga.
Música na Prehistoria Fai cinco mil anos o emperador Chinés Hoang-Ti,axudou a que evolucionase a musica, cando ordenou crear unha melodía a os seus súbditos, e dixo que debería basearse nos sons da natureza. Na mitoloxía xermánica crese que Heimdall tiña un corno xigante que tocaba cando comezaba o crepúsculo dos deuses. Desta maneira a maioría da tribos e pobos utilizaban a música con propósitos relixiosos. Heimdall
Música do Antigo Exipto A música no antigo Exipto usábase en diversas actividades, pero o seu desenvolvemento principal era nos templos, onde era usado durante os rituais dedicados aos deuses e tamén como un remedio terapéutico.Isto sábese grazas a algúns papiros. Como noutros pobos, tamén era considerado un medio de comunicación cos mortos, e os músicos chegaron a un tal categoría que algúns están enterrados nas necrópoles .
Música do Antigo Exipto Non se sabe como que era realmente esta musica, xa que non se representaba,e era transmitida de profesor a alumno.Pero quedan textos que proporcionan información nalgúns aspectos. Ademais encontráronse algus instrumentos e a sua representación con danzantes.
Música do Antigo Exipto A principios só tiñan instrumentos de percusión, polo que queda claro que a música era rítmica. Polas imaxes conservadas sabemos que usábase para invocar o favor dos deuses da colleita, ou para afastar as pragas.No cuarto milenio xurdiu a frauta vertical e arpa, sendo este último unha especie de instrumento nacional dos exipcios. Por o estudo dos instrumentos, dos que existen numerosas representacións, crese que seguían unha escala heptatónica (sete sons) ou pentatónica (cinco sons)
Música Antiga Grecia A música da Grecia antiga era unha arte que estaba presente na sociedade, nas celebracións, funerais, no teatro, e a música popular que tiveron os poemas épicos. Actualmente consérvanse fragmentos sobre notación musical usado polos gregos , así como moitas referencias literarias sobre a música da Grecia antiga.A través disto tívose unha idea de como soaba a música grega, e o seu papel na sociedade. Así podemos encontrar representada a actividade de tocar instrumentos na cerámica grega.
Música Antiga Grecia Na primeiras representacions non había asubíos, ruídos non musicais, ou palmas para aplausos. A regra era escoitar e aprender discretamente.O público foron mantidos en orde coa ameaza de pau. Pero isto cambiou cos poetas que tiñan talento natural, pero non seguían as regras , os cales decian que a sua musica debia ser xulgados segun como lle gustara ao publico.
Música Antiga Grecia A escala fundamental dos gregos da antigüidade foi o doria: re, mi, fa, sol, la, si, dó, re. Sen embargo, mentres que a escala moderna é "ascendente", a doria era "descendente".Levantala, era a ollos dos gregos, empezala do revés.
Música Antiga Grecia Consérvanse sobre 60 fragmentos musicais gregos ,pero están moi incompletos, escritos en papiros do período grecorromano atopados en Exipto.
Música Antiga Grecia O papel da música na sociedade da Grecia antiga foi dalgún modo ligada á súa mitoloxía: Un exemplo é o de Orfeo, un profesor de música, que cando tocaba a súa lira podería adormecer as bestas. A música estaba presente en todo: os Xogos Píticos, os Xogos Olímpicos,as cerimonias relixiosas, actividades lúdicas e mesmo nas introducións dos dramas.
Música Antiga Grecia As obras líricas de todos os poetas antigos foron compostas para seren cantadas.A Traxedia grega era un drama en gran parte musical , en elas cantaban sobre todo coros. A danza no teatro era unha danza sen virtuosismo, sen parellas, (os grupos de danza estaban so composto por homes) e era lenta. Era unha danza onde o movemento das mans e actitudes corporais desempeñou un papel maior que os pasos bailar.
Música Antiga Grecia Outros instrumentos gregos Lira Hydraulis , esquema Corneta
Música da Antiga Roma Roma conquistou a Grecia, pero a cultura desta era moi importante, e aínda que ambas as culturas se fundiron, Roma non aportou nada á música grega. Sen embargo evolucionou do xeito romano, variando as veces a súa estética.A fundación de Roma sucede un acontecemento musical, os ludiones. Estes foron algúns dos actores de orixe etrusca a bailar ao ritmo da tíbiae. Os romanos intentan imitar eses oficios e engadir o elemento da música vocal.
Música da Antiga Roma Os romanos nun principio eran moi bárbaros e guerreiros para desenrolar as artes e especialmente da música.No tempo de Romuloe pouco despois del, tocábase a frauta e os címbalos nos sacrificios que se facían á deusa Cibeles. Numa Pompilius escollía para ela os patricios que tiveran unha fermosa figura, cuxas funcións se limitaban a cantar himnos e tamenenhonor do deus da guerra.
Música da Antiga Roma Lucio foi o primeiro que inventou en Roma, unha comedia que consistía en recitar versos acompañados por un tocador de frauta e máis tarde por outros de cordas. Baixo o Consulado de Emilio , a música rexurdiu máis esplendidae foi introducida en festas. A continuación, concedéronse privilexios a todos os músicos de outros países que quixeran establecerse en Roma. Pouco despois Manlio, trouxo de diferentes países e, especialmente, de Grecia, os músicos máis famosos e, desde entón, a música contribuíu ao esplendor das festas e sacrificios.
Música Medieval As celebracións relixiosas dos primeiros cristiáns foron gradualmente formando un novo tipo de expresión musical de carácter vocal. En España, o canto mozárabe foi usado e mostra a influencia da música norteafricana. Salvo algunhas excepcións, os manuscritos conservados do século XII, son maioritariamente de música de igrexa. Esta é o centro da música e durante séculos será a fonte de toda a inspiración melódica. Con todo, só os monxes que a practican constantemente, aprecian plenamente a súa diversidade.
Música Medieval A mediados do s. IX, os monxes de Jumieges comezaron a introducir poemas nemotécnicos nas longas vocalizacións dos aleluias , a o ritmo dunha sílaba por cada nota, para axudar aos cantantes a lembrar as sucesivas partes da melodía.
Música Medieval Tamén se utilizaba a musica fora das igrexas.Un exemplo disto son os trobadores aínda que utilizaban ritmos litúrxicos. Os trobadores xa non usaban a prosa latina, senón que utilizaban os versos romance ,polo que o ritmo das súas obras xa non sé baseaba na cantidade métrica de cada sílaba.Isto fai que se desenvolva certas fórmulas rítmicas, entre as notas longas e curtas, que tería un gran impacto sobre a música polifónica.
Música Medieval Os xograres ,mesturan nas súas actuacións o malabarismo, a música, a sátira, a lírica.... Eles son os únicos transmisores da música popular non litúrxica, pero seguida dos procedementos máis avanzados do canto gregoriano.Á parte das habilidades circenses, os xograres en xeral acompañábanse con instrumentos musicais prohibidos pola Igrexa a causa da súa antiga vinculación á vida pagá. Había xograres de moi diferentes tipos e calidades, dende os máis simples e vulgares, ata os que se confundían cos trobadores.
Música Medieval Rabel Xograres