E N D
INTRODUCCIÓN A fauna abisal corre un grave perigo. Os vertidos de petróleo, os “containers” dos barcos non desaparecen, senón que matan a moitas especies cun gran valor para o coñecemento do noso mundo e algunhas ata poden gardar a cura a moitas enfermidades perigosas. A vida nos nosos océanos sufre un gran perigo e non se vai a salvar soa, necesita con moita urxencia da nosa axuda. Se un puñado de homes poden mover unha montaña, todos xuntos, podemos salvar o mar!!!!!!
PRÓLOGO Vouvos a propoñer un xogo, para o que usaremos a nosa imaxinación: Supoñamos que estamos dentro dun batiscafo, faise de noite, hora onde as criaturas máis interesantes comenzan a súa actividade, soan as alarmas…comenzamos a descender.
A TAN SÓ 20 METROS A noite na costa crea unha bonita paisaxe submarina, onde vemos bancos de pequenos peixes, algas no fondo, estreiñas de mar…
ENTRAMOS NO ABISMO Divisamos unha depresión no fondo mariño polos ollos de boi, xiramos e… en fronte de nós, estaba a entrada a un mundo sen explorar, un novo planeta…
AS PRIMEIRAS VISIÓNS DA FAUNA O noso submarino adéntrase na escuridade e así… Contactamos coas primeiras formas de vida no escuro abismo, a ver se atopo as fotografías…
Xenial!!! imos ver… temos moita vida… O primeiro peixe trátase dun celacanto: Latimeria Chalumnae Iso que vemos ahí, ó seu carón, é un gusano luminiscente: Abylopsis tetragona Varias medusas Mertensia ovum Tamén, nunha esquina temos a un peixe linterna:Centrophryne spinulosa E…. O que parece ser un extraño peixe voador nocturno.
CONTINUA O DESCENSO Continuando cara o fondo, atopamos cun calamar moi bonito, que soltou tinta fluorescente antes de desaparecer apagando os seus fotóforos: Watasenia scintillans
NA COVA OCULTA Ó ir descendendo atopamos unha cova cunha grande apertura, e antes de continuar, decidimos investigala. Alá imos!!! Tras entrar vemos unha bonita escena: unha nai e as súas crías.
A BOA NAI ACUÁTICA Trátase dun zoárzido que fai algo único….dá de mamar as suas crías!! Thermarces cerberus
A 200 METROS Seguimos baixando e encontramos bastante vida por eses fondos: A medusa de arriba e a da esquina inferior esquerda son xigantes Praya dubia O calamar é un Vampiroteutis infernalis Ese peixe de grandes colmillos e brillo amarelo é un Melanocethus jonsony E, por ultimo, o peixe longo é un Idiacanthus atlanticus
PERO QUE ???? Tras baixar ata os 400 metros as alarmas soan,o noso submarino detecta un obstáculo… que dá voltas ao noso arredor…Cando por fin o vemos trátase dun xigantesco Architeuthis dux Que , tras soltar tinta fluorescente, márchase axiña.
NO FONDO Ao chegar ó fondo podemos contemplar uns seres extraterrestres…de esquerda a dereita son: Clione limacina Limancia helicina Hydromyles globulosa
Rematou o xogo, a que quedastes abraiados coa riqueza natural dos nosos océanos??? LEMBRADE PROTEXELOS SEMPRE!!!!! FIN
AUTOR Iván Orois Longarela 6ºA C.E.I.P de Arzúa, A Coruña A maioría das ilustracións feitas polo autor