350 likes | 501 Views
UN XOGO “DIVINO”. ¿QUEN É QUEN NA MITOLOXÍA GREGA?. AS REGRAS DO XOGO. O profesor é o árbitro e as súas decisións son incuestionables. Cada imaxe acertada sumará un punto se o alumno non precisa de ningunha pista.
E N D
UN XOGO “DIVINO” ¿QUEN É QUEN NA MITOLOXÍA GREGA?
AS REGRAS DO XOGO. • O profesor é o árbitro e as súas decisións son incuestionables. • Cada imaxe acertada sumará un punto se o alumno non precisa de ningunha pista. • As imaxes poden ser de calquera figura mitolóxica: deuses, deusas, heroes, monstros… • Por cada pista descontarase 0´25. Haberá tres pistas como máximo. Se despois da terceira pista ningún alumno descubre o deus ou ser mitolóxico será o profesor quen aporte a solución. • Gañará ao alumno que ao final da clase teña acadado a puntuación máis alta.
POR SUPOSTO… • Para intervir haberá que levantar a man. • Se unha persoa responde sen levantar a man, a súa resposta non será tida en conta, malia que sexa correcta… • …e a súa resposta poderá ser aproveitada por un compañeiro que levante a man. • Se dúas persoas levantan a man ao mesmo tempo, o profesor determinará quen debe intervir se cre que, en realidade, un dos dous a levantou un pouco antes. • Se o profesor cre que a “simultaneidade” foi total intervirá a persoa que menos puntos teña nese momento. • Se os alumnos tivesen a mesma puntuación, intervirán por orde alfabética.
AS PISTAS… • Poden ser imaxes, textos ou as dúas cousas. • Se un alumno da unha resposta errónea a partir dunha pista, esa pista quedará inmediatamente invalidada. • Se un alumno soubese a resposta nese momento terá que esperar á seguinte pista para dar a resposta correcta.
IMPORTANTE Cando o nome grego do deus/heroe…sexa diferente en grego e en latín só se considerará correcto o nome grego… Zeus Hera
OUTRA PRECISIÓN Cando nunha imaxe se represente unha “parella mítica”, é dicir, DOUS personaxes míticos…¡teredes que dicir os dous ou o profesor-árbitro non considerará correcta a resposta! Exemplo:
Ὁ Ὀδισσεύς καὶ ὁ Κύκλωψ ΠολύφημοςODISEO E O CÍCLOPE POLIFEMO Odiseo e o cíclope Cerámica pintada Museo de Eleusis
UNHA PROBA ANTES DE COMEZAR…. ¡NON PUNTÚA!
Primeira pista: ela era unha princesa fenicia… Segunda pista: un día estaba amigas coas amigas na praia e de súpeto… Terceira pista: o touro non é un touro…
Ὁ Ζεύς καὶ ἡ Εὐρώπη / ZEUS E EUROPA O rapto de Europa Guido Cagnacci (1650)
AGORA SI… ¡COMEZAMOS!
Fíxate nas “peculiares” sandalias: Fíxate no casco: É un deus rápido.
Ἑρμῆς / HERMES Hermes de Andros Museo Nacional de Atenas
Primeira pista: ¿Que ten o deus na cabeza? Segunda pista: ¿Qué ten o des na man? É un deus moi “festeiro”.
Διόνυσος / DIONISO Baco adolescente Caravaggio Galería dos Uffizi (Florencia)
Primeira pista: ¿para que serviría ese tridente? Segunda pista: Terceira pista: ¿e agora?
Ποσειδῶν / Posidón Posidón, estatura de bronce (c.450 a.C) Museo Arqueolóxico nacional (Atenas)
Primeira pista: el era un xoven tracio Segunda pista: era músico e poeta. Terceira pista: non debería ter mirado cara atrás…
Ὀρφεύς καὶ Εὐρίδικη / ORFEO E EURÍDICE Orfeo e Eurídice C. Kratzenstein-Stub (1783-1816)
Primeira pista: Segunda pista: Terceira pista:
Ὁ Θησεύς καί ὁ Μινώταυρος/ TESEO E O MINOTAURO Teseo e o Minotauro Pintura procedente de Pompeia Museo arqueolóxico de Nápoles
Primeira pista:¿Para que serán esas frechas…? Segunda pista: unha imaxe máis coñecida… Terceira pista: erótico, erotismo, eróxeno…
Ἔρως / EROS Adolphe William Bouguereau Moza defendéndose de Eros 1880
Primeira pista: naceu da escuma producida ao caer ao mar os xenitais de Urano… Segunda pista: nai de Eros… Terceira pista: afrodisíaco, hermafrodita….
Ἀφροδίτη/ AFRODITA Venus de Milo Finais do século II a.C
Primeira pista: Segunda pista: namorado de Dafne Terceira pista: matou a serpe Pitón
Ἀπόλλων / Apolo “A contemplación desta marabilla faime esquecer todo o demais…” J.J. Wincklemann Apolo de Belvedere Leócares Museos Vaticanos (Roma)
Primeira pista: rapta a Perséfone Segunda pista: ¡que can máis arrepiante…! Terceira pista: Vive no “inframundo”…
Ἅιδης / HADES Rapto de Proserpina Bernini (s. XVII)
Primeira pista: Segunda pista: Terceira pista: deusa cazadora; Diana en Roma.
Ἄρτεμις / ÁRTEMIS Diana de Versalles Museo do Louvre (París)
Primeira pista: Segunda pista: Terceira pista:
Ἄρης / ARES Marte Velázquez Museo do Prado
Primeira pista: 1/3 muller +1/3 paxaro + 1/3 león = ? 2ª pista: ¿Que ser anda primeiro a catro patas, despois a dúas e finalmente tres? 3 ª pista: complexo de…
Ὁ Οἰδίπους καὶ ἡ Σφίγξ / EDIPO E A ESFINXE Auguste Dominique Ingres 1808-1827 Museo do Louvre