290 likes | 547 Views
Picasso para Celso Emilio Ferreiro. Miró para Celso Emilio Ferreiro. XANEIRO 1972, II. Celso Emilio Ferreiro. O pan é máis útil que a poesía, pro ¿como comer o pan sen o compango da poesía?. A.S. Sementar : plantar algo para que floreza, para que medre
E N D
Miró para Celso Emilio Ferreiro
XANEIRO 1972, II Celso Emilio Ferreiro
O pan é máis útil que a poesía, pro ¿como comer o pan sen o compango da poesía?. A.S.
Sementar: plantar algo para que floreza, para que medre Espranza: esperanza (palabra non normativa) Noite pechada: escuridade total Anguria: angustia Abafar: afogar, non deixar respirar Surrir: sorrir (palabra non normativa) Crara: clara (palabra non normativa) A cita inicial é de Arístides Silveira (aristado: que molesta; silva: que pincha), pseudónimo do propio autor Celso Emilio Ferreiro: O pan é máis útil que a poesía, pro ¿como comer o pan sen o compango da poesía?. A.S.
O nome de Moraimatráellesempre a esperanza e a paz, morrendo cando non o pronuncia. A muller é o símbolo da esperanzaHaidúas partes claras: 1 positiva con Moraima, unha negativa senMoraima1ª parte: catro estrofas paralelísticas e sinónimas (vivir)2ª parte: unha estrofa que rompe en todo coas anteriores (morrer)
O esquema da rima é o mesmo na 1ª parte e diferente na 2ª. Realmente os catro primeiros versos libres non o son porque a rima abraza, envolve as catro estrofas positivas deixando libre a negativa, a 5ª coa palabra morrer (único –ér do poema)
Son maioría as palabras coa vogal tónica a: claridade, sonoridade, abertura, sentimentos positivos
Tamén abundan as palabras con vogal tónica i (forte, berro, son agudo) para marcar e reforzar a palabra Moraima. Menos na última na que digo/dicir está precedida de negación
Se sumamos as tónicas a e as tónicas i, pouco queda e boa parte na última estrofa
Outro recurso que aporta sonoridade ao poema é a continua repetición de consoantes nasais (m,n,ñ). Nisto non hai diferenzas nas dúas partes.
A unidade rítmica é o par de versos, hai un continuo encabalgamento tanto na 1ª coma na 2ª partes. Mais na segunda só hai dous pares de versos, non tres.
3+3+3+3= 12,12+1= 13 Moraimas, palabra-tema, enche o poema. Nun poema de 91 palabras, 13 son Moraima
O mesmo verso digo Moraimarepítese 12 veces na parte positiva e cambia na negativa rotundamente: non dicir Moraima.
A anáfora (repetición da 1ª palabra no verso) é constante. A conxunción temporal cando repítese decote para dar a impresión de sempre, idea reforzada polos tempos en presente habitual
Suprimido o verso repetido 12 veces, aínda temos tres series de versos paralelísticos (que repiten a mesma estrutura), menos na parte final que só se mantén a serie 1 -serie 1: vivir, soñar, chorar, sorrir // morrer-serie 2: esperanza, escuridade, angustia, claridade-serie 3: claridade, claridade, sosego, tranquilidade (achegadas por Moraima)
Se suprimimos as palabras que se repiten, teremos (mantendo os artigos necesarios) un poema moi breve de 50 palabras (total 91). Así que toda a poesía está baseada na repetición
Moraima converte a esperanza en alba azul, a noite en luz, a anguria en mar calma, a mañá clara en tarde mansa. Pero a súa ausencia só trae a morte e o silencio. Moraima é a vida, a súa ausencia é a morte
Hai un avance temporal desde o comezo do día (da vida) ata a tarde mansa (a madurez da vida), semprena compañía da mullerMoraima. Se ela falta só quedará a morte e o silencio
Finalmente, vemos unha poesía de aparente sinxeleza mais moi elaborada, cunha simplicidade final que é produto da depuración, do traballo, da selección intencionada.
O poema pertence á obra Onde o mundo se chama Celanova, última de Celso Emilio Ferreiro, publicada en 1975. É o 2º da serie de poemas "de 1972“. É un canto á súamuller, Moraima, como obxecto amoroso ou como confidente da súaintimidade. É un poema lírico, subxectivo, dun poeta máiscoñecido polos seus versos de tema social e patriótico .
Celso Emilio Ferreiro (1912) coñeceu a Moraima(María LuísaMoraima Laredo Fernández) en 1938 (el era radiotelegrafista no exército e un día marcou por erro un número, o dela e de aí…)Dedícalle este poema en 1972. Cantos anos tiña Celso Emilio en 1972? Cantos anos pasaran desde que se coñeceran?
www.ogalego.eu • Anxo González Guerra • Vitoria Ogando Valcárcel Versiónsmusicadas en Son de poetas Versión de María do Ceo, No bico un cantar