580 likes | 769 Views
COIDA O TEU PLANETA. LUCÍA PÉREZ COELLO (1º Bacharelato) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero Pedrayo. Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano. Se todo o mundo levase o meu estilo de vida…. 2 PLANETAS!!!!!. ¡¡¡¡NECESITARIAMOS.
E N D
COIDA O TEU PLANETA LUCÍA PÉREZ COELLO (1º Bacharelato) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero Pedrayo. Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano
2 PLANETAS!!!!! ¡¡¡¡NECESITARIAMOS ¿E TI?http://www.myfootprint.org/es/visitor_information/
Pensaba que levaba unha vida respectuosa co medio ambiente… …pero decateime de que cada mínima cousa que facía tiña un enorme impacto no planeta…
E PREGUNTEIME… ¿QUE PODO FACER?
ENTÓN, ANOTEI TODOS OS PASOS A SEGUIR PARA COIDAR O MEU PLANETA VELAQUÍ OS TES…
O FO A G N R
LUZ EFICIENTE E DURADEIRA O 80% das bombillas tradicionais tradúcese en calor en non en luz, ao revés que en bombillas de baixo consumo, que traducen o 80% en luz e 20% en calor. De aí que duren tanto: ao queimar menos, quéimanse menos. • Apaga as luces innecesarias. • Instala bombillas de baixo consumo. Aínda que son máis caras, ao longo saes beneficiado/a.Non as utilices en zonas de tránsito constante ou nas que pase menos de 15 minutos, pois o apagado e acendido acurta a súa vida.
NO BAÑO… • Pecha as billasmentres lavas os dentes, te afeitas…Utiliza un vaso de auga no canto de abrir a billa • Sitúa a billa en posición de auga fríacando usemos pequenas cantidades de auga. Situar a billa en auga quente usa enerxía para quentar un auga que nunca chega a acadar a billa. • Fixa á cisterna do inodoro reguladores que permitan tirar da cadea o xunto para baleirar o retrete na medida precisa. • ¡¡Tira da cisterna só cando sexa preciso!! E non o utilices a modo de papeleira.
Toma duchas de cinco minutos no canto de baños. Aforras ata 80 litros cada vez. • Instala unha cabeza deducha de fluxo reducido; supón un 50% de aforro. • Non lixes as augas.
NA COCIÑA • APROVEITA A AUGA DA CHUVIA • Aproveita esa auga de chuvia que queda no plástico da roupa para regar as prantas. • SISTEMAS DE ALMACENAXE: http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/urbano/2008/06/15/177775.php • Se a túa cociña funciona con electricidade, apaga o lume uns minutos antes de terminar. A calor remanente que conserva é suficiente para terminar a elaboración dos alimentos sen utilizar máis electricidade.
AFORRA COA LAVADORA • Chea ou semibaleira consume o mesmo. Por iso convén usala a plena capacidade. • Se vives só, usa unha individual. • A elección do modelo é esencial. Un modelo de clase A utiliza un 70% de auga e un 40% de enerxía menos que un modelo inferior. • Lava a túa roupa en auga fría sempre que sexa posible. • Procura utilizar deterxentes sen ou con baixos fostatos; selecciona a alternativa menos tóxica. ETIQUETA ENERXÉTICA
APROVEITA A LUZ NATURAL • Deixa entrar a claridade do día. Cunhas cortinas lixeiras nas ventás, preservas a túa intimidade e, ao mesmo tempo a luz do solpenetra na túa casa. • Decora as habitacións con cores claros que reflictan a luz do sol. • Convén secar a roupa ao sol, pois as secadoras eléctricas gastan ata 6.000 vatios. • O secador consome 3.250 vatios. Fai un peinado menos complicado, dúchate pola noite ou sécate o pelo ao sol con axuda dunha toalla. De seguro que estarás monísim@ igual!
USO RAZOADO DA CALEFACCIÓN O despilfarro doméstico da calefacción nun fogar de catro persoas cústalle ao noso peto 500 euros anuais. Ademais, xunto co coche, é un dos maiores emisores de contaminantes. • ¡Pecha as xanelas! • A temperatura ideal dunha casa en inverno é de 19-21ºC. Polanoite, salvo en zonas moi frías, apaga os radiadores, pois a calor acumulada basta. • Instala burletes nas ventás. • Abrígate, estar de manga curta mentres fóra xea non é plan
AS NEVEIRAS E O LAVALOUZAS • Aínda que non o creas, o lavalouzas é ecolóxico: consume seis veces menos de auga e enerxía que si fregamos a man (con 15 litros de auga logra o que un con 118 litros). • En canto á neveira, non a manteñas aberta en máis de10 segundos. De non ser así, o motor actívase e o consumo aumenta • Deixa por detrás 5 cm de distancia á parede; así aforrarás un 15% de electricidade. • Realiza desconlexado e limpeza de neveiras e conxeladores con regularidade. A escarcha aumenta o consumo necesario para alcanzar a temperatura de funcionamento.
EDUCIR EUTILIZARECICLAR R R R
REDUCE • Merca os alimentos que realmente necesites, evitando o seu deterioro e consumíndoos frescos. • ¿Por que está a televisión acesa se non hai ninguén na habitación? • ¿Por que temos enchufados os cargadores á rede sen ningún aparello cargándose?
O DERROCHE DO “STANDBY”: supoñen entre un 5 e un 10% da electricidade que gastamos ao ano en casa. • Compra produtos de papel reciclado. Precísase un 70% menos de enerxía para facer papel reciclado e evítase a perda de bosques en todo o mundo. • Evitaen gran medida os produtos con embalaxe supérfluo(caixas, packs…).
REUTILIZA… • …o papel usado por unha cara. • …os sobres. • …as bolsas de plástico do super. • …os panos de tea (no canto de panos de papel). • …e ata os teus disquetes!!! Deixa voar a túa imaxinación. Pasarás un bo rato e estarás facendo algo bo para o teu planeta.
RECICLA Cada español xera ao redor de máis de quilo e medio de lixo cada día. A pesar da recolleita selectiva, só se recupera para volver introducir nos ciclos produtivos ou da natureza menos dun 12 %. QUITAR SEMPRE QUE SEXA POSIBLE AS ETIQUETAS DE PAPEL E OUTROS IMPROPIOS COMO ARGOLLAS DE PLÁSTICO. BOMBILLAS, VIDRO PIREX OU CRISTAIS DE FIESTRAS. BOTELLAS E BOTES DE VIDRO.
PAPEL E CARTÓN LIMPOS ESEN CINTAS ADHESIVAS, ANACOS DE PLÁSTICO OU GRAPAS. PLÁSTICOS, BANDEXAS DE POREXPAN, BOLSAS DE FILME DE POLIETILENO, LATAS E ENVASES METÁLICOS....
A materia orgánica dos domicilios trátase nas plantas de compostaxe xunto cos restos de xardinería dos parques en grandes pilas nas que se favorece a formación de composta. MATERIA ORGÁNICA: RESTOS DE COMIDAS TANTO VEGETAL COMO ANIMAL ASÍ COMO SERVILLETAS E PANOS DE PAPEL USADOS.
ECOU BANISM R O
O deseño urbanístico ecolóxico consiste na distribución das edificacións permitindo aproveitar a captación pasiva solar, os potenciais enerxéticos do chan (xeotérmicos) ou xeográficos (ventilación cruzada). ¿Sabías que xa na antiga Grecia, na cidade de Priene, comezaron a preocuparse polo deseño urbanístico? Déronlle un uso primitivo ao sol deseñando vivendas con grandes patios centrais…
HOXE EN DÍA, CASE O 30 % DO CONSUMO DE ENERXÍA PRIMARIA É DEBIDO AOS EDIFICIOS Existen solucións para integrar o urbanismo na natureza sen danala e aproveitarnos de todo o que nos ofrece. E debemos aplicalas. O apoio das leis é imprescindible… Por iso, desde xullo de 2007 a certificación enerxética de edificios é un requisito legal que teñen que cumprir todos os edificios novos, e que neste ano 2009 tamén afecta aos edificios existentes.
Ao igual que os electrodomésticos teñen a súa, cada edificio dispón dunha etiqueta coa súa cualificación enerxética (do A, que correspondería aos máis eficientes, ao G, os menos eficientes) e na que se inclúe o seu consumo estimado deenerxía e as emisións de CO2asociadas. O OBXECTIVO da certificación de edificios sería incentivar aos promotores a construír edificios máis eficientes. Isto tería unha mellor imaxe o consumo de enerxía se convertiese nun criterio máis de compra por parte do consumidor.
INTEGRAR A VEXETACIÓN A Unión Europea recomenda 20 m2 de vexetación por habitante. E con razón, pois a vexetación ten moitos beneficios para o lugar onde se atopa: • Regula a temperatura (mellora o microclima). As plantas perden auga ao transpirar. Nese cambio de fase utilízase a calor do aire da contorna, de modo que ademais de aumentar a humidade ambientaldiminúese a temperatura do aire. Calcúlase que unha redución de 5 ºC da temperatura exterior adxacente podería supoñer aforros en refrixeración dun 50 %.
Proteción contra o ruído. Con grosores de vexetación suficientes pode ter un certo efecto de amortiguación do ruído, actuando como pantallas acústicas. • Mellora da calidade do aire. Ao realizar a fotosíntese, as plantas proporcionan O2 e absorben CO2, renovando o aire da contorna. Calcúlase que unha hectárea de vexetación típica pode absorber 7.500 kg de CO2 ao ano. • Ventilación natural e protección do vento. A presenza de vexetación xera brisas que refrescan o ambiente ao redor das vivendas. Ademais, trátase dunha barreira porosa que reduce a velocidade do vento creando poucas turbulencias.
Protección solar e illamento térmico. a vexetación obstrúe, filtra e reflicte a radiación solar. Nalgúns casos pódese chegar a evitar do 50 ao 90% da radiación incidente. Algúns exemplos son os das parras e enredadeiras sobre as paredes, que ofrecen sombra e diminúen as ganancias de calor tanto por radiación como por condución. Isto é debido a que se evita o impacto da radiación directa e á vez redúcese a temperatura do aire adxacente ao muro. No inverno, as especies perennes protexen a parede das perdas de calor. Resulta interesante tamén o uso de vexetación de folla caduca para protexer as fiestras ou aberturas: no verán as follas proveñen de sombra, e ao caer no inverno deixan pasar a luz.
Mellora estética. unha fachada vexetada é máis bela que uns tristes muros. • As cubertas vexetais levan a cabo as funcións habituais de calquera cuberta (protección, impermeabilización, illamento térmico e acústico). Ademais, hainos que recolectan auga de chuvia.
A ORIENTACIÓN DUNHA CASA Debemos orientar as ventás principais cara a zona onde o sol estea presente máis horas. EN VERÁN: cando o sol está máis vertical, a fachada sur recibe menos directamente os raios, mentres que ás mañás e ás tardes castigan as fachadas este e oeste respectivamente. EN INVERNO: a fachada sur recibe a maioría da radiación gracias a que o sol está baixo, mentres que as outras orientacións apenas reciben radiación.
A DISTRIBUCIÓN • Os grandes ocos (as maiores ventás, as portas grandes, os tragaluces…) deberán mirar cara o sur. Ao ser a parte máis soleada obteremos toda a calor pasiva posible do sol.
ALMACENES DE SOL • A instalación de paneis solares permite: • A conversión de enerxía en electricidade. • Quentar a auga usada nos radiadores.
FORMIGÓN “BIO” ILLAMENTO TÉRMICO • As casas ecolóxicas utilizan materiais como fibras vexetais (cáñamo algodón, lino, kenaf), corcho, láminas de madeira reciclada... • Illando correctamente as vivendas con materiais ecolóxicos redúcese nun 20% as emisións de C02. • NOTA: coloca unha tira de cepillo para evitar que entren correntes polo resquicio baixo a porta de entrada. • Utilización de materiais libres de metais pesados en todas as fachadas e balcóns.
O TAMAÑO NON IMPORTA A publicidade empéñase en facernos crer que só se debe aspirar a unha casa unifamiliar con xardín e aparcamento para o coche. Pero a maior superficie máis impacto ambiental. A calidade de vida nunha vivenda non depende exclusivamente dos metros útiles por habitante senón de como se organizan os espazos vitais. Unha opción é determinar un espazo dentro doutro máis grande, axudándonos co mobiliario e definindo diferentes zonas. Por exemplo, o salón-comedor.
LIXO “INVISIBLE” A xeración de RSU en España duplicouse en menos de dez anos, pasando dos 12 millóns en 1991 aos 26,5 millóns en 2000, (segundo un informe de Greenpeace). • A recolleita neumática de lixospreséntase como unha das alternativas máis eficaces e novedosas en España. O cidadán só debe depositar o lixo nuns buzóns instalados á beira da súa casa e, a través dun sistema de tuberías internas, os restos son succionados e transportados a unha pranta subterránea onde serán tratados. Cada buzón baléirase de modo independente e automático, en canto un sensor detecta que está a piques de encherse.
AUGA, A XUSTA • Purificar as augas residuais e a chuvia antes de ser reconducidas ao río. APENAS COCHES • Utilizar o transporte público, a bicicleta ou ir a pé. • Todos para un e un …para todos. Comparte coche cando realices percorridos longos.
MERCADO ORGÁNICO • Priorizar os produtos locais, producidos con criterios ecolóxicos axuda a reducir o transporte de víberes e disminúe a emisión de gases na atmosfera. - Os alimentos orgánicos son máis saludables. - Teñen mellor sabor. - Non son transxénicos. - Son mellores para o medio ambiente e para o bienestar dos animais.
COSMÉTICA VERDE Non se trata so de preservar o medio ambiente porque estea de moda; senón que debemos esixir aos cosméticos que sigan un código ético na elaboración das súas formulas: • que non se testen en animais, • que non conteñan sustancias químicas nin derivados do petróleo, • que os seus ingredientes sexan de orixe natural, • que procedan da agricultura ecolóxica…
A glicerina, o ingrediente máis utilizado para espesar as cremas, sustituiuse por cera de abella; os “parabenes” (conservantes químicos) cámbianse por aceite esencial de lavanda; a auga (que supón o 65% dunha fórmula) enriquecese con infusións florais cargadas de principios activos… ¡Do mellor para que un ou unha se sinta guap@ e ecolóxic@!
IN ERE E CO ÚN S T M
A deforestación representa na actualidade aproximadamente o 20% das emisións de dióxido de carbono cada ano. Participa en campañas … de limpeza, mantemento e plantación de árbores en espazos naturais ou entornos urbanos a recuperar.
¡FAITE ESCOITAR! • Anima ao teu colexio, instituto ou empresa para reducir as emisións e tomar acción. Fai que se entusiasmen coa solución da crise climática. • Infórmate acerca dos programas que presentan os partidos políticos e sé coherente co teuvoto. Debemos ter un maior compromiso co noso goberno co fin de deter o quecemento global e poñer en práctica solucións. • Aumentemos a presión ciudadá para as novas leis.
¡ASÓCIATE!¡a unión fai a forza! • Únete a un grupo, escribe un blog ou nunha rede con outras persoas e promove o apoio en torno a esta cuestión crítica. Pensa en todas as persoas que interactúan na túa vida diaria, desde os veciños aos propietarios de empresas locais. Cada unha destas persoas pode axudar a deter o quecemento global.
¡MOBILÍZATE! • Reúnete con funcionarios electos, escribe unha carta ao editor dun periódico local e toma outras medidas importantes.
NON DESTRÚAS TANTA BELEZA… http://www.youtube.com/watch?v=TY7X3FLGNYI&feature=related