710 likes | 953 Views
LA GOMERA. GARAJONAY. SUPERFICIE: 370 km 2 SITUACIÓN: arquipélago das Canarias. PROVINCIA: Santa Cruz de Tenerife (illa de La Gomera). CUME MÁIS DESTACADO: Alto de Garajonay (1487 m).
E N D
LA GOMERA GARAJONAY
SUPERFICIE: 370 km2 SITUACIÓN: arquipélago das Canarias. PROVINCIA: Santa Cruz de Tenerife (illa de La Gomera). CUME MÁIS DESTACADO: Alto de Garajonay (1487 m)
A illa da Gomera orixinouse hai uns 10-12 millóns de anos cando se elevaron enormes bloques da codia oceánica e posteriormente foi medrando en diferentes períodos eruptivos seguidos do seu desmantelamento por medio da erosión. A última gran etapa constructiva apilou unha gran masa de materiais basálticos na zona central e norte da illa. Desde hai polo menos tres millóns de anos, La Gomera non experimentou ningunha erupción volcánica. Roque do Sombreiro
A paisaxe está dominada por profundos barrancos escavados pola auga que se dispoñen en forma radial a partir dos cumes centrais. Destacan os de Vallehermoso, Hermigua e Valle Gran Rey. Valle Gran Rey
OS ROQUES Son os elementos xeolóxicos máis relevantes de La Gomera. Impoñentes masas rochosas que se alzan sobre os barrancos. Formaban parte de antigas chimeneas volcánicas e quedaron ao descuberto coa erosión, resistindo por estar formados de materiais máis duros que o resto. Destacan os das cabeceiras dos barrancos de La Laja e Benchijigua: Carmona, La Zarcita, Ojila, e Agando. Roque Cano
A erosión mariña provocou un gran retroceso da liña de costa, tallando cantís de gran altura ou deixando ao descuberto espectaculares formacións xeolóxicas, como os basaltos dos Órganos. Agulo
A parte central da Gomera está formada por unha ampla meseta onde se conservan os bosques de laurisilva que captan as néboas do océano. As áreas de barlovento son as máis húmidas e as de sotavento máis secas e expostas aos ventos alisios.
HISTORIA Desde tempos antigos a illa estaba habitada por un pobo de orixe bereber chegado do noroeste de África. Vivían sobre todo do pastoreo e da recolección. Nalgúns dos cumes atopáronse centros rituais (Garajonay, Roque Agando). Garajonay
Os europeos chegaron na primeira metade do século XV e cambiaron os xeitos de vida. Estableceron un réxime señorial que controlaba a terra e os recursos, comezaron a fabricar carbón queimando a madeira dos bosques, instaláronse enxeños para o cultivo e procesado da cana de azucre e, no século XVII, introduciuse o cultivo da vide e a caza do cervo. Algunhas especies do bosque (pau branco, viñátigo, barbusano ou ébano de Canarias) empregáronse para facer mobles.
PLANTAS DA ZONA SECA DA GOMERA Bea (Greenovia diplocycla)
Incenso (Artemisia thuscula) Rumex lunaria
Na Gomera atópase o lagarto xigante de La Gomera (Gallotia bravoana), o réptil máis ameazado do planeta, catalogado como en perigo crítico de extinción. Só se conserva unha pequena poboación no risco da Mérica. Imaxes de Internet
VALORES CULTURAIS -Xacementos arqueolóxicos da poboación aborixe de La Gomera. -Sistemas de socalcos acondicionados para o cultivo en terreos escarpados. -Silbo gomeiro: sistema de transmisión de linguaxe a longa distancia por medio de asubíos. Muíño no Centro de Visitantes de Garajonay.
Data de declaración: 25 de marzo de 1981. Superficie: 3.986 ha. Titularidade dos terreos: pública. Municipios: Vallehermoso (32,7%), Hermigua (25,7%), Agulo (19,3%), Valle Gran Rey (8,8%), San Sebastián de La Gomera (7,2%) e Alajeró (6,3%). OUTRAS PROTECCIÓNS: Patrimonio Mundial (UNESCO) e rede Natura 2000 (ZEC/ZEPA Garajonay).
VALORES NATURAIS -Bosques maduros de laurisilva, reliquias da Era Terciaria, que desapareceron nos demais lugares a causa dos cambios climáticos do cuaternario. Garajonay concentra a metade da extensión de laurisilva madura das illas Canarias. -Diversidade de tipos de formacións vexetais. -Bo estado de conservación dos bosques con abundantes árboles vellos de gran tamaño -Elevadísimo número de especies endémicas de flora e de fauna. -Espectaculares monumentos xeolóxicos, como os Roques.
O INTERIOR DO BOSQUE O dosel arbóreo favorece a presenza de brións, fentos, liques, fungos e algunhas plantas trepadoras pouco esixentes de luz.
Río do Cedro. Un dos escasos ríos de Canarias, corre polo interior do parque de Garajonay.
AS NÉBOAS A condensación da humidade por efecto dos ventos alisios que chocan nos cumes da illa proporciona unha gran parte de humidade da que se nutre o bosque.
FLORA 2.000 especies, cunha gran presenza de endemismos. A vexetación característica de La Gomera é o monteverde, formado por áreas de laurisilva (bosque húmido dominado por árbores) e o faial-breixal (bosque máis seco, pobre en especies arbóreas).
LAURISILVA: bosque formado por unas 20 especies arbóreas: loureiro (Laurus novocanariensis), viñátigo (Persea indica), tile (Ocotea foetens), acebiño (Ilex canariensis), pau branco (Picconia excelsa), follao (Viburnum rigidum), barbusano (Apollonias barbujana), mocán (Visnea mocanera), sanguiño (Rhamnus glandulosa), aderno (Heberdenia excelsa), buxo (Ilex perado ssp.platyphylla), salgueiro (Salix canariensis), pereiriña (Gymnosporia cryptopetala), cedro (Juniperus cedrus), sángano (Prunus lusitanica ssp.hixa), tabaiba de monte (Euphorbia mellifera), sabugueiro (Sambucus nigra ssp.palmensis)...
No sotobosque podemos atopar máis de 700 especies vexetais e máis de 1000 especies de fungos e liques. Fungos
Cedro (Juniperus cedrus)