1 / 108

A Lanzada e Ons desde A Siradella

Complexo Ons-O Grove COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE, A LANZADA, LAGOA BODEIRA E PUNTA DO CARREIRÓN. Espazo natural, situado nas as rías de Arousa e de Pontevedra constituído por varios sectores diferenciados.

kurt
Download Presentation

A Lanzada e Ons desde A Siradella

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Complexo Ons-O GroveCOMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE, A LANZADA, LAGOA BODEIRA E PUNTA DO CARREIRÓN

  2. Espazo natural, situado nas as rías de Arousa e de Pontevedra constituído por varios sectores diferenciados. -A punta do Carreirón, no extremo sur da Illa de Arousa, e varios illotes próximos (Rúa, Guidoiro Areoso, Guidoiro Pedregoso); -A enseada do Grove e o esteiro do río Umia, separados do mar aberto polo istmo da Lanzada; -A costa de San Vicente do Grove coa lagoa Bodeira; -A costa de Sanxenxo (Noalla e Portonovo) con alternancia de cantís e praias; -A illa de Ons, na boca da ría de Pontevedra. -Unha ampla extensión de augas mariñas entre Areoso e a illa de Arousa, na Enseada do Umia e entre Ons e A Lanzada. A Lanzada e Ons desde A Siradella

  3. EXTENSIÓN: 7.506,75 ha (5.517 ha son mariñas) CONCELLOS: Cambados, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo, O Grove, Illa de Arousa, Bueu. PROTECCIÓN: ZEPVN proposto para a Rede Natura 2000 “Complexo Ons-O Grove” Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Zona Húmida Protexida (Complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada; 2.476,72 ha). Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (arquipélago de Ons). Zona Ramsar (Complexo intermareal Umia-Grove, 7ES011; 2.561 ha). A illa de Ons e a península do Grove e o seu contorno foron recollidas no inventario de “áreas importantes” para a flora ameazada española (Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2003). A Illa de Arousa, Ons e Onza foron incluídas no inventario de áreas importantes para a herpetofauna española (Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004). VALORES NATURAIS: praias, dunas, cantís, marismas, aves mariñas...

  4. Vista panorámica sobre A Lanzada e O Bao desde o Monte Siradella, onde se atopa o Centro de Interpretación do espazo.

  5. ILLAS DE ONS Grupo de illas formado por Ons, Onza e illotes próximos que forman parte do Parque Nacional Illas Atlánticas (concello de Bueu) A illa de Ons ten un releve amesetado con abruptos cantís na parte que da ao mar aberto e algúns areais na cara que mira á ría. A flora de Ons destaca polo seu gran número de elementos endémicos ibéricos occidentais e noroccidentais e subendemismos de área reducida. Entre os taxons máis ameazados e de distribución máis localizada, todos eles inventariados no Libro vermello da flora ameazada española (2003), atópase Cytisus insularis; Rumex rupestris, localizada en cantís húmidos e en situación crítica; e Linaria arenaria, propia de dunas estabilizadas, que ten en Ons unha das súas tres únicas localidades coñecidas en España.

  6. Praia da Lanzada e Ons.

  7. A ENSEADA DO UMIA É a área comprendida entre o istmo da Lanzada e a desembocadura do Río Umia en Cambados. É unha zona de costa recortada e protexida con augas pouco profundas e mornas. Ten varias illas: A Toxa, A Toxa Pequena, O Beiró, Loraña, Bico da Ran e illotes areosos: Tourís e Marma. A gran cantidade de sedimentos deixados polos Ríos Umia, A Chanca, Francón, rego dos Mouros... forma bancos de area que alternan con zonas fangosas e dan lugar a ecosistemas dunha gran diversidade biolóxica. É criadeiro de numerosas especies mariñas (especialmente moluscos) e zona de gran importancia para as aves mariñas, en especial as limícolas. Hai censadas máis de 200 especies diferentes de aves que residen de forma permanente ou utilizan a enseada como zona de paso ou descanso. O Bao coa marea baixa

  8. O Bao coa marea alta

  9. A Enseada coa illa da Toxa, desde Vilalonga.

  10. Praia do Bao, entre O Grove e A Toa. Un importante banco marrsqueiro.

  11. O Bao, desde A Toxa coa marea chea.

  12. O Bao coa marea baixa

  13. Algas, espartina e aves

  14. Desembocadura do Umia, por onde chegan á enseada a maior parte dos materiais que forman e enriquecen o substrato.

  15. En Roxique, á beira da Enseada, como resultado da extracción de arxilas formáronse varias lagoas. Aas máis antigas, rodeadas de vexetación, son lugares de descanso e de cría de alavancos e galiñolas negras.

  16. A baixamar deixa ao descuberto unha ampla pradeira de sebas no que se alimentan grandes cantidades de anátidas e limícolas.

  17. A enseada é unha área de importantes bancos marisqueiros.

  18. A LANZADA É un istmo areoso que une O Grove ao continente. Na parte que da ao mar aberto ten unha praia de máis de 2,5 km de lonxitude, a zona intermedia está formada por dunas fixadas pola vexetación e a interior da á Enseada. Ten varias lagoas estacionais orixinadas por antigas explotación de area. Vista do istmo da Lanzada desde o monte Siradella. Á dereita a praia e á esquerda a enseada.

  19. Praia da Lanzada

  20. Praia da Lanzada no inverno

  21. Praia da Lanzada no inverno coa marea baixa

  22. Praia da Nosa Señora.

  23. A Lanzada: illote no que se conserva unha igrexa románica e os restos dun castro e unha torre medieval.

  24. A Lanzada

  25. Hai rexistradas máis de 100 especies de plantas, entre as que se atopan endemismos locais e rexionais: Silene littorea, Iberis procumbens, Linaria polygalifolia, Armeria pubigera, Armeria maritima subsp. miscella, Angelica pachycarpa, Rumex biformis, Linaria caesia, subsp. decumbens...

  26. Lagoas estacionais do istmo da Lanzada. Acollen avefrías, galiñolas negras, alavancos...

  27. Dunas fixadas na Lanzada.

  28. CANTÍS DE NOALLA E SAN VICENTE O espazo Ons-O Grove é dunha gran riqueza xeolóxica e xeomorfolóxica. Toda a paisaxe amosa a forza e diversidade das accións xeolóxicas combinadas coa actuación dos ríos, do mar e do vento que deu lugar a illas, penínsulas, esteiros, istmos, praias, dunas, cantís, furnas... A costa exterior da península do Grove a de Noalla (Sanxenxo) alterna formacións rochosas de distinta composición con alturas de ata 15 m e areais. Punta Pateiro (San Vicente do Grove)

  29. O Carreiro

  30. Praia da Mexiloeira (San Vicente do Grove)

  31. San Vicente do Grove

  32. San Vicente do Grove. Ao fondo o illote Nor.

  33. Con Negro (San Vicente do Grove), coa illa de Sávora ao fondo

  34. Con Negro

  35. Con Negro. As rochas da costa do Grove, desde San Vicente ata a Capela da Lanzada son maioritariamente graníticas con pequenas intrusións de gneis.

  36. Nos cantís podemos atopar granitos hercínicos, nos que a erosión produce grandes bloques de formas redondeadas, rochas metamórficas nas que os estratos se dispoñen das formas máis variadas combinándose con pregues e fallas e filóns ou vetas de diferentes minerais.

  37. Granitos na Lanzada.

  38. Rochas na Lanzada Granitos Granitos e neis

  39. Variedade de rochas na praia de Fontiñas

  40. Praia fósil en Maxor.

  41. Furnas na Rasa da Lanzada

  42. Furna en Fontiñas

  43. As rochas da costa de Noalla forman parte do complexo metamórfico chamado Cabo Home-A Lanzada, formacións de rochas diversas entre as que se atopan cuarcitas, xistos e gneis nas que se poden observar diferentes pregamentos e micropregamentos. Pregue en Bascuas.

  44. Punta Faxilda

  45. Punta Corveiro

  46. Punta Corveiro

More Related