160 likes | 305 Views
Como oraba Mahatma Gandhi. Anthone de Mello. Que é o que te fai reaccionar: a realidade ou o que ti supós sobre ela?. O malo dos ideais é que, se vives de acordo a todos eles resulta imposible vivir contigo. A xente non desexa a verdade. Desexa promesas tranquilizadoras.
E N D
Como oraba Mahatma Gandhi Anthone de Mello
Que é o que te fai reaccionar: a realidade ou o que ti supós sobre ela? O malo dos ideais é que, se vives de acordo a todos eles resulta imposible vivir contigo.
A xente non desexa a verdade. Desexa promesas tranquilizadoras. Cando o zapato encaixa, esquéceste do pé; cando o cinturón non aperta, esquéceste da cintura; cando todo harmoniza, esquéceste do “ego”. Entón, de que serven as túas austeridades?
ACEPTACIÓN Como podería ser un gran home…coma ti? E por que ser un gran home? Ser simplemente un home xa é un logro bastante grande.
A PAZ Había dous monxes que viviron xuntos durante corenta anos e nunca discutiron. Nin sequera unha vez. Un día, un díxolle ao outro: “A vostede non lle parece que xa é hora de que discutamos polo menos unha vez?” O outro monxe díxolle: “Está ben, comecemos!
Sobre que discutiremos?” “Que lle parece este pan?”, respondeu o primeiro monxe. “Está ben, imos discutir sobre o pan. Como faremos?”, preguntou o outro monxe. Contestou o primeiro: “Ese pan é meu, perténeceme.” O outro replicoulle: “Se é así, léveo”.
A ORACIÓN Un rapaz vai ao encuentro dun gran mestre sofista, e dille: “Mestre, a miña confianza en Deus é tan grande que nin sequera atei o meu camelo alá afóra. Deixeino á providencia de Deus, ao coidado del.” E o mestre sofista díxolle: “Volva e ate o seu camelo ao poste, tolo! Non é necesario molestar a Deus con algo que vostede mesmo pode facer.”
Un rabino que serviu fielmente a Deus durante toda a súa vida, un día díxolle: “Señor, fun un devoto adorador e obediente da Lei. Fun un bo xudeu, pero agora estou vello e necesito axuda. Señor, déixame gañar a lotería para ter unha vellez tranquila!”
e rezou, rezou, rezou… Pasou un mes, e dous, cinco, un ano enteiro, tres anos alá se foron. Un día o home, desesperado, díxolle: “Deus, actúa!” E Deus respondeulle: “Actúa ti! Por que non mercas o billete?”
VIDA ETERNA Como alcanzarei a vida eterna? Xa é a vida eterna. Entra no presente. Pero xa estou no presente… ou non? Non. Por que non? Porque non renunciaches ao pasado. E porqué ía renunciar ao pasado? Non todo o pasado é malo… Non hai que renunciar ao pasado porque sexa malo senón porque está morto.
PRESENZA Onde debo buscar a iluminación? Aquí… E cando terá lugar? Está tendo lugar agora mesmo. Entón, por que non a sinto? Porque non miras. E en que debo fixarme? En nada. Simplemente mira. Mirar que? Calquera cousa na que se pousen os teus ollos. E debo mirar dalgunha maneira especial?
Non. Bastará con que mires normalmente. Pero, é que non miro sempre normalmente? Non. Por que demoños…? Porque para mirar tes que estar aquí, e case sempre non o estás.
EN BUSCA DA ILUMINACIÓN Un mestre prometeu a un discípulo que había de revelarlle algo moito máis importante que todo canto contén as escrituras. Cando o discípulo, tremendamente impaciente, lle pediu que cumprise a súa promesa, o mestre respondeulle:
“Sae afora, baixo a choiva, e queda cos brazos e a cabeza alzados cara ao ceo. Isto proporcionarache a túa primeira revelación”. Ao día seguinte, o discípulo acudiu a informarlo: “Seguín o teu consello e enchoupeime ata os ósos… e sentinme como un perfecto imbécil” “Ben”, díxolle o mestre, “para ser o primeiro día, é toda unha revelación, non cres?”
Oración, amor, espiritualidade, relixión, significan desprenderse das ilusións. Cando a relixión leva a facer iso, óptimo!, óptimo! Cando se desvía diso, é unha enfermidade. Unha vez que as ilusións son abandonadas, o corazón deixa de estar obstruído, instáurase o amor. Daquela hai transformación. E soamente daaquela, sabes quen é Deus …
FELIZ SEMANA Anthone de Mello