430 likes | 476 Views
Creaciu00f3n u00f3ptica de volume empregando liu00f1as.
E N D
Dentro do contorno da forma, trazamos unha liña con rotulador.
Alongamos cara o lado dereito a liña trazada con rotulador eonde corte o contorno da forma cambiamos a súa dirección.
Repetimos a operación anterior cara o lado esquerdo.Tanto esta liña como as seguintes trazaranse con rotulador.
Borramos o contorno da forma que debuxamos a lapis.Na nosa imaxe só deben quedar as liñas trazadas con rotulador.
● Parte IV ●Creación dunha superficiea partir dunha plantilla
Nunha tira de cartulina facemos varios cortes nun dos lados. Polo borde dese lado imos pasar o rotulador varias veces para facer liñas iguais.
Trazamos varias liñas con esta plantilla pero cada liña que facemos desprazámola un pouco respecto á anterior. Así, creamos unha superficie como esta.
Esta técnica para crear superficies admite moitas variacións. Podemos, por exemplo:- manter a mesma separación entre liñas ou ir aumentándoa ou reducíndoa.- variar lixeiramente a forma da plantilla mentres debuxamos as liñas.Agora que recordo, o mantel do meu bodegón quedara un pouco soso. Vou empregar esta técnica para darlle algo de variedade.
APLICACIÓN. Nesta imaxe, arruguei un pouco o mantel facendo ondulacións nas liñas. Estas ondulacións varían o seu tamaño pouco a pouco dunha liña á seguinte.
O obxectivo deste exercicio é representar un sólido, ou varios, empregando soamente liñas que semellan adaptarse ao volume dese sólido. Valorarase que o volume do sólido se aprecie claramente despois de borrar a súa silueta.Valorarase tamén:● Avariedade do teu exercicio. Varía o tamaño dos teus sólidos. Busca a diferencia entre eles: que un sexa grande e outro pequeno; un alto e outro baixo; un estreito e outro ancho, etc. Varía tamén o tipo de sólidos do teu exercicio: formas planas, poliedros, sólidos irregulares, superficies. Combínaos entre si. ● A complexidade da túa composición. Plantéxate retos como:- o solapamento. Por exemplo, que un sólido tape parcialmente a outro por estar diante del (como no caso da pera, que ocultaba en parte á mazá).- a profundidade. Que se diferencie o que está cerca do que está lonxe no espazo que vas representar.● O acabado e a presentación. Lembra que ao rematar esta actividade non debe quedar rastro do lapis. Procura non emborrallar o pintado co rotulador. Coida a limpeza do teu exercicio. CONCLUSIÓN
● Empeza facendo un debuxo a lapis do contorno do sólido (ou sólidos) que vai formar a túa imaxe. Non calques moito ao debuxar nesta fase do exercicio xa que estas liñas de lapis deben desaparecer ao final desta actividade.● Procura que as liñas que trazas con rotulador sexan liñas continuas de trazo fluído. Podes empregar liñas xeométricas (trazadas con regra e/ou compás) ou orgánicas (debuxadas a man alzada). Tampouco é obrigatorio que manteñas a mesma separación entre liñas. Tamén podes combinar no teu exercicio liñas xeométricas e orgánicas.● Importante: non se pode debuxar con rotulador o contorno do/s sólido/s. O volume do/s teu/s sólido/s debe percibirse claramente sen necesidade do seu contorno.● Cando remates de usar o rotulador deixa secar o papel e, unha vez seco, borra con suavidade o trazo do lapis cunha goma branda. Cando frotes a goma sobre o papel, procura seguir a dirección das liñas de rotulador para non emborrallar a imaxe. CONDICIÓNS DO EXERCICIO
Aquí tes o debuxo previo a lapis (esquerda) e o exercicio rematado (abaixo). Se queres, podes empregar unha cor plana para engadir outros elementos á túa composición, como fixen eu no caso dos tres soles.
Seguen a continuación unhas IMAXES que che poden axudar a comprender as posibilidades deste exercicio.
Nesta imaxe, a variación na separación das liñas dá sensación de profundidade ao espazo representado: moita separación percíbese como cerca, pouca, como lonxe. Con todo, na parte da dereita, cerca do horizonte, as liñas están tan próximas que crean unha interferencia visual algo molesta (efecto moiré).
NO MORE HIROSHIMAS!Cartel do deseñador xaponés Hirokatsu Hijikata.Na parte central da imaxe vemos o slogan deste cartel (non máis Hiroshimas) e o fungo da explo-sión dunha bomba atómica. As ondulacións das liñas do fondo semellan sufrir os efectos da onda expansiva da bomba.