1 / 28

Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne

“O día 26 de xullo de 1864 navegaba pola Canle do Norte a todo vapor un magnífico iate con bo tempo e forte nordés…..O iate, bautizado co nome de Duncan, pertencía a Lord Glenervant, un dos dezaseis pares de Escocia que tiñan asento na Cámara dos Lores…”.

medea
Download Presentation

Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. “O día 26 de xullo de 1864 navegaba pola Canle do Norte a todo vapor un magnífico iate con bo tempo e forte nordés…..O iate, bautizado co nome de Duncan, pertencía a Lord Glenervant, un dos dezaseis pares de Escocia que tiñan asento na Cámara dos Lores…” Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne

  2. NAVEGANDO APARECE UNA RARA ESPECIE DE QUENLLA, COÑECIDA COMO “PEIXE BALANZA” OU PEIXE MARTELO, de maneira que PROCURAN PESCALA: • “A pesca estaba terminada; nada había que temer do monstruo; quedaba satisfeita a vinganza pero non a curiosidade dos mariños. En efecto, é costume en todos os navíos rexistrar o bandullo da quenlla. Os mariñeiros, que coñecen a súa voracidade, esperan sempre unha sorpresa…..”

  3. A quenlla ten no seu bandullo UNHA BOTELLA con tres documentos borrosos en diferentes linguas, que parecen dar conta da posición duns náufragos.

  4. Pero nos documentos falta unha coordenada: A LONXITUDE( DISTANCIA EN GRAOS AO MERIDIANO 0º OU DE GREENWICH). • O Capitán Grant e os demais náufragos do Buque Britania, podían estar en calquera punto ao longo do paralelo 37º latitude Sur.... Aínda así, Lord Glenervant e Helena, a súa muller, comprométense a axudar aos fillos do naufrago, María e Roberto Grant na busca do seu pai.....

  5. E esta será a ruta que seguirá o Duncan Da costa próxima a Glaswow á Costa chilena, no Pacífico, onde consideran que puido ser o naufraxio.

  6. O Duncan costea os arqupélagos de MADEIRA.... • Son illas de orixe volcánica descubertas en 1419 por Joao Gonsalvez Zarco. Na actualidade vive fundamentalmente do turismo. É territorio portugués. É famoso o seu viño. • Ten unha orografía bastante accidentada.

  7. ...As Canarias, avistando o maxestoso Teide... • Coñecida internacionalmente como ”illa da eterna primavera” polo seu clima é un dos destinos turísticos por excelencia dos europeos. • Debe o seu nome ós seus aborixens: TENE=“Montaña IFE=“Branca”. • OTeide (3718m.) É o punto máis elevado de toda España. A súa última erupción foi en 1909.É o terceiro volcán en altura do mundo. O seu nome orixinal era “ECHEIDE”, que significa”inferno”.

  8. ...Cabo Verde, perto da costa centro-africana, para poñer rumbo América... Republica Independiente de Cabo Verde.EStas illas foron poboadas por portugueses. Desenvolveron dede aí o comercio de escravos.

  9. Xa na costa sur de Arxentina intérnanse no estreito de Magalláns

  10. Fernán de Magalláns(1480-1521) • Navegante Portugués o servizo da coroa española que descubriu unha nova ruta a través do continente americano para chegar as illas Molucas, en Asia, e comerciar coas especies, tan preciadas en Europa. O estreito descuberto recibiu o seu nome. A súa viaxe demostrou empiricamente que a terra era redonda. Das cinco naves que partiron só regresou unha, de perto de douscentos mariños regresaron só dezaoito. O propio Magalláns morreu. Foi Juan Sebastián “el Cano” que conduciu a nave de regreso, costeando Asia, o Índico e África ata San Lucas de Barrameda, en Huelva EN 1521. Era unha rota perigosa, dominada polos portugueses, amparados polo Tratado de Tordesillas.

  11. VOLVAMOS A NOSA HISTORIA: “O 25 de setembro o Duncan atopábase á altura do estreito de Magalláns no que se internou...” Desde cen anos antes da redacción desta novela comezou a emigración masiva de galegos á Patagonia. Hai datos desta colonización como mínimo desde 1773 en que a fragata Nuestra Señora del Carmen leva 83 colonos galegos. Ribadavia, Río Gallegos son topónimos que non deixan lugar a dúbidas sobre esta colonización.

  12. Chegan por fin á Costa chilena á altura dos 37º. Pero é de balde. Non atopan rastros do buque “Britania”. • Deciden , mapa en man, atravesar América desde Telcahuano á punta Medano, en Arxentina. Subir os Andes polo paso do volcán Antuco, atravesar a Pampa entre o río Colorado e Negro.

  13. Volcán de Antuco, nos Andes que atravesa de norte a Sur o continente por sete países. Máis de 7.500 km.

  14. Na baixada da cordilleira sofren un terremoto -alerta!- berrou. Os seus compañeiros xa despertos foron arrastrados por unha rápida pendente. Amencia. A escena foi horrible.A forma das montañas cambiaron de súpeto, tremeron os picos.Un macizo de varias millas esgallou por completo, esvarando cara´á chaira.

  15. Despois Roberto Grant será apresado por un cóndor e posteriormente salvado por un indíxena que os guiará pola Pampa.

  16. ... Sufrirán un ataque nocturno de lobos vermellos, ou aguarás...

  17. ... riadas....

  18. Unha enorme vagada inundaba a chaira converténdoa en mar. ..Os toros arrincados formaban insuas...os grandes ríos da Pampa romperan os diques e, se cadra, daquela, as augas do Colorado, ao Norte e do Negro, ao sur, corrían nun leito común.. OMBÚ: Nesta árbore da Pámpa sobreviven á riada, facendo “vida de paxaro”

  19. Pero a travesía americana resullta un fracaso. Cando alcanzan a costa atlántica de Arxentina, onde espera de novo o “Duncan”, non teñen rastro do Capitán Grant e dos náufragos do “Britania”... .... Unha nova conxectura lévaos ata Australia, pasado por un par de illas, costeando O cabo de Boa Esperanza, en África...

  20. En Australia entran en contacto co Ayrton, vello tripulante de Grant quen os guía polo paralelo 37º, sur. Pero Ayrton resulta ser un traidor que pretende facerse co Duncan para axudar a “convitos” britanicos para fuxir de Australia....

  21. De maneira que, cando chegan ao punto on de debería estar o Duncan non lles queda mais remedio que mercar outro barco para regresar, rumbo América....

  22. Comeza así a terceira parte de Os fillos do..., sen dúbida a máis movida: encallarán en Nova Zelanda, daquela semiexplorada. Serán apresados polos maorís e otras tribos que practican o canibalismo. Conseguirán refuxiarse nun cemiterio sagrado e por fin alcanzan a costa oeste, onde O Ducan reaparece como por milagre, con Ayrton feito preso....

  23. Por certo.... Nova Zelandia está nas nosas antípodas. Os nosos quives e as nosas quiveiras veñen de alá.... E boa parte dos deseños dos tatoós. Hoxe é , ademais, un país económica e politicamente avanzado....

  24. Por exemplo: en 1893 Nova Celandia converteuse no primeiro país do mundo en outorgar o sufraxio feminino sen restricións, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard, aínda que ás mulleres só se lles permitía votar pero non presentarse a eleccións. Máis recentemente, desde 1919, as neocelandesas tiveron o dereito a ser elixidas para un cargo político. Actualmente a gobernadora xeral, a primeira ministra e a xefa estranxeira de Estado son mulleres.Este país transformouse nun dominio independente en 1907. A independencia foi cedida polo Parlamento do Reino Unido co Estatuto de Westminster en 1931 e foi adoptado polo Parlamento de Nova Celandia en 1947. Desde entón, é un estado independente.

  25. Será por fin nun illote volcánico en formación e descoñecido en moitos mapas (a illa de Santa Teresa) onde atopen a Grant e aos outros dous tripulantes do Britania.

  26. Aquí acaba “Os fillos do Capitan Grant”, de Xulio Verne autor de moi coñecidas novelas de aventuras e ciencia ficción: • Viaxe á lúa. • Viaxe ao Centro da Terra. • Vinte mil leguas baixo os mares. • Miguel Strogoff.... • E moitas máis......

  27. Por certo, non deixa de ser curiso que aproximadamente nestamesma rexión que atopan a Grant os personaxes desta ficción, morrera Magalláns, navegante e aventureiro na realidade. Pero xa sabemos que a precisión na latitude e na lonxitude, neste vasto mundo é importante... • ...E TAMÉN A PRECISIÓN NO TEMPO... Por iso a Historia e a • XEOGRAFÍA... • ...Por non falarmos xa da distinción entre o que é Historia e o que é ficción.

  28. Esta viaxe foi realizada , con ventos máis ou menos favorables por: Tania Arufe Fernandez, Paola Folgar Peláez, Alejandro Fontáns Camiño, Emma Garabal Suárez, Miguel López Meirama, Ángel Mourelos Rodríguez, alumnos de 3º D.C. Do IES de BRIÓN e o seu profesor Xavier Lorenzo Tomé, no curso 2007-8.

More Related