70 likes | 283 Views
Ignacio Ozores Mosquera. lenda galega. Lenda Real. Ista lenda aconteceulle ao meu bisavó,ía camiñando por un camiño de terra, camiñaba só, pero non tiña medo, xa que era moi valente.
E N D
Ignacio Ozores Mosquera lenda galega
Lenda Real • Ista lenda aconteceulle ao meu bisavó,ía camiñando por un camiño de terra, camiñaba só, pero non tiña medo, xa que era moi valente.
Pasou por debaixo dun carballo, e derrepente, ao pasar xusto por baixo del, oiu como se caesen todas as polas da árbore, pero mirou cara arriba e non viu nada, deu outro paso, e aconteceu o mesmo. Deuse conta,que ao lado do carballo había unha casa na que vivía unha señora maior, que morrera,e que se dicía que era meiga. Entón mirando cara á árbore, preguntou se era ela,e meteuse, de costas, no lugar onde se gardaban os carros das vacas, e sacou a navalla do peto.
Cando pasaron uns minutos, saiu daquel lugar onde se agochaba, e seguiu camiñando.
Pero viu que o seguía unha luz como a da santa compaña,pero non lle facían nada ao meu bisavó, porque el non lle tiña medo.
A luz acompañouno ata a súacasa,e cando o meubisavóchegoudíxolle a miñabisavoa que saíse para ver a luz, esta seguía movéndose,ata que chegouxunto a unha montaña, e perdeusenanoite escura.