120 likes | 274 Views
Ortografía. A puntuación. O punto pode empregarse nas seguintes situacións:. Como punto e seguido , para separar oracións que teñen certa relación no tema. Como punto e aparte , para separar parágrafos que tratan temas diferentes dentro dun texto.
E N D
Ortografía A puntuación
O punto pode empregarse nas seguintes situacións: • Como punto e seguido, paraseparar oracións que teñen certa relación no tema. • Como punto e aparte, para separar parágrafos que tratan temas diferentes dentro dun texto. • Como punto e final, para indicar o remate dun escrito. • Ao final das abreviaturas. • Na fracción das horas: as 13.50 h.
A coma emprégase • Nos enderezos, para separar o nome da rúa do número e o piso: Rúa Brañas, nº 5, 7º. • Nas relacións alfabéticas por apelidos:Méndez Barro, Iago. • Para separar palabras nunha serie ou enumeración: • Amaba a paisaxe, as súas cores, a luz, a brisa. • A amizade é unha relación humana que implica coñecemento mutuo, estima e afecto. • Fomos Anxo, Raúl e mais eu. • Para separar oracións curtas nunha enumeración de accións: Púxose de pé, mirou á dereita, mirou á esquerda, acenoulle a un taxi e subiu nel.
A coma emprégase • En aposicións: “Dáme, Señor, paciencia” • Para intercalar aclaracións: -Esta mañá, na escola, escoitabamos o ruxir dos alustros. -Despois dos aloumiños, dábanos, invariablemente, unhas lambetadas. -Anxo, Raúl e mais eu fomos, por separado, vender rifas. • Antes e despois dos nomes de persoa aos que nos diriximos: Inés, vaime buscar a tesoira de gana.
Habitualmente, nas oracións compostas (as que teñen dous ou máis verbos en forma persoal) acoma emprégase: • Nalgunhas oracións compostas por coordinación: • Disxuntivas: “ora ri, ora chora”. (Pero: “ou ri ou chora”). • Distributivas:- Uns veñen, outros van. . Adversativas(Era pobre, pero honrado; Non me prestan os grelos; así e todo teño que comelos). . Explicativas: Direicho, xa que mo preguntas.
Nas oracións compostas subordinadas adverbiais: • Condicionais (para separar a prótase da apódose nas oracións subordinadas adverbiais condicionais): Se non les o texto completo, non entenderás o seu significado. Se suspendo de novo, na casa hanme berrar. • Causais (causa e consecuente): Merquei os iogures naturais, pois os de sabores fanme mal. Como ninguén me avisou, non fun á reunión. • Consecutivas (antecedente e consecuente): Xa non podo máis, polo tanto, voume para a cama. Mais non sempre é precisa a coma: É tan despistado que nin sequera me viu. • Concesivas (tese e antítese): Por máis que llo pedín, non mo quixo dar. Mesmo que mo dixese meu pai, non o crería. Mais non sempre é precisa a coma: Irei á praia pese a que chove moito.
Observa a coma das seguintes frases: • Déronme a escoller entre Londres e Dublín, dúas das cidades máis interesantes. Eu escollín Londres, pois teño alí un curmán. • Agarda, que lle quero botar unha ollada. • Mergulláranse, e o home só fotografara a auga. • O xastre comeuno todo, e logo dixo: xa non podo máis, polo tanto, voume para a cama. • A min, ás veces, non me fan caso nin berrando. • Tendo en conta o seu significado, clasifica as seguintes palabras en tres grupos. • Os hipopótamos deixaron que o home correse e correse, e así é que cando chegou a tarde, el fotografara vinte veces a auga. • Costureiriña bonita, dáme unha agulla de prata para sacar esta espiña do corazón, que me mata.
E a súa ausencia nas seguintes: • Non nas subordinadas substantivas: Pregúntalle como se fai o biscoito. Non lembro cando o vin por última vez. • Non nas subordinadas adxectivas: Esa é a rapariga da que che falei. Deixeino onde o atopei. • Non nas subordinadas adverbiais finais: Falei con ela para que me axudase. Leveino á beira do mar a que lle dese o fresco. • Explica a ausencia nas seguintes: • O profesor non semellaba contento co resultado dos exames e todos calamos. • Todos estabamos nerviosos porque o director ía subir falar con nós. • Mergulláronse e fotografaron a auga. • Agarda que lle botemos unha ollada.
O punto e coma emprégase • Nas oracións longas, cando dentro delas xa hai comas, para evitarmos confusións. • Entre frases que expresan un feito e a súa consecuencia: Estaba chovendo; quedei na casa. • Antes de por exemplo, mais, pero, non obstante… en oracións longas.
O guión emprégase • Na división silábica e en final de liña. • Nas palabras compostas cando o primeiro elemento é non (non-fumadores) • Para separar palabras de estreita relación: Dicionario galego-castelán. • Entre dúas datas ou cifras.
A raia emprégase • Para indicar cando fala cada personaxe. • Para enmarcar as aclaracións ou indicacións que cortan os diálogos.
Os dous puntos: • Explicación: -A madriña era diferente: riseira e encantadora -Para marcar o estilo directo: