460 likes | 657 Views
Os seres vivos. Tema 3. Os invertebrados >>>. Actividades complementarias o libro de texto. ECOSFERA editorial SM. 1.1.- Pon un exemplo de poríferos. Os poríferos son ainmais acuáticos como por exemplo... As esponxas de baño >>>.
E N D
Os seres vivos Tema 3. Os invertebrados >>> Actividades complementarias o libro de texto. ECOSFERA editorial SM
1.1.- Pon un exemplo de poríferos Os poríferos son ainmais acuáticos como por exemplo... As esponxas de baño >>>
1.2.- Características do corpo dos poríferos (esponxas). O corpo dos poríferos está... perforado por pequenos poros... que se comunican entre si por... finas canles >>>
1.3.- ¿Como se chama o material resistente pero brando que forma o esqueleto das esponxas? O material resistente pero brando que forma o esqueleto das esponxas chámase... Esponxina >>>
1.4.- ¿Como se alimentan as esponxas? As esponxas aliméntanse por... filtración. A auga coas partículas de alimento entra por uns poros e, tras deixar o alimento nas finas canles, volve saír por outros poros ó exterior. >>>
2.1.- ¿Cómo é a simetría dos Cnidarios? Os cnidarios teñen simetría... radial >>>
2.2.- Clases de Cnidarios. Os cnidarios poden ser... pólipos, con forma de saco, e... medusas con forma de parasol. >>>
2.3.- ¿Que forma teñen os pólipos? Os pólipos son cnidarios con forma de... saco >>>
2.4.- ¿Cal é a forma das medusas? As medusas son cnidarios con forma de... parasol >>>
3.1.- ¿Como é o corpo da miñoca? É brando e alongado e está divido en aneis ou segmentos. Tódolos aneis do seu corpo son semellantes, polo que a cabeza non se distingue do resto do corpo. Na parte central ten un grupo de aneis máis grosos, o clitelo, onde almacena os ovos. >>>
3.2.- ¿Para que serve o clitelo dos anélidos? O clitelo son os aneis máis grosos... Serve para almacena os ovos. >>>
3.3.- ¿Como se chama o almacén de ovos das miñocas? O almacén de ovos das miñocas chámase ... Clitelo >>>
3.4.- Pon un exemplo de anélidos A maioría dos anélidos son acuáticos pero outros viven na terra como por exemplo... A miñoca >>>
4.1.- ¿Como se alimentan as miñocas? As miñocas escavan galerías, conforme avanzan engolen a comida xunto coa terra, ó expulsaren os excrementos devolven a terra ó solo. >>>
4.2.- Pon exemplos de moluscos Os moluscos son animais con cuncha como por exemplo... o caracol, o mexillon, a lura >>>
4.3.- O manto dos moluscos é unha pregadura que aloxa... O manto dos moluscos é unha pregadura que aloxa... Os órganos respiratorios >>>
4.4.- ¿De que material é a cuncha dos moluscos? A cuncha dos moluscos é dun material... calcario duro >>>
5.1.- A cuncha dos moluscos pode ter dúas pezas chamadas... A cuncha dos moluscos pode ter dúas pezas chamadas... Valvas >>>
5.2.- ¿Como é a cuncha do caracol? A cuncha do caracol está formada... por unha soa peza enrolada en... espiral. >>>
5.3.- ¿Que tipo de alimentación ten o caracol? O caracol de horta é... herbívoro, corta as follas en pequenos anacos coa axuda dunha especie de lingua... cuberta de diminutos dentes. >>>
5.4.- ¿Para que serven os tentáculos do caracol? Os tentáculos serven para... proporcionarlle información... do medio que o rodea. >>>
6.1.- ¿Onde viven os mexillóns? Os mexillóns viven... suxeitos as rochas por... uns fortes filamentos que eles fabrican. >>>
6.2.- Partes fundamentais do mexillón O corpo do mexillón ten unha... cuncha negra constituída por dúas valvas, un pé en forma de machada, os filamentos para suxetarse ás rochas e os sifóns para entrada e saída de auga. >>>
6.3.- ¿Como se alimentan os mexillóns? Os mexillóns son... filtradores, a auga entra e sae do seu corpo por unhos orificios chamados... sifóns, deixando no seu interior as partículas que lle serven de alimento. >>>
6.4.- ¿Para que serven os sifóns dos mexillóns? Os sifóns sou dous orificios que serven para... entrada e saída de auga. >>>
7.1.- ¿Que tipo de alimentación teñen as luras? As luras son... carnívoros e utilizan os tentáculos para... capturaren as súas presas. >>>
7.2.- ¿Por que as luras poden nadar a gran velocidade? As luras nadan a gran velocidade... ó expulsaren auga dunha cavidade do manto a traves dun... embude ou sifón. >>>
7.3.- ¿Como é a cuncha das luras? A cuncha está reducida a... unha fina lámina, chamada... pluma, completamente cuberta polo manto. >>>
7.4.- ¿Como se chama a cuncha das luras? A cuncha das luras chámase... Pluma >>>
8.1.- Principais grupos de artrópodos Os artrópodos podemos dividilos en varios grupos: Arácnidos, escorpións, carrachas... Crustáceos, gamba, langosta... Miriápodos, escolopendra, cempés... Insectos, moscas, bolboretas... >>>
8.2.- ¿Que tipo de esqueleto teñen os artrópodos? Os artrópodos pusúen unha dura cuberta que constitúe o seu... exoesqueleto. >>>
8.3.- ¿Para que precisan os artrópodos realizar a muda? . Realizan a muda para... medrar, os artrópodos deben desprenderse do seu... exoesqueleto e fabricar un novo. >>>
8.4.- O corpo dos arácnidos está dividido en dúas partes... Dúas partes: Cefalotórax, formado pola unión de cabeza e tórax. Abdome, en forma de globo sen segmentar. >>>
9.1.- ¿Que son os quelíceros? Un par de... apéndices en forma de uña... velenosa situados na parte anterior do... cefalotórax. >>>
9.2.- ¿A que chamamos palpos? Un par de... apéndices situados na parte anterior do... cefalotórax cos que... manipula as presas. >>>
9.3.- Escribe exemplos de crustáceos Crustáceos: Gambas Langostas Camaróns Cangrexos >>>
9.4.- ¿Que quere dicir que os crustáceos teñen cefalotórax? Quere dicire que... teñen unidos.. a cabeza e.. o tórax. >>>
10.1.-Clases de artrópodos. Exemplos Os artrópodos podemos dividilos en varios grupos: Arácnidos, escorpións, carrachas... Crustáceos, gamba, langosta... Miriápodos, escolopendra, cempés... Insectos, moscas, bolboretas... >>>
10.2.-Fases da metamorfose dos insectos. Fases da metamorfose: Ovo, a maioría dos invertebrados son ovíparos. Larva, ten aspecto de verme, come moito e medra. Ninfa, encerrada nunha envoltura transfórmase en adulto. Adulto, xa non medra. >>>
10.3.-Pon exemplos de equinodermos. Equinodermos: Ourizos Holoturias Lirios de mar Estrelas de mar >>>
10.4.-¿En que consiste o sistema ambulacral? E o sistema que usan os equinodermos para... desprazarse. Consiste nunha serie de... canles internas, comunicadas con pequenos tubos que emerxen ó exterior, formando os... pés ambulacrais que terminan nuha pequena ventosa. >>>
11.1. Principais hábitats terrestres. Hábitats terrestres: Bosques, abundancia de árbores e arbustos. Praderías, predominan as herbas e os insectos. Desertos, caracterízanse pola falta de auga e vexetación escasa. >>>
11.2. ¿Que hábitat se caracteriza pola falta de auga e escasa vexetación? Falta de auga e escasa vexetación: Desertos >>>
11.3. Principais hábitats acuáticos. Son os que se atopan na auga: Ríos, correntes rápidas de auga. Lagos, augas quedas Océanos: a beira do mar e mar aberto (zona superficial e zona profunda) >>>
11.4. Hábitats principais dos océanos. Son os que se atopan nos océanos: A beira do mar, sometida a continuos cambios. Mar aberto: zona superficial e zona profunda. >>>
FIN Tema 3. Os invertebrados >>> Actividades complementarias o libro de texto. ECOSFERA editorial SM